TR846A - Rexistro e depósito das actas de designación dos delegados e delegadas de prevención de riscos laborais..

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

A regulación do rexistro das actas de designación dos delegados e das delegadas de prevención de riscos laborais da Comunidade Autónoma de Galicia.

O rexistro das actas de delegados e delegadas de prevención de riscos laborais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia ten carácter administrativo e público.

O dito rexistro está adscrito á consellería competente en materia de traballo, responsable da súa xestión, que asume as funcións de coordinación e información e a aprobación das directrices comúns sobre procedemento de adscrición e xestión deste rexistro.

A xestión deste rexistro correspóndelle ás xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, sendo os órganos instrutores os servizos de Traballo e Economía Social dependentes destas, a través das oficinas públicas de rexistro de representantes legais das persoas traballadoras.


Finalidade e funcións do rexistro

1. A finalidade do rexistro é dar publicidade e acreditar as designacións dos delegados e delegadas de prevención de riscos laborais e a formación coa que contan as ditas persoas, así como a de depositar as actas polas que se levan a cabo as ditas designacións. En tal sentido, o rexistro terá por obxecto a inscrición dos datos relativos a:
a) Os delegados e delegadas de prevención de riscos laborais que resulten designados nas empresas privadas e no ámbito das administracións públicas, nos termos establecidos no parágrafo 2 do artigo 35 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
b) Os/as membros dos órganos específicos que, de ser o caso, substitúan os delegados ou delegadas de prevención e que fosen creados a través da negociación colectiva ou mediante os acordos aos que se refire o artigo 83.3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, do texto refundido do Estatuto dos traballadores.
c) Os/as membros dos órganos específicos que, de ser o caso, fosen creados no ámbito das administracións públicas, de acordo co disposto no parágrafo 4 do artigo 35 da Lei 31/1995.
d) Os delegados e as delegadas de prevención que resulten designados/as nos supostos especiais recollidos na disposición adicional cuarta da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

2. O rexistro terá as seguintes funcións:
a) Inscribir os datos relativos aos delegados e delegadas de prevención de riscos laborais e as persoas membros dos órganos específicos a que se refire o punto 1 deste artigo, segundo os datos que constan na acta que figura como anexo II desta orde.
b) Modificar os datos inscritos cando se produza unha variación destes.
c) Emitir certificacións relativas aos datos inscritos, por instancia de quen acredite un interese lexítimo para facelo segundo o establecido no artigo 37.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común.
d) Subministrar información sobre os datos que figuren no rexistro á Inspección de Traballo e Seguridade Social e a aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten un interese lexítimo.
e) Para os efectos desta orde, entenderase que teñen un interese lexítimo as persoas designadas, os representantes das persoas traballadoras e da empresa, así como as organizacións sindicais e empresariais.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Delegados e delegadas de prevención de riscos laborais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Requisitos

Se a solicitude non reunise os requisitos exixidos ou tivese datos incorrectos, requirirase a quen a presenta para que, no prazo de dez días hábiles, corrixa o que corresponda, con indicación de que, se non o fixese así, se terá por desistida a súa petición, logo de resolución motivada.

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981544666

Fax: 981544659

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 881881582 / 981185893

Fax: 981881581

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294385

Fax: 982294258

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32071 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386196 / 988386839

Fax: 988386838

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817008 / 986817016

Fax: 986817010

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 4 de setembro de 2013 pola que se regula o rexistro das actas de designación de delegados e delegadas de prevención de riscos laborais (DOG nº 185 do 27 de setembro de 2013).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.