TR845A - Exención de auditoría de prevención de riscos laboráis.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Constatar que as notificacións de exención de auditoría das empresas reúnen os requisitos sobre a concorrencia de condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención da empresa, de conformidade co establecido no artigo 29.3 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

A quen vai dirixido?

Empresas de ata 50 traballadores

Requisitos

1.- Que se trate dunha empresa que teña ata 50 traballadores.
2.- Que as actividades desenvolvidas pola empresa non estean incluídas no Anexo I do Real Decreto 39/1997.
3.- Que desenvolvan as actividades preventivas só con recursos propios
4.- Que a eficacia do sistema preventivo resulte evidente sen necesidade de recorrer á auditoría polo limitado número de traballadores e a escasa complexidade das actividades preventivas.
5.- Que se cubra e se remita á Secretaría Xeral de Emprego a correspondente notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á realización dunha auditoria , segundo o modelo establecido na Orde do 6 de novembro de 2013 , publicada no Diario Oficial de Galicia número 217 do 13 de novembro de 2013.

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS

SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545629 / 981547241

Fax: 981544659

Órgano responsable

SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 6 de novembro de 2013 pola que se aproban e se dá publicidade aos modelos oficiais de solicitude de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención e de notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención, que se presentarán na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2013).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Artigo 29 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (BOE nº 27 do 31 de xaneiro de 1997).

Ligazón á normativa

Real Decreto 337/2010, do 19 de marzo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (BOE nº 71 do 23 de marzo de 2010).

Ligazón á normativa

Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 235 do 28 de setembro de 2010).

Ligazón á normativa

Corrección de erros da Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 256 do 22 de outubro de 2010).

Ligazón á normativa

Corrección de erros da Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 279 do 18 de novembro de 2010).

Ligazón á normativa

Real Decreto 899/2015, do 9 de outubro, polo que se modifica o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (BOE nº 243, do 10 de outubro de 2015).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.