TR820B - Decisión empresarial de expedientes de regulación de emprego.
Obxecto
1. Á finalización do período de consultas, o empresario comunicará á autoridade laboral competente o resultado deste. Se se tivese alcanzado acordo, trasladará á autoridade laboral copia íntegra deste. En todo caso, comunicará aos representantes dos traballadores e á autoridade laboral a decisión sobre o despedimento colectivo que realiza, actualizando, se é o caso, os extremos da comunicación a que se refire o artigo 3.1. A comunicación que proceda realizarase como máximo no prazo de quince días a contar dende a data da última reunión celebrada no período de consultas.
2. A comunicación a que se refire o apartado anterior incluirá a documentación correspondente ás medidas sociais de acompañamento que se tivesen acordado ou ofrecido pola empresa e o plan de recolocación externa nos casos de empresas obrigadas á súa realización.
3. A empresa deberá remitir á autoridade laboral, ademais da información a que se refiren os dous apartados anteriores, as actas das reunións do período de consultas debidamente asinadas por todos os asistentes.
4. Transcorrido o prazo a que se refire o apartado 1 sen que o empresario comunicase a decisión de despedimento colectivo indicada no devandito apartado, producirase a caducidade do procedemento de despedimento colectivo, o que impedirá ao empresario iniciar un novo procedemento.
5. A autoridade laboral dará traslado da comunicación empresarial a que se refire o apartado 1 á entidade xestora das prestacións por desemprego e á Administración da Seguridade Social cando o procedemento de despedimento colectivo inclúa traballadores respecto dos que deba aplicarse o disposto no artigo 51.9 do Estatuto dos Traballadores, facendo constar en todo caso a data na que o empresario lle remitiu a devandita comunicación.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Empresarios.
Requisitos
1. Tras a comunicación da decisión empresarial de despedimento colectivo, o empresario poderá comezar a notificar os despedimentos de xeito individual aos traballadores afectados, o que deberá realizar nos termos e condicións establecidos no artigo 53.1 do Estatuto dos Traballadores.
2. En todo caso deberán ter transcorrido como mínimo trinta días entre a data da comunicación da apertura do período de consultas á autoridade laboral e a data de efectos dos despedimentos.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RELACIÓNS LABORAIS
SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957752 / 981544615
Fax: 981957751
Email: dxtes.ctb@xunta.es
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DA CORUÑA
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º - Centro comercial de Elviña
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881582 / 981185893
Fax: 981881581
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE LUGO
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294385
Fax: 982294258
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE OURENSE
Avda. da Habana, nº 79 - 6º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386196 / 988386839
Fax: 988386838
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL DE VIGO
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817008 / 986817016
Fax: 986817010
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
SERVIZO DE RELACIÓNS LABORAIS, SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).
Ámbito Estatal
Real Decreto 1483/2012, do 29 de outubro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada (BOE nº 261, do 30 de outubro de 2012).
Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (BOE nº 255, do 24 de outubro de 2015).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres