TR807F - Axudas para o fomento do emprendemento en economía social.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social.
Programa IV: intercooperación e integración empresarial.
Por medio deste programa impúlsanse as actividades de intercooperación, realizadas de forma conxunta por entidades de economía social, especialmente os procesos de integración empresarial co fin de acadar a dimensión necesaria para mellorar a competitividade, capturar maior valor engadido e satisfacer adecuadamente as necesidades das persoas que forman a cooperativa ou sociedade laboral.
Promóvese, así mesmo, o lanzamento de proxectos de colaboración empresarial para a consecución de obxectivos comúns relacionados coa investigación, desenvolvemento e innovación, coa loxística, comercialización e internacionalización, e subvenciónanse parcialmente os gastos necesarios para a súa realización.
O período de execución de accións abranguerá desde o 28 de agosto de 2016 ata o 16 de novembro de 2017.
A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
1. Poderán resultar beneficiarias as cooperativas ou sociedades laborais que participen en proxectos de integración ou colaboración empresarial e que se agrupen para realizar conxuntamente a súa solicitude de axuda.
No caso de proxectos de integración empresarial requirirase un mínimo de dúas entidades participantes.
No caso doutros proxectos de colaboración, requírese un mínimo de tres entidades das que, como mínimo, dúas deben ser cooperativas ou sociedades laborais. Terán unicamente estas acceso á subvención.
Todas as entidades perceptoras da axuda quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En particular, deberán facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que aplicará cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, corresponden á agrupación.
2. Igualmente poderán ser beneficiarias deste programa as cooperativas de segundo grao e as entidades que resulten dun proceso de fusión realizado no período de execución desta orde.
3. Ningunha entidade poderá figurar en máis dunha solicitude das previstas neste programa. O incumprimento desta norma dará lugar a que unicamente se dea validez á solicitude rexistrada en primeiro lugar no Rexistro Xeral da Consellería de Economía, Emprego e Industria e que se proceda á inadmisión das restantes solicitudes onde figuren a entidade ou entidades incumpridoras.
4. Serán subvencionables as actividades seguintes:
a) Configuración de proxectos de integración.
b) Actividades de investigación, desenvolvemento e innovación.
c) Comercialización e internacionalización
Ler máis Ler menos
Requisitos
Con carácter xeral, as persoas e entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
d) Non estar incursas nas prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.
e) As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día no cumprimento das súas obrigas legais referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos sociais nos rexistros competentes.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ECONOMÍA SOCIAL
Servizo de Promoción da Economía Social
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545679
Fax: 981957748
Órgano responsable
Servizo de Promoción da Economía Social
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 33 do 16 de febreiro de 2017).
Corrección de erros.- Orde do 26 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao programa operativo do Fondo Social Europeo, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2017).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres