TR363A - Subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 23/09/2016 - 15/11/2016.

Comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 15 de novembro de 2016.

Prazo de resolución: Un mes

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Xunto coa solicitude haberá que presentar a seguinte documentación complementaria:
    • a) Documento de identidade da persoa que actúa en nome e representación da persoa xurídica solicitante, no suposto de que non autorice a súa verificación no Sistema de verificación de datos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
    • b) NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • c) Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).
    • d) Estatutos ou normas debidamente legalizadas polas que se rexe a entidade.
    • e) Acordo asinado para a realización de prácticas.
    • f) Declaración responsable da persoa nova, da carencia da educación/formación a que se refire o artigo 4.1 desta orde.
    • g) Programa de prácticas.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluídos o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Esta documentación poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Tamen se poderá presentar presencialmente na Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, indicando o número de rexistro de entrada da solicitude no suposto de ter feito a presentación electrónica previa.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase ao solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se considerará desistido da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

DIRECCIÓN XERAL DE ORIENTACIÓN E PROMOCIÓN LABORAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN LABORAL
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981545640Fax: 981544604

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas.
As subvencións previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarios:

As empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.
Obrigas das entidades beneficiarias.
1. Antes do comezo das prácticas, a entidade beneficiaria da subvención ten que poñer en coñecemento da Inspección de Traballo e Seguridade Social-inspeccións provinciais (unidades especializadas de Seguridade Social):
? Unha relación das persoas que vaian realizar as prácticas non laborais.
? Datos do/s centro/s de traballo da empresa onde se van realizar as prácticas:
- Denominación.
- Enderezo.
- Localidade.
? Datas e horarios de realización das prácticas.
2. Proporcionar ás persoas novas que realizan prácticas non laborais a formación que acompañará a estas conforme o programa de prácticas establecido no artigo 4.4 do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, e presentado ao Servizo Público de Emprego de Galicia.
3. Desenvolver as prácticas nos termos previstos no acordo subscrito coa persoa nova.
Se as prácticas se van desenvolver en máis dun centro de traballo, isto ten que vir reflectido no programa de prácticas. Neste caso a entidade deberá enviar a planificación detallada das funcións que se van desenvolver pola persoa en prácticas en cada un dos centros con 5 días de antelación, co obxecto de facilitar o seu control e seguimento.
4. Aboar mensualmente as bolsas mediante transferencia bancaria.
5. Cumprir coas obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Cumprir coas obrigas que lle corresponden como empresario/a de acordo co establecido no artigo 5.1 do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.
7. Comunicar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, a obtención de subvencións ou axudas para o mesmo proxecto e finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público.
8. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas ou polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como someterse a todas as actuacións de comprobación e control previstas no artigo 11.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ás relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión o seguimento do Fondo Social Europeo, que incluirán os correspondentes controis sobre o terreo, e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, á Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.
9. Remitir á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e á Inspección de Traballo e Seguridade Social as baixas ou acordos de modificación ou redución de xornada das persoas novas que realicen as prácticas, no prazo de cinco días desde que se produzan.
Cando a persoa nova cause baixa non poderá ser obxecto de substitución, para os efectos desta subvención.
10. Comunicar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a realización das prácticas reguladas pola presente orde, no prazo de cinco días desde que se produza.
No caso de ausencias estas deberán estar xustificadas e, no caso de non xustificación, non se aboará a subvención correspondente a eses días.

Requisitos:

1. As empresas ou grupos empresariais, en colaboración cos servizos públicos de emprego e no marco da responsabilidade social empresarial, poderán subscribir acordos con persoas novas, con ningunha ou moi escasa experiencia laboral, co obxecto de realizar prácticas de carácter non laboral nos seus centros de traballo, co fin de contribuír a mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles un primeiro contacto coa realidade laboral a través do achegamento a esta, ao tempo que contribúen a completar a formación acadada pola persoa nova.
Poderán acollerse a esta subvención as empresas ou grupos empresariais que asinen acordos con posterioridade ao 31 de xullo de 2015 e ata a data límite de presentación de solicitudes desta convocatoria. As prácticas deberán deberán iniciarse como máximo no prazo dun mes desde a notificación da resolución de concesión. O incumprimento deste requisito terá como consecuencia a perda do dereito ao cobramento da subvención nos termos previstos no artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As prácticas non laborais realizaranse en centros de traballo localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. As prácticas non laborais nas empresas non suporán, en ningún caso, a existencia de relación laboral entre a empresa e a persoa nova.
4. As prácticas non laborais nas empresas terán unha duración de entre seis e nove meses; e a xornada laboral será, como mínimo, de catro horas diarias e non poderá superar as corenta horas semanais.
5. As prácticas desenvolveranse en centros de traballo da empresa ou do grupo empresarial, baixo a dirección e supervisión dunha persoa que as titorice. Á finalización das prácticas non laborais, as empresas deberán entregar ás persoas que realicen estas un certificado no que conste, polo menos, a práctica realizada, os contidos formativos inherentes a esta, a súa duración e o período de realización.
6. As empresas ou grupos empresariais nos que se desenvolvan as prácticas aboarán ás persoas novas participantes unha bolsa de apoio cuxa contía neta será, como mínimo:
- 1, 2 veces o IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas teñan unha duración de catro horas diarias.
- 1,5 veces o IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas duren máis de catro horas diarias.
7. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, das persoas estudantes universitarias, que se rexerán pola súa normativa específica.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 12 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil (DOG nº 181 do 22 de setembro de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.