IN525A - Axudas para o fomento da propiedade industrial.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións). Ano 2014.

Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados da tramitación de solicitudes de títulos de propiedade industrial relativos a invencións e da súa renovación, ante as oficinas nacionais, rexionais ou internacionais. Dentro destas tramitacións inclúense como subvencionables, sempre que cumpran os requisitos da Orde EHA/524/2008, do Ministerio de Economía e Facenda, do 26 de febreiro, pola que se aproban os gastos subvencionables dos programas operativos do Feder e do Fondo de Cohesión, os seguintes conceptos e gastos:

a) Solicitude dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites que sexan necesarios para a solicitude do título correspondente e que supoñan o pagamento dunha taxa oficial ante a oficina de propiedade industrial correspondente, así como a transformación ou a extensión territorial de títulos existentes. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:

- Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.
- Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

b) Mantemento dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Dentro deste concepto inclúense todos os trámites correspondentes á renovación e posta en explotación de patentes e modelos de utilidade realizados ante a oficina oficial de propiedade industrial correspondente. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:
- Os importes das taxas aplicadas polas ditas oficinas para a realización dos trámites citados.
- Os gastos de consultoría externa asociados á preparación e presentación ante as ditas oficinas da documentación correspondente aos trámites citados. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

c) Análises de rexistrabilidade dos títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións. Terán a consideración de gastos subvencionables os seguintes:
- Os prezos públicos aplicados pola Oficina Española de Patentes e Marcas asociados a realización de buscas retrospectivas ou informes tecnolóxicos de patentes.
- Os gastos de consultoría externa asociados á realización de buscas de antecedentes rexistrais ou informes de rexistrabilidade, efectuados con carácter previo á solicitude de protección do título de que se trate. Establécense unhas contías máximas subvencionables para estes gastos de consultoría que se recollen no anexo V.

A subvencionabilidade destes gastos está condicionada á presentación, ante a oficina de que se trate, da solicitude do título correspondente.

Non serán subvencionables os seguintes:
- O imposto sobre o valor engadido (IVE).
- No caso de trámites realizados ante a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), os gastos de intermediación entre o solicitante de subvención e a consultora externa prestadora do servizo para o cal se solicita subvención; é dicir, soamente se subvencionarán os gastos de consultoría da entidade que realizou efectivamente a tramitación, e non os da que serviu de mero intermediario.
- No caso de trámites realizados ante as oficinas oficiais de propiedade industrial fóra de España, soamente se subvencionará un gasto de consultoría ou asesoramento para cada trámite realizado.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

As empresas de carácter privado con personalidade xurídica que estean validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os cales solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.

Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indiquen nos anexos desta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:
a) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.
b) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, se é o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, así como someterse ás verificacións do artigo 13 do Regulamento (CE) nº 1828/2006, da Comisión, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

c) Comunicarlle á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
d) Manter as actividades subvencionadas durante un período mínimo de cinco anos desde a data de solicitude de axudas ao abeiro da presente convocatoria. O beneficiario terá que comunicar á Axencia Galega de Innovación a perda da titularidade da invención se esta se produce antes de cinco anos despois da data de solicitude da subvención; a non comunicación da dita perda de titularidade implicará o reintegro da subvención concedida para os custos correspondentes.
En caso de licenza ou cesión dos títulos de propiedade industrial cuxos gastos de tramitación sexan subvencionados a través desta convocatoria, nos correspondentes contratos deberá deixarse constancia do financiamento con fondos Feder dos ditos gastos e deberá facerse chegar copia dos ditos contratos á Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes tras a súa sinatura.
e) Cumprir as medidas en materia de información e publicidade reguladas na sección 1 do capítulo II do Regulamento (CE) núm. 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, coas modificacións introducidas polo Regulamento (CE) núm. 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro. Estas medidas están recollidas na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013 que pode consultarse nas seguintes páxinas web:
http://gain.xunta.es
http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/area-de-planificacion-e-fondos
f) Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e deberán conservar a documentación xustificativa dos devanditos investimentos por un período de tres anos a partir do peche do Programa operativo, de acordo co disposto nos artigos 60 e 90 do Regulamento (CE) núm. 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Non se poderán conceder as axudas recollidas nesta convocatoria ás empresas en crise, ao sector do carbón e aos demais sectores recollidos no artigo 1.1 do Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión. As empresas pertencentes ao sector pesqueiro, recollidas no Regulamento (CE) 875/2007 da Comisión, e as empresas do sector da produción de produtos agrícolas, recollidas no Regulamento (CE) 1535/2007 da Comisión, si poderán ser beneficiarias da presente convocatoria.

As entidades beneficiarias non poderán ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1.7 do Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das Directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.


Estas subvencións terán unha única anualidade, e só se admitirán aqueles gastos, dos relacionados no artigo 1.2 do Anexo I desta resolución, que fosen realizados e pagados dentro do período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data de presentación da solicitude de subvención. O prazo límite para a presentación de solicitudes de subvención está regulado no artigo 3.4º desta resolución.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

ÁREA DE PROGRAMAS

DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DA INNOVACIÓN - SEGAPI

Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)

15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957390 / 981957391

Fax: 981957380

Email: infosegapi.gain@xunta.es

http://gain.xunta.es/

Órgano responsable

DEPARTAMENTO DE XESTIÓN DA INNOVACIÓN - SEGAPI

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2014).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.