PR001A - Alta en Chave365.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano.
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Solicitude segundo o Anexo I desta Resolución.
- As persoas interesadas poderán solicitar a alta en Chave365:
- Por medios electrónicos, a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela) e nas restantes oficinas de rexistro que se habiliten para estes efectos, e que se publicarán na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste caso, a persoa interesada deberá acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o documento nacional de identidade (DNI) ou a tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE). Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
VICESECRETARÍA XERAL
SERVIZO DO REXISTRO XERAL E INFORMACIÓN Á CIDADANÍA
San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981543976 / 981543975
Apróbase a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
O obxecto deste procedemento e a petición de alta no servizo Chave365 como mecanismo de identificación, autenticación e sinatura electrónicas nos procedementos administrativos e servizos da Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia nos que se habilite.
Beneficiarios:
Persoas físicas e/ou xurídicas.
ESTATAL
Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos (BOE nº 150, do 23 de xuño de 2007).
AUTONÓMICA
Resolución conxunta do 3 de setembro de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se acorda a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 176 do 15 de setembro de 2015).
ESTATAL
Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 25, do 29 de xaneiro de 2010).
ESTATAL
Corrección de erros do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 61, do 11 de marzo de 2010).
AUTONÓMICA
Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2014).
ESTATAL
Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos (BOE nº 278, do 18 de novembro de 2009).
ESTATAL
Corrección de errata da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (BOE nº 158, do 3 de xullo de 2007).
AUTONÓMICA
Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (DOG nº 241 do 17 de decembro de 2010).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres