SI435B - Axudas e subvencións a entidades locais: Programa de fomento da conciliación.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2019 as subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o desenvolvemento de programas, actuacións e medidas para facer efectivo o principio de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a participación das mulleres na vida política, económica, social e cultural, así como para consolidar o funcionamento de servizos de atención integral de información e asesoramento ás mulleres no territorio, co fin de prestarlles unha atención e acompañamento de proximidade, psicolóxico, xurídico e de orientación sociolaboral ás mulleres, en particular a aquelas que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.

Coa dita finalidade establécese o seguinte programa:

- Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar, en diante, Programa de conciliación (SI435B).

Programa de fomento da conciliación: accións subvencionables e contía da axuda.

1. No programa de fomento da conciliación son subvencionables as seguintes medidas:

a) Medidas ou programas de conciliación sempre que os seus obxectivos respondan ao fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares e incorporen a perspectiva de xénero para fomentar a igualdade entre mulleres e homes nos nenos e nenas participantes nestas actuacións.

b) Bancos de tempo, coa finalidade de facilitarlles ás persoas empadroadas no correspondente concello a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral, a través dun sistema articulado de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos, entre mulleres e homes dun contorno dado, cuxa medida é a hora de tempo.

En todo caso, non serán subvencionables ao abeiro desta resolución as medidas que consistan na convocatoria, tramitación e concesión de subvencións públicas.

2. As entidades solicitantes deberán reflectir o perfil e os criterios de selección das persoas participantes nas actividades de conciliación para as cales se solicita subvención, así como o número previsto de participantes.

Na selección terase en conta o nivel de renda da unidade familiar e deberá darse prioridade ás persoas participantes con menos ingresos. En todo caso, para os efectos desta axuda, só se terán en conta as persoas participantes, cuxa unidade familiar teña ingresos non superiores a 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples 2018 (IPREM), límite que se incrementa nun 15 % máis cando se trate de familias monoparentais ou de familias numerosas. O número total de persoas participantes non poderá ser inferior a dez.

3. Cada entidade local, individual ou agrupada, só poderá presentar solicitude de subvención para unha das medidas previstas no punto 1 anterior.

4. Para que a medida poida ser obxecto de subvención ao abeiro deste programa é necesario que a entidade teña validada a medida de acordo co disposto no Decreto 182/2008, do 31 de xullo, polo que se establece a promoción autonómica das medidas municipais de conciliación e se determinan os requisitos para a súa validación e funcionamento.

No caso de non estar validada, deberá presentar a solicitude de validación ante a Secretaría Xeral da Igualdade, antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes previsto nesta convocatoria, co fin de obter a dita validación, que deberá producirse, en todo caso, antes do prazo de xustificación.

5. Serán gastos subvencionables os derivados da realización das medidas de conciliación referidos a custos directos de persoal, outros custos directos e custos indirectos, nos termos establecidos no artigo 9 desta resolución.

Só serán subvencionables os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2018 e ata o 30 de setembro de 2019.

O importe máximo dos custos directos de persoal que se pode presentar para optar a esta axuda é de 40.000 euros; para o caso de que sexa superior, o órgano instrutor requirirá a entidade solicitante para que o reaxuste.

6. O cálculo do gasto subvencionable determinarase segundo o método de custos simplificados de financiamento a tipo fixo, en función do importe dos custos directos de persoal subvencionables máis o 40 % dos ditos custos para o financiamento doutros gastos directos e indirectos vinculados á medida subvencionada.

En todo caso, a contía máxima da axuda será de 12.000 euros, cando se trate dunha solicitude individual, e de 22.000 euros, no caso de que se trate dunha solicitude para a xestión compartida ou dunha entidade resultante de fusión de concellos.

O importe da subvención calcularase aplicando ao gasto subvencionable a porcentaxe que resulte da puntuación obtida na valoración realizada segundo o establecido no artigo 15 desta resolución, co límite da contía máxima da axuda que corresponda ou, de ser inferior, da contía solicitada.

7. Se é o caso, a subvención será minorada proporcionalmente cando non se xustifique a totalidade do custo de persoal. Así mesmo, a subvención concedida será minorada nun 2 % cando o número de persoas participantes co límite de ingresos establecido no punto 2 deste artigo sexa inferior en máis dun 30 % ás previstas na solicitude e sempre que se acade o número mínimo exixido. No caso de concorrer ambas as causas de minoración, a que supoña menor importe entenderase subsumida na de contía superior.

En todo caso, non xerarán dereito ao cobramento da subvención e procederá o reintegro do anticipo, cando as xustificacións non acaden como mínimo o 40 % do custo do persoal ou cando non se teña acadado o número mínimo de persoas participantes, que deben cumprir co límite de ingresos indicado no número 2 do artigo 6 desta resolución.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nesta resolución os concellos, mediante solicitude individual ou mediante solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, mancomunidades de concellos de Galicia e consorcios locais de Galicia, constituídos exclusivamente por concellos, así como as entidades resultantes dunha fusión municipal. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta convocatoria as deputacións provinciais.

Requisitos

- Para poder acceder ás subvencións deberán cumprirse os requisitos e condicións establecidos nesta resolución e na normativa xeral de subvencións, comúns ou específicos de cada uns dos programas de axuda ou derivados, se é o caso, da presentación dunha solicitude para a xestión compartida dun proxecto ou servizo.

- Ademais do anterior, para poder ser beneficiaria das subvencións correspondentes ao programa de apoio aos CIM, a entidade local ten que ser titular dun centro de información á muller (CIM) acreditado segundo o establecido no Decreto 130/2016, do 15 de setembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para o recoñecemento e acreditación dos centros de información á muller de titularidade das entidades locais de Galicia, así como para a modificación e extinción do seu recoñecemento.

Poderase presentar solicitude individual ou conxunta para a xestión compartida da prestación deste servizo, mediante a agrupación ou asociación das entidades locais titulares de CIM ou con outros concellos que non o teñan acreditado.

- Por outra banda, para poder ser beneficiaria destas axudas, con anterioridade a que remate o prazo de presentación de solicitudes ou, de ser o caso, o de contestación ao requirimento realizado para o efecto, deberá ter cumprido o requisito de ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2017 ao Consello de Contas de Galicia; e, ademais, no caso dos CIM deberá ter presentada a memoria anual do CIM correspondente ao ano 2018 ante a Secretaría Xeral da Igualdade, segundo os termos e prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 130/2016, do 15 de setembro.

- Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Todos os requisitos e condicións exixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do previsto no punto 4 do artigo 4 desta resolución.

Solicitudes de xestión compartida: requisitos e condicións.

1. Para estes efectos, terán a consideración de solicitudes de xestión compartida as presentadas por agrupacións, asociacións ou entidades locais que integren varios concellos.

2. Os concellos que se agrupen ou asocien para o programa de prevención da violencia de xénero ou para o de conciliación, así como os titulares de CIM que se agrupen entre eles ou ben con outros concellos non titulares, deberán:

a) Presentar, xunto coa solicitude, un convenio de colaboración relativo á agrupación ou asociación, que poderá ser un novo convenio ou un anterior en vigor.

Se non se achega o convenio xunto coa solicitude ou no prazo concedido para a súa achega logo do requirimento efectuado para o efecto, considerarase que desiste da súa solicitude. Non obstante, para o caso de que se trate dunha solicitude do programa de apoio aos CIM, poderase tramitar como solicitude individual do CIM sempre que o manifeste expresamente e por escrito no dito prazo.

b) Nomear a persoa titular dunha das alcaldías para a representación única, tanto na coordinación como na interlocución, ante a Secretaría Xeral da Igualdade, que será a que reciba e xustifique a subvención. No caso dos agrupamentos para a prestación do servizo CIM, a representación corresponderá á persoa titular da alcaldía dun concello que teña acreditado o CIM.

c) Reflectir os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades que forman parte da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que se aplicará a cada unha delas.

d) Os concellos agrupados ou asociados terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que para poder conceder a subvención solicitada todos eles teñen que cumprir os requisitos, as condicións, as obrigas e os compromisos establecidos nesta resolución, nos termos establecidos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A falta de acreditación do cumprimento dalgún requisito por parte dalgunha das entidades participantes suporá a inadmisión da solicitude conxunta cando afecte a entidade que ten a representación; nos outros casos, manterase a validez da solicitude sempre que se comunique por escrito a exclusión do concello afectado polo incumprimento, dentro do prazo concedido para o efecto.

3. As mancomunidades de concellos e os consorcios locais deberán presentar, xunto coa solicitude, unha certificación expedida pola súa secretaría onde se fagan constar os concellos membros da mancomunidade ou consorcio e os que participan no proxecto ou servizo para o cal se solicita subvención.

4. Procederá a exclusión ou inadmisión daquelas solicitudes de xestión compartida nas cales non se acredite a realización conxunta da actuación ou servizo para a cal se solicita subvención e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.

Sen prexuízo do anterior, considerarase que cumpren o requisito de xestión compartida os agrupamentos para a prestación do servizo de CIM. No programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, no de conciliación e no de de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres, mesmo de se realizaren actuacións independentes en cada concello, considerarase cumprido este requisito cando na memoria xustificativa se acrediten os beneficios da solicitude conxunta, tales como licitacións conxuntas, razóns de economía de escala, racionalización do gasto, criterios de eficiencia e eficacia e colaboración técnica e administrativa, entre outros.

Nos supostos de mancomunidades e consorcios, deberá acreditarse que a actuación e/ou servizo se presta de xeito mancomunado ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE

SERVIZO DE PROMOCIÓN E COOPERACIÓN INSTITUCIONAL

San Lázaro, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545312

Email: igualdade@xunta.es

http://www.mulleresengalicia.es

Órgano responsable

SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 28 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 28 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (DOG nº 28 do 8 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 6 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 31 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (DOG nº 148 do 6 de agosto de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 6 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se realiza a súa convocatoria no ano 2019 (DOG nº 152 do 12 de agosto de 2019).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.