SA659D - Inscrición no rexistro oficial de establecementos e servizos biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Regular o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia e establecer as condicións e requisitos básicos para a inscrición, estrutura e funcionamento deste.

Será de aplicación aos establecementos e servizos biocidas definidos no artigo 2º da Orde do 26 de maio de 2008, e que traballen, como mínimo, con algún dos tipos de biocidas que figuran no anexo I desa Orde (tipos 2, 4, 8, 11, 14, 18 e 19).

O artigo 2º define almacenamento, biocida, carácter corporativo, comercialización, envasamento, establecemento biocida, fabricación, instalación fixa de tratamento, responsable técnico e servizos
biocidas.

Estarán excluídos do ámbito de aplicación desta orde:


a) Os establecementos nos que se comercialicen exclusivamente biocidas que figuren inscritos no Rexistro Oficial de Biocidas para uso polo público en xeral ou para a hixiene humana.
b) Os establecementos nos que se fabriquen, formulen, manipulen, almacenen ou comercialicen desinfectantes de material clínico, farmacéutico ou de ambiente clínico, cirúrxico ou praguicidas de uso na hixiene persoal.
c) Os servizos biocidas de carácter corporativo que actúen exclusivamente en prevención e control da lexionelose, en aplicación do disposto no artigo 13 do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1 Deberán inscribirse no Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas da Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter previo ao inicio da súa actividade, os establecementos e servizos biocidas incluídos no ámbito de aplicación da orde do 26 de maio de 2008.

2 Estarán sometidos á obriga de inscrición no rexistro:

a) As persoas físicas ou xurídicas, titulares de dos anteriormente referidos establecementos, que realicen unha ou varias das seguintes actividades:
1ª Fabricación de biocidas.
2ª Envasado de biocidas.
3ª Almacenamento de biocidas.
4ª Comercialización de biocidas.

b) As persoas físicas ou xurídicas que realicen servizos de aplicación con biocidas incluídos no ámbito de aplicación desta orde, cando os ditos servizos se presten en calquera dos seguintes supostos:
1º Con carácter corporativo.
2º De servizos a terceiros.
3º En instalacións fixas de tratamento.

3 Calquera modificación substancial ou cambio nas condicións nas que se dite unha resolución de inscrición do rexistro deberá solicitarse para a súa modificación no rexistro.

4 O cesamento da actividade tamén deberá notificarse para a súa cancelación no rexistro.

Ler máis Ler menos

Requisitos

a) Instalacións:
1. Deberá existir un almacén de uso exclusivo para os produtos biocidas, tanto nos servizos de aplicación como nos establecementos de fabricación, envasamento, almacenamento e comercialización de produtos biocidas.
2. Aos establecementos de fabricación, envasamento, almacenamento, comercialización e aplicación de biocidas e materiais con eles relacionados, seralles de aplicación o recollido no artigo 6 do Real decreto 3349/1983, do 30 de novembro, Regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, comercialización e utilización de praguicidas e posteriores modificacións, sen prexuízo do establecido no Real decreto 379/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento de almacenamento de produtos químicos e as súas instrucións técnicas complementarias, na medida en que lles sexa de aplicación.

Así mesmo, as instalacións deberan dispoñer dun sistema de prevención de riscos por roturas e derramas.

b) Persoal:
O responsable técnico e o persoal que desenvolva actividades laborais relacionadas coa aplicación de biocidas, deberá posuír a capacitación necesaria de acordo coa normativa vixente ao respecto.

c) Certificado:
Os servizos de aplicación de biocidas deberán entregar, ao responsable das instalacións onde realicen un servizo, un certificado acreditativo do tratamento biocida no que figuren, como mínimo, os seguintes contidos:Datos do titular do servizo e do contratante, data, hora e lugares de aplicación, axente que se vai combater, biocidas empregados (nome comercial, nº de rexistro e dosificación), métodos de aplicación, prazo de seguridade e medidas recomendadas, datos do aplicador e do responsable técnico con acreditación dos seus niveis de capacitación, sinatura do responsable técnico e do contratante.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE SANIDADE

Dirección Xeral de Saúde Pública

S.X. PROGRAMAS DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS PARA A SAÚDE

SERVIZO DE SANIDADE AMBIENTAL

San Lázaro s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881542955

Fax: 881542943

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DA CORUÑA

SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DA CORUÑA

R/ Durán Loriga, 3-7ª

15003 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981155832

Fax: 981155813

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE LUGO

SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE LUGO

Montevideo, 9

27001 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982292087

Fax: 982292128

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE OURENSE

SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE OURENSE

Avda. Zamora, 13

32005 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988066325

Fax: 988066331

CONSELLERÍA DE SANIDADE

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE SANIDADE DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE CONTROL DE RISCOS AMBIENTAIS DE PONTEVEDRA

R/Fernández Ladreda, 43-1º

36003 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986885878

Fax: 986505610

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

SERVIZO DE SANIDADE AMBIENTAL

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas, e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 109 do 6 de xuño de 2008).

Ligazón á normativa

Orde do 20 de novembro de 2013 pola que se modifica a Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro Oficial de Establecementos e Servizos Biocidas e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 229 do 29 de novembro de 2013).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.