SA001A - Creación da carpeta persoal de saúde.
Obxecto
1. O obxecto da presente orde é a creación e regulación da carpeta persoal de saúde, así como os requisitos e as condicións para a súa xestión, tanto por parte da persoa usuaria como por parte de persoas autorizadas distintas da persoa interesada.
2. Ademais da carpeta persoal de saúde, o Servizo Galego de Saúde poderá poñer á disposición das súas persoas usuarias, a través do seu portal web, outros servizos telemáticos sanitarios, de acordo coas condicións e cos requisitos que en cada momento se determinen.
A quen vai dirixido?
Poderá acceder á carpeta persoal de saúde a propia persoa usuaria, así como as persoas autorizadas expresamente para o efecto por aquela nos termos que se indican a seguir:
a) Cando se trate de persoas menores de 18 anos, poderán acceder á súa carpeta persoal o seu pai, nai ou titor/a legal.
b) Cando se trate de persoas incapacitadas, poderá acceder á súa carpeta o seu representante legal ou a persoa autorizada por este expresamente para os efectos desta orde.
c) Cando se trate de persoas maiores de idade que, non estando incapacitadas xudicialmente, sexan pacientes crónicos/as e debido ás limitacións propias da idade ou da enfermidade, poderá acceder á súa carpeta a persoa autorizada expresamente pola persoa interesada para os efectos desta orde.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE SANIDADE
SERVIZO GALEGO DE SAÚDE (SERGAS)
XERENCIA DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade
Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881540309
Fax: 881548684
Órgano responsable
Subdirección Xeral de Atención ao Cidadán e Calidade
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes (DOG nº 241 do 17 de decembro de 2010).
Orde do 19 de setembro de 2016 pola que se crea e regula a carpeta persoal de saúde (DOGnº 187 do, 30 de setembro de 2016).
Ámbito Estatal
Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 25, do 29 de xaneiro de 2010).
Corrección de erros do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 61, do 11 de marzo de 2010).
Real Decreto 951/2015, do 23 de outubro, de modificación do Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica (BOE nº 264, do 4 de novembro de 2015).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres