PR952A - Bolsas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Forma presentación
Tramitación en liña
Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: 08/07/2016 - 08/08/2016.
O prazo de presentación das solicitudes por parte das federacións deportivas será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio administrativo: Negativo
- Cada solicitude deberá ir acompañada dos seguintes anexos:
- a) Para os solicitantes das instalacións do CGTD situadas en Pontevedra:
- Anexo II - Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2016/17.
- Anexo III - Proposta equipo tecnico.
- Anexo IV - Adestrador responsable da sección deportiva: declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade.
- Anexo V - Adestrador responsable de grupo: declaración de coñecemento das súas funcións.
En caso de haber adestradores de grupo. - Anexo VI - Valoración dos deportistas.
Documentación requirida no anexo III.
- Titulación: licenciado ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de tecnico deportivo superior (no caso de non autorizar a súa consulta), ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.
- Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida.
- Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.
- Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (no caso de non autorizar a súa consulta). - b) Para os solicitantes das instalacións situadas en Vilagarcía de Arousa no Centro Galego de Vela:
- Anexo II - Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2016/17.
- Anexo III - Proposta equipo tecnico.
- Anexo VI - Valoración dos deportistas.
Documentación requirida no anexo III.
- Titulación: licenciado ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de tecnico deportivo superior (no caso de non autorizar a súa consulta), ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.
- Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida.
- Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.
- Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (no caso de non autorizar a súa consulta). - As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel preferiblemente no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, rúa Padre Fernando Olmedo, 1, 36002 Pontevedra, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. - A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
- O formulario de solicitude e demais anexos requiridos estarán tamen dispoñibles na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte https://deporte.xunta.es. Poderanse cubrir e imprimir a traves desta web.
- O prazo de presentación das solicitudes por parte das federacións deportivas será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Durante este prazo os deportistas, individualmente o ben por medio da súa entidade deportiva, poderán manifestar á federación da modalidade deportiva a que pertenzan o seu interese en seren incluídos no seu proxecto deportivo.
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
CENTRO GALEGO DE TECNIFICACIÓN DEPORTIVA DE PONTEVEDRA
Padre Fernando Olmedo, 1
36002Pontevedra
Teléfono: 986854437 / 986857758
Email: cgtd@xunta.es
A presente convocatoria ten por obxecto a concesión das bolsas para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante CGTD), co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.
Beneficiarios:
As federacións deportivas de modalidades olímpicas e paralímpicas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD, presentando candidatos se contan cun grupo de tecnificación e/ou rendemento con deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 desta Resolución e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Requisitos:
- As federacións quedarán obrigadas a publicar nas súas páxinas web esta convocatoria, así como unha relación dos deportistas que manifestaron o seu interese para seren incluídos no seu proxecto deportivo.
- As federacións deportivas galegas sobre unha base dun proxecto deportivo integral no que figure un grupo de adestramento e unha cobertura técnica suficiente que garante a preparación dos deportistas, tal e como se especifica no anexo II, deberán realizar un estudo previo de todos os deportistas recollidos no proxecto deportivo.
- No punto 10 do índice do proxecto deportivo (anexo II), as federacións deberán incluír a todos os deportistas que, en tempo e forma, solicitaron formar parte desta listaxe. Se algún dos deportistas non cumprise todos os requisitos establecidos no artigo 10 desta convocatoria, a federación deberá indicalo con claridade.
- No caso dos deportistas propostos por primeira vez (nova admisión) para o grupo de tecnificación, as federacións deberán solicitar ás familias copia do boletín de notas de xuño de 2016 ou ben un certificado de notas, que despois deben incorporar ao anexo VI de cada deportista.
AUTONÓMICA
Resolución do 29 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2016/2017, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 128 do 7 de xullo de 2016).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres