PR940A - Recoñecemento/adaptación á Lei 7/2013 da galeguidade.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Este decreto ten por obxecto o desenvolvemento parcial da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, no relativo ao procedemento e requisitos para o recoñecemento das comunidades galegas e dos centros colaboradores da galeguidade, ao procedemento para a revogación do dito recoñecemento, ás funcións e organización do Rexistro da Galeguidade e á inscrición das entidades galegas asentadas fóra de Galicia.

A quen vai dirixido?

Comunidades galegas.

De conformidade co establecido no artigo 6 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, poderá recoñecerse a condición de comunidade galega ás entidades sen ánimo de lucro asentadas fóra de Galicia e constituídas por galegos/as, con personalidade xurídica no territorio en que estean asentadas e que teñan por obxecto principal os labores de protección, instrución ou lecer dos/as galegos/as residentes fóra de Galicia e dos/das seus/súas descendentes, e/ou o mantemento ou fomento dos lazos culturais, sociais ou económicos con Galicia, sempre que cumpran os requisitos establecidos no artigo 8 daquela.

O número mínimo de socios/as a que fai referencia o artigo 8.1.b) da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, será de 400.

Deste número total de socios/as da entidade, polo menos o 55 % deles/as deberán posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao.


Non obstante o anterior, as entidades galegas singulares, entendidas como aquelas asentadas nun municipio ou división administrativa equiparable á municipal, en que non estea constituída ningunha outra entidade galega, deberán acreditar un número mínimo de socios/as de 150, dos/as cales, polo menos o 55 % deberán posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao.

Centros colaboradores da galeguidade.

1. De conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, poderá recoñecerse a condición de centro colaborador da galeguidade a aquelas entidades legalmente constituídas fóra do territorio de Galicia, sen ánimo de lucro, que teñan por obxecto nos seus estatutos o mantemento ou a recuperación dos lazos culturais, sociais e económicos con Galicia ou que desenvolvan algún dos fins recollidos no seu artigo 7.

2. Igualmente, e de conformidade co artigo 11.4 da devandita lei, poderá recoñecerse a condición de centro colaborador da galeguidade a aquelas institucións sen ánimo de lucro, asentadas fóra do territorio de Galicia, recoñecidas polo ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas, que posúan unha sección diferenciada dentro da propia entidade, constituída por galegos/as ou descendentes de primeiro grao destes/as, sempre que a sección diferenciada cumpra cos requisitos esixidos no artigo 11.1 da lei.

A porcentaxe de socios/as da entidade que deben posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as ata o segundo grao previsto no artigo 11.1.c) da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade será do 50 % do total de socios/as.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Segundo o artigo 8 da Lei 7/2013, do 13 de xuño deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Para o exercicio dos dereitos recollidos nesta lei, a Comunidade Autónoma de Galicia recoñecerá a galeguidade como comunidades galegas ás entidades galegas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser entidades sen ánimo de lucro, estar constituídas por galegos/as residentes fóra de Galicia e con personalidade xurídica de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas.
b) Posuír suficiente arraigamento, que se determinará pola antigüidade da entidade e polo número de socios/as que a compoñen. Neste sentido, para acceder ao recoñecemento da galeguidade será preceptivo ter un funcionamento ininterrompido de dez anos e estar constituídas por un número mínimo de socios/as, que se determinará regulamentariamente.

c) Estar composta por un número mínimo de asociados/as que posúan a condición de galegos/as ou descendentes deles/as, conforme o disposto no artigo 3 desta lei, que se determinará regulamentariamente.
d) Ter, entre os seus fins estatutarios, o fomento e o mantemento de vínculos sociais, culturais e económicos con Galicia e co seu pobo.
e) Recoller nos seus estatutos o destino do seu patrimonio no caso de disolución. O patrimonio de valor histórico, documental, cultural, artístico e arquitectónico cederase ao pobo galego, a través da Comunidade Autónoma de Galicia, e/ou a outras comunidades galegas asentadas dentro do territorio onde se encontre a comunidade galega, e de conformidade co ordenamento xurídico da Comunidade Autónoma de Galicia e dos Estados onde estean asentadas as ditas comunidades.
f) Que a súa estrutura, organización e funcionamento internos se rexan de acordo con principios democráticos, recoñecendo a participación dos asociados e das asociadas na toma de decisións e nos órganos de representación da entidade.
g) Manifestar, conforme os seus estatutos, a súa vontade expresa de que a súa galeguidade sexa recoñecida consonte os principios desta lei.
h) Difundir a cultura e a lingua galegas mediante o desenvolvemento de obradoiros e actividades divulgativas nos territorios onde estean asentadas.
i) Recoller nos seus estatutos o deber de preservar o seu patrimonio e asemade o deber de colaborar co Goberno galego tanto na catalogación e inventario como na posta en valor do patrimonio de Galicia no exterior.
j) Non recoller nos seus estatutos e demais normas de funcionamento ningún precepto ou disposición que contradiga o disposto na Constitución española, no Estatuto de autonomía de Galicia e na demais lexislación española e galega en materia de dereitos individuais e colectivos.

2. Para os efectos do punto 1.b) deste artigo, aquelas entidades que desenvolvan actividades de carácter socioasistencial ou sanitario ou calquera outra que implique a prestación de servizos a terceiros/as non poderán incluír tales terceiros/as como asociados/as da entidade para os fins recoñecidos nesta lei se non consta o seu recoñecemento expreso para participaren nas actividades de carácter social e/ou cultural da entidade.

Segundo o artigo 11 da Lei 7/2013, do 13 de xuño deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Para o recoñecemento dunha entidade como centro colaborador da galeguidade deberá acreditar o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Estar constituída e recoñecida de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estea establecida.
b) Posuír unha actividade ininterrompida de, polo menos, dous anos, con proxección de continuidade nos mesmos fins.
c) Contar con máis de cen asociados/as, dos/das cales unha porcentaxe que se determinará regulamentariamente debe posuír a condición de galegos/as ou descendentes deles/as, conforme o disposto no artigo 4 desta lei.
d) Que a súa estrutura e o seu funcionamento interno se rexan por principios democráticos.
e) Adoptar acordo e manifestar expresamente, pola canle do órgano competente establecido nos seus estatutos, a vontade da entidade de ser recoñecida como centro colaborador da galeguidade.
f) Aqueloutros que se determinen regulamentariamente.

2. O recoñecemento como centros colaboradores da galeguidade implicará o acceso aos dereitos recoñecidos para as comunidades galegas que regulamentariamente se determinen.

3. O recoñecemento como centro colaborador non constituirá o dereito de participación nos órganos de representación que se recollen no título III desta lei.

4. Poderán ser recoñecidas como centros colaboradores da galeguidade aquelas institucións sen ánimo de lucro, asentadas fóra do territorio de Galicia, que posúan unha sección diferenciada dentro da propia entidade, constituída por galegos/as ou descendentes de primeiro grao destes/as. Para obter tal recoñecemento, estas entidades deberán estar recoñecidas de conformidade co ordenamento xurídico do Estado en que estean establecidas, e a sección diferenciada deberá cumprir co resto dos requisitos esixidos aos centros colaboradores da galeguidade para o seu recoñecemento.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Secretaría Xeral da Emigración

S. X. DE XESTIÓN ECONÓMICO-AMINISTRATIVA E DO RETORNO

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE PROGRAMAS

R/ Basquiños, 2

15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981957162 / 981957157

Fax: 981547296

Email: rexistro.emigracion@xunta.es

Órgano responsable

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE PROGRAMAS

Normativa

Ámbito Autonómico

Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade (DOG nº 126 do 4 de xullo de 2013).

Ligazón á normativa

Corrección de erros. Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade (DOG nº 159 do 22 de agosto de 2013).

Ligazón á normativa

Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2014).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.