PR924B - Subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 29/03/2017 - 28/04/2017.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento.
    Xunto coa solicitude, as entidades que pidan axuda por este programa teñen que presentar a seguinte documentación:
    • a) Memoria explicativa en que se relacionen todos os gastos de funcionamento para os cales pide a subvención.
    • b) Orzamento previsto para cada un dos gastos relacionados na memoria, correspondente ao período que abrangue a convocatoria.
    • c) Cando se solicite axuda para gastos de alugamento do local da sede habitual e permanente da entidade, deberá achegarse a seguinte documentación:
      • Copia cotexada do vixente contrato oficial de alugamento, agás que xa conste na Secretaría Xeral da Emigración.
      • Copia do xustificante de pagamento da mensualidade do alugamento do local, referido ao mes anterior á presentación da solicitude de subvención.
        Cando os documentos achegados ao expediente polas entidades solicitantes estean redactados nun idioma distinto do galego ou do castelán, deberase presentar tradución para calquera destes idiomas.
  • Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
    Xunto coa solicitude as entidades que pidan axuda por este programa teñen que presentar a seguinte documentación:
    • a) Memoria descritiva que recolla a relación concreta dos proxectos para os que se pide a subvención, cun máximo de doce. Para cada un dos proxectos debe detallarse a súa finalidade ou necesidade, as accións que se pretenden realizar e as datas e os lugares en que ten previsto executalos.
      De incluír proxectos xuvenís, esta memoria deberá vir asinada, ademais de pola persoa representante legal da entidade, pola persoa responsable da sección xuvenil ou do grupo de mozos organizadores.
    • b) Orzamento detallado que recolla o custo previsto de realización de cada proxecto e de todos en conxunto para os cales se solicita a subvención, asinado pola persoa representante legal da entidade.
  • Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.
    Xunto coa solicitude, as entidades que pidan axuda por este programa teñen que presentar a seguinte documentación:
    • a) Memoria descritiva que recolla o proxecto da actividade especial para a que se pide a axuda, en que se argumente a especial relevancia, a súa finalidade ou necesidade, a importancia e repercusión para acadar os obxectivos previstos, estimación dos participantes e poboación a que vai dirixida, as accións que se van desenvolver, as datas e os lugares en que se pretende executar, etc.
    • b) Orzamento detallado que recolla o custo total previsto do proxecto da actividade especial, desagregado nas partidas específicas das principais accións que se van executar, asinado polo representante legal da entidade.
  • Para cada un dos programas para os cales presente solicitude, a entidade deberá xuntar a documentación complementaria que especificamente se relaciona nos artigos 29, 32 e 35, segundo corresponda. Así mesmo, as entidades interesadas poderán achegar calquera outro documento que consideren conveniente.
    As entidades con sede social en España e aqueloutras que así o elixisen ao abeiro do artigo 6.1 presentarán a documentación complementaria obrigatoriamente por vía electrónica. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que que fose realizada a emenda.
    Consecuentemente co disposto no artigo 6.1 da convocatoria, excepcionalmente, as entidades domiciliadas fóra do territorio español, que presenten a solicitude presencialmente deberán presentar a documentación complementaria por esta mesma vía en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As copias de documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A solicitude e a documentación complementaria que se presente deberá ser asinada polo presidente ou polo representante legal da entidade solicitante.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

SERVIZO DE PROMOCIÓN DAS COMUNIDADES GALEGAS

R/ Basquiños, 2
15704Santiago de Compostela
Teléfono: 981957160 / 981545833Fax: 981957179
Email: emigracion.subvencions@xunta.es

Versión en formato PDF

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, en favor das entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais, que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia, que se concretan nos seguintes programas de actuación:

Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.

Este programa ten por obxecto a concesión de subvencións para contribuír ao financiamento dos gastos correntes ou de funcionamento de carácter periódico derivados de servizos externos en que incorran as entidades galegas solicitantes que resulten necesarios para o mantemento da súa actividade ordinaria, sempre que esta non teña ánimo comercial ou profesional, e que estean destinados a actividades sen fins de lucro para os seus asociados ou á promoción cultural, social ou económica de Galicia.

Poderanse subvencionar ao abeiro deste programa os gastos derivados de:
1. O arrendamento ao nome da entidade solicitante de inmobles que se utilicen como sede habitual e permanente, sempre que non dispoña de locais ou instalacións en propiedade susceptibles de seren utilizados para esta finalidade.
2. Outros gastos correntes que soporte a entidade, como son os derivados da adquisición de subministracións non inventariables (material de oficina, ou material informático non inventariable), subscricións periódicas á prensa ou revistas, comunicacións telefónicas, luz, auga, taxas e outros gastos de carácter similar incluídos dentro do capítulo II da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017.
3. Gastos ordinarios de reparacións, mantemento e conservación de maquinaria, instalacións ou utensilios.
4. Gastos administrativos e legais derivados de procesos de unión ou fusión.

Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.

A través deste programa preténdese fomentar, mediante a concesión de subvencións, a realización das seguintes accións:

1. Programación cultural, social e formativa das entidades galegas no exterior e aquelas que promovan a difusión e preservación do patrimonio cultural de Galicia entre as colectividades de galegos residentes nos lugares de asentamento.

2. Accións informativas que contribúan a un mellor coñecemento da realidade e difusión da imaxe de Galicia nos lugares de asentamento, tales como a edición de libros, publicación de revistas de carácter periódico, realización de programas de radio e televisión.

3. Proxectos creativos, formativos, de participación e de intercambio cultural que fomenten a integración da mocidade nas estruturas orgánicas das entidades, propiciando deste xeito a renovación xeracional.

4. As actividades propias para a consecución do seu obxecto social, recollido nos estatutos da sociedade, sempre que non teñan carácter comercial ou profesional sometido a prezo.

En cada un destes proxectos poderanse subvencionar as seguintes accións:

A) Proxectos culturais e formativos.
1. Actividades culturais ou de carácter formativo sobre aspectos da vida social ou cultural de Galicia.
2. Cursos de formación e seminarios (en materias que non sexan subvencionadas a través doutros programas pola Secretaría Xeral da Emigración ou por outro departamento da Xunta de Galicia).
3. Celebración de exposicións e mostras representativas das distintas manifestacións artísticas e culturais levadas a cabo en Galicia.
4. Conferencias, mesas redondas, xornadas e presentacións literarias que contribúan a dinamizar a vida social e cultural das colectividades de galegos no seu lugar de asentamento.
5. Organización e mantemento de grupos corais, musicais, teatrais e de danza, e as actividades que estes realicen.
6. Actos conmemorativos do Día das Letras Galegas e do Día Nacional de Galicia.
7. Contratación de grupos ou formacións de música, de danza, bandas e corais, e compañías teatrais de autor, de monicreques ou de espectáculos de maxia que difundan a cultura galega.
8. Outros proxectos culturais e asociativos promovidos polas entidades galegas no exterior que se axusten á Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e que propicien o fomento e difusión da imaxe de Galicia nos lugares de asentamento das comunidades galegas.

Non serán susceptibles de subvención aquelas actividades que teñan carácter gastronómico.

B) Accións informativas ou divulgativas sobre aspectos da vida social, cultural ou económica de Galicia.
1. A edición e difusión de libros ou publicación de revistas periódicas culturais, informativas, económicas, etc. ou boletíns de interese xeral, así como a realización por parte das entidades galegas de programas de radio e televisión dedicados á realidade galega.
2. A organización ou participación en xornadas, exposicións ou feiras sectoriais.

C) Proxectos promovidos pola xuventude que teñan relación con Galicia.
1. Formación específica da mocidade na xestión das entidades galegas e das institucións e asociacións sen fins de lucro e mellora de habilidades directivas.
2. Intercambios xuvenís de grupos da mocidade pertencentes ás comunidades galegas para a realización de actividades culturais, musicais, deportivas e sociais.
3. Formación específica da mocidade para o coñecemento e emprego das novas tecnoloxías da comunicación.
4. Promoción de actividades deportivas que fomenten a relación entre a xuventude de orixe galega.
5. Creación e apoio de grupos de teatro, música e danza.
6. Realización de actividades culturais relacionadas con Galicia (cursos, ciclos de conferencias, mostras, ciclos de cine galego ou de teatro, concertos) destinadas especificamente ao conxunto de mozos e mozas da colectividade.
7. Creación de foros de debate e intercambio cultural entre a mocidade da emigración e a mocidade galega, así como entre intelectuais, científicos e expertos en diversos eidos de Galicia e do país onde estes foros teñan lugar.

D) Outros programas e accións dirixidos a cumprir o obxecto social da entidade.
Outro tipo de accións non recollidas entre as anteriores, necesarias para a consecución do obxecto social recollido nos estatutos da sociedade, sempre que estas non teñan carácter comercial ou profesional sometido a prezo.

Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.

A través deste programa preténdese subvencionar proxectos de actividades de carácter extraordinario para a entidade que as promove ou nas cales participa activamente, non recorrentes, cuxa finalidade é a promoción cultural, social ou económica de Galicia no ámbito en que estea asentada, para as que se xustifique a súa especial relevancia e diferenciación con respecto ás previstas no programa 2, tales como mostras, feiras, certames ou efemérides especiais da entidade (25º, 50º, 75º, 100º, 125º...aniversario, etc.).

Beneficiarios:

Programa 1:
a) As entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Programa 2:
a) As entidades inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Programa 3:
a) As entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
b) As federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade.

Requisitos:

Con carácter xeral, as entidades beneficiarias das subvencións correspondentes aos programas convocados pola presente resolución quedan obrigadas a:
1. Executar o proxecto ou realizar a actividade ou comportamento que fundamente a concesión da subvención.
2. Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolla a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións da Xunta de Galicia, en concreto as recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que respecto da xestión de fondos pode efectuar o departamento concedente, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.
3. Comunicar á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas.
4. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos.
5. Non se considera que incorre en incumprimento a entidade beneficiaria que non xustifique integramente o importe do orzamento presentado coa solicitude ou o resultante da aplicación do artigo 10, sempre e cando o proxecto ou actividade obxecto da subvención se cumprise nos termos da solicitude e poida considerarse cumprida a finalidade que fundamentou a concesión da subvención. Neste suposto, o pagamento realizarase pola parte proporcional á da contía da subvención efectivamente xustificada, calculado en función da porcentaxe do custo final da actividade, tendo en conta o disposto no artigo 9.
6. As entidades beneficiarias de subvencións recollidas nesta resolución quedarán obrigadas á difusión do financiamento por parte da Secretaría Xeral da Emigración nos actos, documentación e publicacións que realicen, por calquera medio, con motivo da actuación subvencionada.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2017 (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2017).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.