PR905A - Axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración que teñen por finalidade a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2019.

3. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e coas garantías previstas no artigo 31.4 da dita lei, e conforme o disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei.

4. A concesión destas axudas efectuarase atendendo en todo caso á data de presentación de cada unha das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9 e estará, en calquera caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario. No caso de esgotamento do crédito establecido para esta subvención, a Secretaría Xeral da Emigración publicará esta circunstancia no DOG, o que comportará a inadmisión das solicitudes presentadas con posterioridade á data da dita publicación, sen prexuízo de que se poida incrementar o crédito orzamentario nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.

b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

2. Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Secretaría Xeral da Emigración, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais, para o que se achegará canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

b) Comunicarlle á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberá presentar unha declaración responsable de estar ao día do cumprimento das obrigas tributarias, da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia antes dos pagamentos.

c) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) As demais obrigas previstas no artigo 11 da antedita lei.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. Requisitos que deberán cumprirse e acreditarse na data da presentación de solicitudes:

a) Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do retorno a España.

b) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do retorno a España e a data de presentación da solicitude.

c) Estar empadroada e ter residencia nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar.

Para estes efectos, considérase que son recursos económicos suficientes cando a suma da media dos ingresos que perciba cada membro da unidade familiar, nos dous meses anteriores ao da presentación da solicitude, dividido entre o número de persoas que a integren, supere o importe do IPREM mensual (indicador público de renda de efectos múltiples) vixente na data da solicitude.

Para os efectos desta axuda, consideraranse ingresos da unidade familiar os obtidos por calquera dos seguintes conceptos:

• Rendementos do traballo. Inclúe as rendas netas do traballo por conta allea, excepto as pagas extra, liquidacións ou indemnizacións. Excluiranse, en todo caso, os salarios xerados no estranxeiro.

• Rendas de actividades económicas, profesionais, empresariais ou agrarias. Compútase como rendas o rendemento neto reducido (ingresos menos gastos) dos distintos tipos de actividades desenvolvidas en España.

• Pensións e prestacións. Inclúe os ingresos netos de todo tipo de pensións e prestacións, excepto a prestación económica por razón de necesidade (ancianidade e incapacidade) da Dirección Xeral das Migracións do Ministerio de Emprego e Seguridade Social español que puideran percibir no seu país de orixe.

• Rendas do capital mobiliario. Inclúe os rendementos netos das distintas contas bancarias e investimentos financeiros.

• Rendas do capital inmobiliario. Inclúe os rendementos netos dos bens inmobles arrendados, diferentes da vivenda habitual.

Exceptúanse do cómputo dos ingresos da unidade familiar do punto anterior os seguintes conceptos:

Os ingresos de carácter finalista dirixidos á formación regrada.

Os ingresos por asistencia a cursos de formación non regrada, como incentivos ou gratificacións pola participación.

Os ingresos de pagamento único dirixidos a paliar situacións de emerxencia social.

As prestacións familiares por fillo/a a cargo menor de 18 anos.

As prestacións económicas e libranzas derivadas de Lei 39/2006, do 14 de decembro de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

e) Carecer de bens patrimoniais suficientes (bens mobles e/ou bens inmobles) na unidade familiar.

• Entenderase como bens mobles suficientes, cando o valor dos bens mobles de todas as persoas da unidade familiar, na data de presentación da solicitude, supere o límite de 12.000 euros cando a unidade familiar estea formada por unha persoa, incrementado, se é o caso, en 2.000 euros adicionais, por cada un dos restantes membros da unidade familiar.

O capital mobiliario ou bens mobles estará conformado polos depósitos en conta corrente ou a prazo, accións, fondos de investimento e fondos de pensións, valores mobiliarios, etc, que se valorarán polo seu valor nominal que conste na correspondente documentación bancaria, tanto en España como no estranxeiro.

• Entenderase como bens inmobles suficientes, cando a suma dos valores dos inmobles de todas as persoas que integran a unidade familiar, excluída a vivenda habitual, supere o límite de 50.000 euros, na data de presentación da solicitude.

O capital inmobiliario ou bens inmobles, estará conformado polos inmobles radicados en España, de natureza rústica ou urbana, de acordo co seu valor catastral, que figure no recibo do imposto que os grave (IBI) ou, na súa falta, no contrato de compravenda.

2. Entenderase como unidade familiar a formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polo seu cónxuxe non separado legalmente, parella de feito inscrita ou persoa unida por análoga relación, e os/as fillos/as da persoa solicitante solteiros/as menores de 25 anos, así como os maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda.

No caso de que persoa solicitante sexa solteira menor de 25 anos ou maior desta idade e incapacitada, a unidade familiar estará formada pola persoa solicitante e, se é o caso, polos seus proxenitores, irmán/s ou irmá/s solteiros/as menores de 25 anos, así como os maiores desa idade incapacitados, que residan na mesma vivenda.

Para estes efectos, só se computarán como membros da unidade familiar os que consten inscritos no mesmo domicilio no certificado de empadroamento conxunto do padrón municipal ou ben na certificación municipal de convivencia, no momento de presentar a solicitude.

No caso de que a persoa solicitante estivese residindo nun establecemento de acollida temporal, nunha residencia de persoas maiores ou nun aloxamento turístico, a determinación da unidade familiar realizarase segundo as circunstancias do caso concreto.

3. Quedan excluídas destas axudas as persoas que resultasen beneficiarias en calquera das tres convocatorias inmediatamente anteriores á presente.

4. Soamente se poderá presentar unha única solicitude de axuda económica en cada convocatoria e por cada unidade familiar. No caso de que a persoa solicitante ou outro membro da unidade familiar presentase outra solicitude de axuda, entenderase como válida a presentada no primeiro lugar segundo o asento de rexistro correspondente.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Secretaría Xeral da Emigración

S. X. DE XESTIÓN ECONÓMICO-AMINISTRATIVA E DO RETORNO

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DE PROGRAMAS

Praza de Mazarelos, 15

15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981547271 / 981957162

Fax: 981547296

Email: retorno.emigracion@xunta.es

Órgano responsable

Secretaría Xeral da Emigración

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 19 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 163 do 29 de agosto de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 19 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 163 do 29 agosto de 2019).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansi�ón
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.