PR525A - Solicitude de certificación galega de competencias dixitais en ofimática
Obxecto
Regular a certificación galega de competencias dixitais en ofimática e establecer os requisitos para a súa obtención. Así mesmo, crea o Rexistro de certificacións galegas de competencias dixitais en ofimática co fin de simplificar a xestión da certificación e facilitar o seu arquivo e control.
Para os efectos deste decreto enténdese por certificación galega de competencias dixitais en ofimática (en diante, certificación) o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.
As medidas establecidas neste decreto teñen por finalidade:
a) Dispoñer dun mecanismo normalizado de certificación de competencias dixitais en ofimática por parte da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Valorar a competencia dixital das persoas nas habilidades instrumentais en ofimática, independentemente do produto ou software informático específico empregado.
c) Ofrecer un estándar de referencia á hora de avaliar o nivel de competencia en ofimática das persoas empregadas e das que aspiran a un posto de traballo.
d) Mellorar a formación continua e simplificar, se é o caso, o proceso de provisión de prazas na Administración pública.
e) Fomentar o uso eficiente e eficaz das tecnoloxías da información e as comunicacións na cidadanía galega e no persoal das administracións públicas.
f) Entender as competencias dixitais como unhas capacidades xenéricas a partir das cales o suxeito pode aprender constantemente e adaptarse de maneira dinámica a un contorno cambiante.
g) Incorporar o coñecemento de conceptos básicos relativos á sociedade da información, a cultura dixital e as boas prácticas neste ámbito.
A certificación poderase valorar como mérito ou establecer como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal e como base obxectiva para a promoción profesional, nos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Xunta de Galicia.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia elaborará o Plan Formativo Ofimático de Galicia. Ata que se elabore o primeiro plan, o seu contido será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e da documentación», do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Así mesmo, créase o Rexistro de certificacións galegas de competencias dixitais en ofimática (en diante, Rexistro), co fin de simplificar a xestión da certificación e facilitar o seu arquivo e control.
O Rexistro está adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que asume todas as funcións asociadas á xestión do Rexistro e, en particular, as seguintes:
a) Informar, asesorar e orientar sobre a certificación e o Rexistro.
b) Xestionar o proceso de inscrición e consulta das certificacións rexistradas.
c) Resolver as reclamacións presentadas polas persoas usuarias do Rexistro.
d) Preparar e emitir informes de seguimento relativos á certificación e ao funcionamento do Rexistro e realizar propostas de mellora.
e) Elaborar periodicamente estatísticas dos datos reflectidos no Rexistro en coordinación co órgano estatístico sectorial que corresponda. Estas estatísticas faranse públicas a través do portal institucional http://www.xunta.es
f) Garantir a imposibilidade da manipulación do Rexistro.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Obterán a certificación galega de competencias dixitais en ofimática as persoas que acrediten as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no Plan Formativo Ofimático de Galicia, mediante a superación dunha proba convocada para ese fin pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
A onde acudir
PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA
AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545271 / 981545272
Fax: 981957868
Órgano responsable
AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA (AMTEGA)
Normativa
Ámbito Autonómico
ORDE do 27 de decembro de 2011 pola que se publican os modelos normalizados previstos no decreto polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.(DOG nº 249, do 29 de decembro de 2011)
DECRETO 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.(DOG nº 229, do 30 de novembro de 2011)
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres