PR483D - Fondo de compensación ambiental. Subvencións en réxime de concorrencia competitiva a concellos asociados ou agrupados.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 21/01/2017 - 20/02/2017.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Catro meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • DOCUMENTACIÓN XERAL
    • Certificación do acordo da entidade polo cal se solicita subvención (anexo VII).
    • Certificado do/a secretario/a da entidade local da remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia (anexo VII).
    • Memoria xustificativa, asinada pola persoa representante da entidade solicitante co contido do artigo 21.2.d).
    • Convenio regulador da agrupación ou asociación de concellos.
  • DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA
    • SOLICITUDES DE AGRUPACIÓNS OU ASOCIACIÓNS DE CONCELLOS
      • Convenio de colaboración cos requisitos e contido obrigatorio recollido no artigo 12 desta orde.
    • SOLICITUDES PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO
      • Certificación do/a secretario/a da entidade local sobre vinculación do gasto co servizo ou servizos de protección do ambiente e do espazo natural (anexo VII).
      • Memoria dos servizos para os cales se solicita subvención, asinada pola persoa representante da entidade local, co contido do artigo 21.3.a).
    • SOLICITUDES PARA OBRAS
      • Certificación expedida polo/a secretario/a da entidade local representante, referida á plena disposición sobre os terreos e predios onde pretenden realizar as actuacións (anexo VII)
      • Proxecto ou anteproxecto da obra que se vaia realizar, co contido mínimo indicado no artigo 21.3.b)
    • SOLICITUDES PARA EQUIPAMENTO
      • Memoria explicativa dos equipamentos para os cales se solicita subvención, asinada polo representante da entidade solicitante, co contido do artigo 21.3.c)
    • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
      Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
    • A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
      Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
    • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
    • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN LOCAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA COAS EE.LL.

SERVIZO DE XESTIÓN E COOPERACIÓN ECONÓMICA
Praza de Europa, 5A, 4º - Polígono de Fontiñas
15703Santiago de Compostela
Teléfono: 981546211 / 881997171Fax: 981546569
Email: administracionlocal@xunta.es
Información web: http:///xunta.es/vicepresidencia-cpapx

Versión en formato PDF

O Fondo de Compensación Ambiental ten como finalidade a aplicación de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial. Este fondo carece de personalidade xurídica e a súa xestión correspóndelle á dirección xeral competente en materia de réxime local, de conformidade coas directrices que se establezan nesta orde.
Convocanse as subvencións para o ano 2017 do Fondo de Compensación Ambiental, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.
Gastos subvencionables.
1. Considéranse gastos elixibles ou subvencionables:
a) Os investimentos en inmobilizado: custo de man de obra externa, execución material, equipamentos e instalacións. Cando no investimento participe directamente persoal da entidade local procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.
b) Custos de proxecto e dirección de obra, de tratarse de contratacións externas.
c) Custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural. No caso de utilizar persoal da entidade local, procederase á imputación dos gastos correspondentes ao persoal utilizado.
d) Contratación de persoal para os servizos municipais nos termos desta orde.
2. Considéranse tamén gastos subvencionables:
a) Os contratos de subministracións para a adquisición de equipamentos, produtos, vehículos ou bens mobles.
b) Os gastos de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado, se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.
c) Os tributos, sobre todo o imposto sobre o valor engadido (IVE) son subvencionables se o beneficiario os aboa efectivamente. En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
d) Os custos indirectos formarán parte da xustificación da subvención, sempre que os imputase o beneficiario á actividade subvencionada na parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se realiza a actividade.
3. En todo caso, as subvencións están destinadas á realización de actuacións de investimento e a custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á protección do ambiente e do espazo natural, e deberán responder a algún dos seguintes criterios ou obxectivos:
a) Actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e máis á recuperación do medio natural degradado ou contaminado.
b) Actuacións de impulso da eficiencia e de utilización sustentable das enerxías renovables.
c) Outras actuacións de protección do ambiente e do espazo natural.
Para os efectos do previsto no artigo 4 desta orde, considerarase que atenden aos criterios determinados nas letras a), b) e c) do ordinal terceiro anterior, entre outros, os seguintes proxectos:
a) Recuperación de espazos ambientalmente degradados ou contaminados.
b) Proxectos de eficiencia enerxética na luz pública ou obras en edificios municipais que supoñan unha mellora na eficiencia enerxética do edificio.
c) Proxectos de utilización sustentable de enerxías renovables en instalacións e edificios municipais.
d) Vehículos eléctricos e vehículos híbridos.
e) Centros de interpretación do ambiente e aulas da natureza.
f) Parques-escolas infantís que teñan como contido ou característica principal a utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais.
g) Paseos, áreas recreativas e rutas de sendeirismo que se localicen ou transcorran por zonas con valores ambientais, para a súa utilización recreativa e/ou didáctica.
h) Puntos limpos e centros de reciclaxe de residuos.
i) Proxectos de saneamento, redes de sumidoiros e abastecemento de augas.
j) Proxectos e actuacións no ámbito municipal para evitar a degradación e a deterioración ambiental.
k) Proxectos e actuacións para o control ambiental no ámbito municipal, tales como a adquisición de equipamento para efectuar as medicións relacionadas con actividades molestas e insalubres e para a toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, no caso de residuos e verteduras.
l) Adquisición de vehículos destinados a actuacións de protección do ambiente e do espazo natural, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.
m) Vehículos con equipamento especial para o desenvolvemento de tarefas no eido ambiental tales como sonómetros para efectuar as medicións relacionadas cos ruídos molestos e insalubres e/ou equipamento para toma de mostras, tanto sólidas como líquidas, nos casos de residuos e verteduras.

Beneficiarios:

Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:
a) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.
b) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9 desta orde.
c) As mancomunidades de concellos de Galicia.
d) Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios concellos.
Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións provinciais.

Requisitos:

Ter remitidas as contas do exercicio orzamentario 2015 ao Consello de Contas de Galicia. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de agrupamento de concellos ou solicitude conxunta para a xestión compartida, deberán cumprir con este requisito todos os concellos agrupados ou asociados. A falta de acreditación deste requisito por parte dalgún dos concellos participantes na solicitude de subvención supoñerá a inadmisión desta.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2017, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG nº 14 do 20 de xaneiro de 2017).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.