PR473A - Admisión ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Obxecto
O obxecto desta orde é a aprobación das bases xerais e convocatoria das probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e a súa expedición.
Tendo en conta o exposto no Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o referido Decreto 8/2010, a vixencia da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas é de 5 anos desde a data da súa expedición.
A quen vai dirixido?
Persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.
Requisitos
Para desempeñar as funcións de persoal de control de acceso será necesario reunir os seguintes requisitos:
a) Ser maior de idade.
b) Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países que integran a Unión Europea ou estar en posesión do permiso de residencia e traballo correspondentes.
c) Carecer de antecedentes penais.
d) Ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender o público en calquera delas.
e) Ter superadas as probas específicas que convoque a Academia Galega de Seguridade Pública, consistentes na realización dun test psicolóxico e un test de coñecemento sobre as materias relacionadas coas funcións propias da súa actividade, consonte o programa que figura como anexo deste decreto.
Conforme dispón a Lei 6/2003, do 9 de setembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a modificación introducida pola Lei de orzamentos para o ano 2011, a taxa por participación nas probas para obter a certificación acreditativa da habilitación, será de 50,90 euros, que serán ingresados, mediante o modelo xeral de autoliquidación de taxas.
Poden acceder ao mesmo desde a páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.es), a través da cal, poderá pagar, no caso de non ter certificado dixital: de forma presencial (personandose na entidade colaboradora, das cales existe unha listaxe pública nesa mesma páxina web, ou telematicamente con tarxeta bancaria. No caso de ter certificado dixital, poderá pagar accedendo á oficina virtual, de forma presencial, telematicamente mediante cargo en conta ou con tarxeta.
As/os aspirantes deberán cubrir, nos apartados habilitados para o efecto no referido modelo de autoliquidación de taxas, tanto se o pagamento se fai de xeito presencial na entidade colaboradora, como telematicamente a través da oficina virtual da Axencia Tributaria de Galicia, os seguintes códigos:
Código: 04.
Delegación de Pontevedra.
Código: 40.
Servizo de Academia Galega de Seguridade Pública.
Código: 19.
Taxa: denominación: participación nas probas para obter certificación acreditativa da habilitación.
Código: 30.48.01.
Total: 50,90 euros.
Ademais as/os aspirantes cubrirán os seus datos persoais nos puntos reservados para tal fin no devandito modelo.
Están exentos do pagamento desta taxa:
1. As/os aspirantes que figuren inscritas/os como desempregadas/os no Instituto Nacional de Emprego, que poderán autorizar a comprobación desta situación pola Administración, ou presentar o certificado acreditativo desta.
2. As/os aspirantes que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %, acreditando documentalmente tal situación, agás no caso de que a situación de discapacidade fose expedida pola Xunta de Galicia, en tal suposto pode autorizar a súa consulta ou ben presentar tal certificación.
A falta de xustificación do pagamento íntegro da taxa por dereitos de exame, dentro do prazo de presentación de solicitudes, determinará a exclusión da/do aspirante do proceso, sen que sexa posible emendar tal deficiencia nun momento posterior.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP)
Avenida da Cultura, s/n
36680 Estrada, A (Pontevedra)
Teléfono: 886206110
Email: formacion.agasp@xunta.gal
Órgano responsable
ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP)
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2010).
Decreto 127/2011, do 23 de xuño, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2011).
Decreto 75/2015, do 21 de maio, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 97 do 26 de maio de 2015).
Decreto 104/2015, do 23 de xullo, polo que se modifica o Decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 140 do 27 de xullo de 2015).
Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 78 do 27 de abril de 2010).
Resolución do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 85 do 3 de maio de 2018).
Resolución do 1 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2018).
Resolución do 20 de xullo de 2018 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 20 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 3 de maio) (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2018).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres