PR310A - Declaración de utilidade pública de asociacións e presentación de contas anuais.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • En todas as solicitudes de inscrición e de expedición de certificacións rexistrais deberán presentar:
    • Copia do NIF do solicitante (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de Verificación de datos de identidade).
    • Documento acreditativo da representación (no seu caso).
    • Xustificante de pagamento da taxa correspondente.
  • E segundo o tipo de solicitude, a seguinte documentación:
  • DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DE ASOCIACIÓNS:
    • Memoria xustificativa das razóns da petición e informe dos obxectivos da asociación para que sexa considerada como de utilidade pública, con especial referencia ás súas actividades de interese xeral, de conformidade coas enunciadas no artigo 32.1.a) da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
    • Memoria de actividades dos dous exercicios económicos anuais anteriores á data da solicitude, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
    • Contas anuais dos dous últimos exercicios pechados, comprensivas do balance de situación, a conta de resultados e a memoria económica, que mostren a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da entidade, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
    • Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria na que conste que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e que non constan debedas co Estado de natureza tributaria en período executivo. (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de Verificación de datos de identidade).
    • Certificación da Consellería de Facenda na que conste que se atopa ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e que non constan debedas tributarias coa Comunidade Autónoma. (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de Verificación de datos de identidade).
    • Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social de estar ao corrente nas súas obrigas coa Seguridade Social. (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de Verificación de datos de identidade).
    • Copia, no seu caso, de alta no epígrafe correspondente do Imposto sobre Actividades Económicas.
    • Certificación do acordo do órgano competente da asociación para solicitar a declaración de utilidade pública.
    • Outros.
  • DEPÓSITO DE CONTAS NO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS:
    • Certificación de aprobación das contas anuais pola asemblea xeral da asociación.
    • Memoria de actividades, do exercicio económico finalizado, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
    • Contas anuais do exercicio económico finalizado, comprensivas do balance de situación, a conta de resultados e a memoria económica, que mostren a imaxe fiel do patrimonio, da situación financeira e dos resultados da entidade, asinadas polos membros da xunta directiva ou órgano de representación da asociación.
    • Outros.
  • REVOGACIÓN DA DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA:
    • Memoria xustificativa das razóns da solicitude de revogación, e/ou documento/s xustificativo/s da inscrición que se solicita.
    • Outros.
  • SOLICITUDES DE CERTIFICACIÓNS OU INFORMACIÓN REXISTRAL:
    • Indicar na solicitude os datos ou actos dos que se solicita certificación ou información do rexistro.
  • A documentación xustificativa dos actos obxecto de inscrición debe presentarse en orixinal, ou mediante sistemas que garantan a autenticidade do documento obxecto de inscrición.
  • - As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
    - Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

VICESECRETARÍA XERAL

Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981544229

Versión en formato PDF

Solicitude de declaración de utilidade pública de asociación.
As asociacións, federacións e confederacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, que se encontren inscritas no Rexistro de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan a súa sede no territorio desta Comunidade, e reúnan os requisitos previstos na normativa vixente, poderán solicitar a declaración de utilidade pública.
Requisitos que deben cumprir as asociacións para poder ser declaradas de utilidade pública: Os establecidos no artigo 32 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, concrétanse en:
- Que os seus fins estatutarios tendan a promover o interese xeral.
- Que a súa actividade non estea restrinxida a beneficiar exclusivamente aos seus asociados.
- Que os cargos directivos non perciban retribucións ou, de facelo, que estes non o sexan con cargo a fondos ou subvencións públicas.
- Suficiencia dos medios materiais e persoais.
- Inscrición no rexistro respectivo cunha antigüidade mínima de 2 anos e acreditación do cumprimento de fins de interese xeral mediante a presentación das contas e memoria de actividades dos dous últimos anos.
Depósito de contas no Rexistro de asociación.
Toda asociación de utilidade pública deberá render contas anuais e memoria descritiva das actividades realizadas no exercicio anterior no prazo dos seis meses seguintes ao peche do exercicio económico.
As contas anuais comprenden: balance de situación, conta de resultados e memoria e formularanse de conformidade coas normas de adaptación aprobadas por Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos (PGC-ESFL-2011).
A documentación deberá presentarse ante o Rexistro no que consten inscritas:
- Nas asociacións de ámbito provincial ou inferior, no rexistro provincial de asociaciónes da Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
- Nas asociacións con ámbito territorial correspondente á Comunidade Autónoma, ante o rexistro central dependente da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Beneficiarios:

As asociacións, federacións e confederacións que desenvolvan maioritariamente as súas funcións en Galicia, que se encontren inscritas no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia e que teñan a súa sede no territorio desta Comunidade, e reúnan os requisitos previstos na normativa.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132, do 14 de xullo de 2014).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Real Decreto 1080/2008, de 30 de xuño sobre ampliación de funcións da Administración do Estado, traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de asociacións.

Ligazón á normativa

ESTATAL

Real Decreto 1740/2003, do 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública (BOE nº 11 do 13 de xaneiro de 2004).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos.

Ligazón á normativa

ESTATAL

Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado (BOE nº 307 do 24 de decembro de 2002).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 157/2008, do 10 de xullo, sobre asunción de funcións da Administración do Estado , traspasadas á Comunidade Autónoma de Galicia, mediante RD 1080/2008, do 30 de xuño en materia de declaración de utilidade pública de asociaciones e aplicación dos beneficios fiscais á Consellería de Presidencia, A.P. e Xustiza (DOG nº148 do 1 de agosto de 2008).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación (BOE nº 73 do 26 de marzo de 2002).

Ligazón á normativa

ESTATAL

Corrección de erros do Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE n.º 88 do 12 de abril de 2012).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.