PR203A - Inscrición no rexistro de colexios profesionais e consellos galegos de colexios profesionais.
Obxecto
Os colexios profesionais radicados na Comunidade Autónoma deberan inscribirse no Rexistro de Colexios Profesionais dependente da Dirección Xeral de Xustiza, presentando para iso solicitude normalizada, así como documentación requirida en cada caso.
Os asentos no Rexistro serán de tres clases:
- De ingreso, nos que se hara constar a denominación, sede e ámbito, fins estatutarios e persoas que integran os órganos de goberno.
- Complementarios, referidos ás modificacións estatutarias, renovacións nos órganos de goberno, cambios de domicilio social, sedes e delegación, incorporacións de novos colexios, así como calquera acto xurídico ou dato con repercusións xurídicas aos que conveña darlles publicidade.
- De baixa: disolución do consello.
A quen vai dirixido?
Colexios profesionais radicados na Comunidade Autónoma.
A onde acudir
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Órgano responsable
SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).
Decreto 336/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de asociacións e espectáculos públicos, respectivamente, polos reais decretos 1639/1996 e 1640/1996, ámbolos dous do 5 de xullo, e a súa asignación á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (DOG nº 182 do 17 de setembro de 1996).
Decreto 161/1997, do 5 de xuño, polo que se regulan os consellos galegos de colexios profesionais e se crea o Rexistro de Colexios Profesionais e os seus Consellos (DOG nº 126 do 2 de xullo de 1997).
Orde do 18 de marzo de 1998 pola que se regula o rexistro de colexios profesionais e de consellos galegos de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 68 do 9 de abril de 1998).
Lei 11/2001, do 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 189 do 28 de setembro de 2001).
Ámbito Estatal
Lei 2/1974, do 13 de febreiro, sobre Colexios Profesionais (BOE nº 40 do 15 de febreiro de 1974).
Lei 2/2007, do 15 de marzo, de sociedades profesionais (BOE nº 65, de 16 de marzo de 2007).
Real Decreto 1000/2010, de 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio (BOE nº 190, de 6 de agosto de 2010).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres