PE621G - Tarxeta da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Para a realización de actividades subacuáticas en augas mariñas competenciais da Consellería do Medio Rural e do Mar, en materia de marisqueo e coa exclusiva finalidade de recoller ou extraer recursos mariños no marco dun plan de explotación aprobado e de maneira segura, competente e responsable, será necesario que as persoas que as efectúen se encontren en posesión da Tarxeta da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Os/as aspirantes que obteñan unha avaliación positiva do curso poderán solicitar a súa acreditación persoal coa expedición da tarxeta profesional.

A acreditación persoal emitirase en formato tarxeta de PVC.

A quen vai dirixido?

Recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Requisitos

- As tarxetas serán renovadas cada 5 anos.
- A renovación da tarxeta de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo será solicitada polos interesados no último trimestre da súa vixencia.
- En caso de extravío, roubo ou destrución física da tarxeta poderá expedirse un duplicado que manterá a data de caducidade da orixinal.
- Os mergulladores/as que estean en posesión dunha tarxeta de mergullo profesional e dun certificado de mariscador/a poderán solicitar a súa validación polo certificado de mariscador/a a mergullo e a posterior emisión da tarxeta de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo.

A onde acudir

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN, ENSINO E RELACIÓNS SECTORIAIS

SERVIZO DE ENSINO E TITULACIÓNS NÁUTICO-PESQUEIRAS

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR

15006 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981182029

Fax: 981182027

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE LUGO (CELEIRO)

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863 Viveiro (Lugo)

Teléfono: 982555002

Fax: 982555005

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201 Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 986817113

Fax: 986817160

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

SERVIZO DE ENSINO E TITULACIÓNS NÁUTICO-PESQUEIRAS

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 1 de outubro de 2008 pola que se regula o procedemento de obtención da certificación profesional para a extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 196 do 9 de outubro de 2008).

Ligazón á normativa

Corrección de erros.-Orde do 1 de outubro de 2008 pola que se regula o procedemento de obtención da certificación profesional para a extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 206 do 23 de outubro de 2008).

Ligazón á normativa

Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.