PE616A - Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.
Obxecto
Se vostede quere obter ou renovar unha tarxeta que habilite para o goberno de embarcacións de lecer, debe solicitalo á Consellería do Mar.
Período de validez da documentación.
1. Os títulos non teñen caducidade e as tarxetas terán un período de validez de dez anos desde a data de expedición, transcorrido o cal deberán renovarse, xuntando á correspondente solicitude: acreditación da aptitude psicofísica para o manexo de embarcacións de lecer, que será realizada polos centros de recoñecemento de condutores (CRC), segundo o establecido no artigo 22 do Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247 do 11/10/2014) e o xustificante de pagamento de taxas de renovación.
2. Cumpridos os setenta anos de idade, os interesados deberán renovar as tarxetas por períodos de cinco anos e con pagamento de taxas especiais.
3. Aquelas persoas que soliciten por primeira vez algunha das titulacións establecidas nesta orde e teñan cumpridos os setenta anos de idade, deberán pagar as taxas completas de expedición.
4. As solicitudes de renovación por caducidade tramitaranse, como mínimo, un mes antes da súa caducidade. No caso de que incorran en caducidade, aplicaranse as taxas correspondentes á expedición.
Renovación de títulos e tarxetas.
1. Ademais dos supostos previstos nos puntos 1 e 2 do artigo 13, procederá a renovación da tarxeta nos seguintes casos: deterioración, perda ou roubo. A solicitude de renovación deberá realizarse ante a Administración que expediu a tarxeta.
2. A solicitude de renovación farase ante a administración que expediu o título orixinal.
A Dirección Xeral da Marina Mercante canxeará aquelas titulacións expedidas polas CCAA si así o solicitan os interesados. Para iso, ademais de achegar a fotocopia do título ou tarxeta que se desexe canxear, seguirase o procedemento establecido no artigo 24, parágrafos a e b do Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247 do 11/10/2014).
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Solicitantes de: tarxetas de identidade acreditativas das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer.
A onde acudir
CONSELLERÍA DO MAR
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN, ENSINO E RELACIÓNS SECTORIAIS
SERVIZO DE ENSINO E TITULACIÓNS NÁUTICO-PESQUEIRAS
Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546139
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182029
Fax: 981182027
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE LUGO (CELEIRO)
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555002
Fax: 982555005
CONSELLERÍA DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817113
Fax: 986817160
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Orde do 8 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2009).
Ámbito Estatal
Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 247 do 11 de outubro de 2014).
Resolución do 27 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se modifica o anexo VII do Real Decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de recreo (BOE nº 13 do 15 de xaneiro de 2015).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres