PE609B - Bolsas para a formación de persoal en materia de investigación mariña.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde establece as bases reguladoras e a convocatoria de bolsas para completar a formación de técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior como persoal auxiliar de investigación mariña, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O número de bolsas será de oito, que se adxudicaran de acordo co baremo indicado no artigo 10 desta convocatoria.

As bolsas terán unha duración de dous (2) anos a partir da data de incorporación que se estableza na resolución de concesión.

Para todos aqueles aspectos non previstos nas presentes bases, aplicarase a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento; a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Será de aplicación o Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Técnicos superiores de ciclos formativos de grao superior.

Obrigas dos/das bolseiros/as.

1. O/a bolseiro/a deberá desempeñar actividades de formación e de colaboración en relación coas tarefas das áreas as que se adscriban.

2. Co fin de facilitar o seu proceso de formación, os/as bolseiros/as contarán co asesoramento, orientación e dirección dun/dunha titor/a, que definirá as tarefas que se van realizar, así como a formación que deberán recibir segundo o plan de formación do centro. A este respecto, será obrigatoria a realización e superación das actividades de formación indicadas.

3. As persoas beneficiarias deberán manter unha actitude participativa, de colaboración e respectuosa co persoal do centro, sen obstrución das tarefas encomendadas nos diferentes servizos.

4. Ao final do período de desfrute da bolsa, a persoa adxudicataria deberá entregar unha memoria de actividades que será supervisada polo/a titor/a.

5. Estas bolsas non implican relación laboral algunha co centro a que estea adscrita a persoa beneficiaria, nin supoñen ningún compromiso de incorporación posterior dos/das bolseiros/as ao seu cadro de persoal, aínda que si a necesaria e natural coordinación co horario, normas e disciplina do centro onde desenvolve a súa formación.

6. O aproveitamento da bolsa será incompatible con calquera outra bolsa que supoña remuneración directa ou axuda financiada con fondos públicos.

7. Tamén será incompatible con salarios que impliquen relación contractual ou estatutaria da persoa interesada, agás os que teñan carácter esporádico cunha duración acumulada inferior a dous meses por ano, sempre que isto non afecte á actividade habitual no exercicio da bolsa e que se trate de ocupacións non vinculadas directa ou indirectamente co centro.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

1. Estar en posesión do título de técnico/a superior e ter rematados os estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2014, dos ciclos formativos de grao superior dalgunha das especialidades que se relacionan:

a) Solicitantes de bolsas en Actividades Marítimo-Pesqueiras/Acuicultura:

– Título de técnico superior en acuicultura.

b) Solicitantes de bolsas en Química/Análise e Control:

– Título de técnico superior en análise e control.

c) Solicitantes de bolsas en Anatomía Patolóxica e Citodiagnose:

– Título de técnico superior en anatomía patolóxica e citodiagnose.

d) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser persoa estranxeira con permiso de residencia en España no momento de solicitar a bolsa e con dominio dalgunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Non estar incapacitado/a fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir a realización normal da actividade formativa obxecto das bolsas que se convocan.

f) Non ter desfrutado destas bolsas ou outras similares en anteriores convocatorias, durante un período dun (1) ano ou superior.

g) Ter cursado os seus estudos nalgún dos centros públicos ou privados situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE XESTIÓN, ENSINO E RELACIÓNS SECTORIAIS

SERVIZO DE COORDINACIÓN E APOIO Á XESTIÓN

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños

15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546151

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://mar.xunta.gal

Órgano responsable

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as bolsas de formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña (DOG nº 109 do 8 de xuño de 2018).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 21 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as bolsas de formación de persoal auxiliar en materia de investigación mariña (DOG nº 109 do 8 de xuño de 2018).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.