PE406B - Axudas autonómicas para a paralización temporal das embarcacións afectadas-persoas tripulantes.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 12/03/2016 - 11/04/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao de finalización do período de paralización temporal. O prazo rematará o día 11 de abril de 2016.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Solicitude segundo o Anexo II desta orde.
  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
  • Certificación da persoa armadora de que a persoa tripulante está incluida no rol da embarcación, de acordo co anexo IV.
  • Certificado do Instituto Social da Mariña acreditativo de estar en situación de alta asociada á empresa armadora na que se atopaban enroladas no momento de sobrevir a paralización temporal.
  • Copia da resolución da autoridade laboral competente que aprobe a suspensión da relación laboral.
  • Documentación que acredite que a persoa solicitante ten un período de cotización ao Rexime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar de cando menos 12 meses ao longo da súa vida laboral.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

OFICINA COMARCAL DO MAR EN FERROL

PRAZA CAMILO JOSÉ CELA,S/N,
15403Ferrol
Teléfono: 981337315Fax: 981337318

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201Vigo
Teléfono: 986817113Fax: 986817160

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

OFICINA COMARCAL DO MAR EN RIBEIRA

PRAZA DOS MARIÑEIROS, S/N
15960Ribeira
Teléfono: 881997155Fax: 881997151

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

OFICINA COMARCAL DO MAR EN PONTEVEDRA

Rúa Fernández Ladreda, nº 43 - 4ª Planta
36003Pontevedra
Teléfono: 986805470Fax: 986805512
Email: delegación.mar.pontevedra@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

OFICINA COMARCAL DO MAR EN VILAGARCÍA DE AROUSA

Alto da Rosa s/n - Carril
36610Vilagarcía de Arousa
Teléfono: 886206308Fax: 886206314
Email: xefatura.cmar.vilagarcia@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE LUGO (CELEIRO)

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863Viveiro
Teléfono: 982555002Fax: 982555005

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15701Santiago de Compostela
Teléfono: 981547479Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Información web: http://webpesca.xunta.es.

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 2 - 5º ANDAR
15006Coruña, A
Teléfono: 981182029Fax: 981182027

Versión en formato PDF

Establecer as bases reguladoras xerais e convocar para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás persoas armadoras e tripulacións de embarcacións afectadas pola paralización temporal da actividade marisqueira no marco da medida de conservación á que se refire a epígrafe 1 do artigo 1 desta orde.

Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade de marisqueo a flote con vara nos bancos marisqueiros sub-litorais da ría de Arousa (Lombos do Ulla, O Boído, Cabío e outras zonas de libre marisqueo), as persoas que teñan a condición de:
a) Armadoras das embarcacións que estean rexistradas como activas no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e que levaran a cabo actividade cando menos 120 días durante os anos 2014 e 2015.
b) Tripulantes que traballasen cando menos 120 días durante os anos 2014 e 2015, a bordo dunha embarcación afectada pola paralización temporal.
2. Os 120 días mínimos exixidos na epígrafe 1 deste artigo deberán terse realizado na na modalidade de marisqueo (Z3) ou libre marisqueo (Z3), durante os anos 2014 e 2015.
Estes días de actividade verificaranse mediante os rexistros da actividade pesqueira e as vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados así como as declaracións de recollida, e que serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.
3. As persoas armadoras e tripulantes deberán estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. A axuda por paralización temporal poderá concederse por unha duración máxima de seis meses por embarcación e tripulante, durante o marco de programación do FEMP 2014-2020.
5. Se durante o período de veda temporal unha embarcación é substituída por outra de nova construción, a embarcación substituta participará de todos os dereitos da anterior, para os efectos da concesión da axuda por paralización temporal.
6. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas nas que concorran algunha das seguintes circunstancias:
a) As sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, durante todo o período de tempo previsto en aplicación deste.
c) Ter sido sancionados coa imposibilidade de obtención de préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.
Obrigas das persoas beneficiarias
1. As persoas beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos establecidos na normativa de aplicación a estas.
2. As persoas beneficiarias deberán:
a) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución ou a consecución dos fins para os que foi concedida a axuda da que se trate.
b) Facilitar toda a información que lles sexa requirida en relación ás subvencións e someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente, así como aos órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.
c) Manter e/ou conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un mínimo de cinco anos dende a percepción do último pagamento, para os efectos de comprobación e control.
d) Manter un sistema de contabilidade separado, ou ben asignar un código contable adecuado que permita coñecer todas as transaccións relacionadas coa operación que se subvenciona, co obxecto de facilitar a pista de auditoría, de acordo co artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos «Fondos EIE».
3. De acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a presentación da solicitude de concesión da subvención comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, co fin de acreditar que a persoa solicitante está ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o seu consentimento, e deberá presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente. Se por razóns técnicas ou doutra índole estes certificados non puideren ser obtidos polo órgano xestor, poderán serlles requiridos á persoa interesada.
Obriga das persoas empresarias ou armadoras
As persoas empresarias ou armadoras deberán manter ás súas persoas traballadoras en situación de alta na Seguridade Social durante o período de inactividade.
No caso de que a persoa beneficiaria fose armadora autónoma enrolada como tripulante deberá permanecer de alta como tal traballadora autónoma na Seguridade Social durante dito período de inactividade.

Requisitos:

Requisitos esixibles ás persoas armadoras
As persoas armadoras, que sexan beneficiarias, terán que cumprir os seguintes requisitos:
a) Que a embarcación pertenza á 3ª lista do Rexistro de Buques e Empresas Navieiras.
b) Que a embarcación teña porto base na Comunidade Autónoma galega e estea en situación de alta no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que o permiso de explotación da embarcación, que deberá estar vixente, inclúa a modalidade de «marisqueo (Z3)» ou «libre marisqueo (Z3)». O cumprimento deste requisito verificarase mediante a información que obra na Consellería do Mar.
d) Para os efectos de que as persoas tripulantes obxecto da paralización temporal poidan acollerse ás axudas correspondentes, xustificación de que a persoa armadora ou empresaria presentou ante as autoridades laborais a correspondente comunicación de inicio do procedemento de suspensión dos contratos regulados no artigo 47 do Estatuto dos traballadores, polo total da tripulación enrolada na embarcación, na data do último día previo ao inicio da parada, para os efectos de poder adoptar a decisión de suspender os contratos de traballo.
Eximirase deste requisito, cando a persoa armadora xustifique documentalmente a non existencia de persoas traballadoras no momento de producirse a paralización temporal.
e) A paralización, de feito, de todas as actividades de pesca e marisqueo realizadas pola embarcación durante todo o período que dure a parada temporal segundo o establecido no artigo 11.1. Esta circunstancia deberá quedar recollida no rol de despacho, no que se indicará expresamente que a embarcación entra en porto para iniciar unha parada temporal da actividade pesqueira e, igualmente o día de saída indicarase que a embarcación finaliza a súa parada temporal.
A suspensión da actividade pesqueira acreditarase a través da entrega do rol na Capitanía Marítima do porto no momento da súa chegada.
A inactividade pesqueira deberá ser total e a embarcación permanecerá no porto durante todo o período computable da parada, non poderá ser despachada para ningunha actividade.
f) Estar en situación de alta na Seguridade Social asociada á embarcación afectada no momento de sobrevir a paralización temporal.
g) Estar ao corrente das súas obrigas fiscais e coa Seguridade Social. No caso de que as persoas solicitantes sexan unha pluralidade de persoas sen personalidade xurídica, cada un/unha dos/as solicitantes deberán cumprir este requisito.
Requisitos esixibles ás persoas tripulantes
1. As persoas tripulantes, que sexan beneficiarias de acordo co establecido no artigo 4, deberán cumprir cos seguintes requisitos:
a) Estar enrolada a bordo dunha embarcación afectada pola paralización temporal.
b) Estar incluída nun procedemento de suspensión das relacións laborais, excepto no caso das persoas traballadoras por conta propia que teñan a consideración de familiares colaboradores da persoa armadora.
c) Estar en situación de alta na Seguridade Social e manter ininterrompida a relación laboral coa empresa armadora da embarcación na que se atopaban enroladas no momento de sobrevir a paralización temporal.
Tamén poderán percibir axudas as persoas tripulantes que, mantendo ininterrompida a súa relación laboral coa empresa, non figuren enroladas no momento da paralización temporal como consecuencia dunha incapacidade laboral, permisos retribuídos, vacacións, excedencia e/ou expectativa de embarque, maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural; sempre e cando cumpran os demais requisitos establecidos no punto 1 e quede acreditado o cese nesa situación ao longo do período de tempo de duración da paralización temporal.
d) Acreditar un período de cotización no Réxime Especial da Seguridade Social dos/das traballadores/as do Mar, de cando menos, doce meses ao longo da súa vida laboral.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 22 de xaneiro de 2016 pola que se fan públicos os anexos da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establece unha veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, Boído, Cabío e outras zonas), se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2016 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas por esta medida de conservación (cofinanciadas ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (DOG nº 21 do 2 de febreiro de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establece unha veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa (Lombos do Ulla, Boído, Cabío e outras zonas), se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2016 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, por paralización temporal da actividade marisqueira ás persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas por esta medida de conservación (cofinanciadas ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.