PE402B - Inscrición no censo de embarcacións, autorizadas na reserva mariña os Miñarzos.
Obxecto
O obxecto da presente resolución é iniciar o proceso para a inscrición de embarcacións no censo da Remip Os Miñarzos.
Requisitos
As embarcacións que soliciten a inscrición deberán cumprir cos seguintes requisitos:
a) O permiso de explotación da embarcación que estará en vigor deberá conter algunha das modalidades autorizadas no ámbito da Remip Os Miñarzos, de acordo co establecido nos artigos 5 e 6 bis do Decreto 87/2007, do 12 de abril, o artigo 4 da Orde do 27 de novembro de 2007 e o Plan de xestión integral aprobado para o ano 2018.
b) A embarcación terá porto base na Comunidade Autónoma galega e deberá estar inscrita no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.
Para poder desenvolver a actividade pesqueira no ámbito da Remip Os Miñarzos, as embarcacións deberán cumprir as seguintes condicións:
a) Permitir a instalación dun sistema de localización conectado ás baterías da embarcación, o que impide o seu apagado mentres a embarcación estea operativa, é dicir, desde a saída do porto ata a entrada neste (artigo 7.3 da Orde do 27 de novembro de 2007, modificada pola Orde do 26 de febreiro de 2009: «Para facilitar os labores de seguimento e control da actividade pesqueira e/ou marisqueira, os armadores das embarcacións inscritas no censo deberán permitir a instalación de dispositivos de identificación»).
b) Comunicar telefonicamente ou por radio VHF a entrada e saída na Remip Os Miñarzos (artigo 7.1 da Orde do 27 de novembro de 2007: «Todos aqueles que efectúen a actividade pesqueira e/ou marisqueira no ámbito da reserva mariña deben comunicarlle ao persoal asignado á xestión, seguimento e control da reserva a súa entrada na zona da reserva mariña, identificándose convenientemente e notificándolle as capturas no momento de acceder á reserva. Así mesmo, deben notificar a súa saída, o número de artes caladas ou empregadas e as capturas realizadas na zona da reserva. Estas comunicacións deben efectuarse de maneira que lle permitan ao órgano de xestión, seguimento e control realizar a comprobación dos datos transmitidos»).
c) Comunicación das capturas. Esta información será enviada semanalmente á persoa responsable do seguimento científico a través de estados específicos. A información será tratada de xeito confidencial e poderá ser utilizada exclusivamente con fins científicos e de xestión.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
CONSELLERÍA DO MAR
DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
SUBDIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO
SERVIZO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996052
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Órgano responsable
DIRECCIÓN XERAL DE PESCA, ACUICULTURA E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 236 do 7 de decembro de 2007).
Corrección de erros.-Orde do 27 de novembro de 2007 pola que se regula o uso e xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 243 do 18 de decembro de 2007)
Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifica a Orde do 27 de novembro de 2007, pola que se regula o uso e a xestión da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 48 do 10 de marzo de 2009).
Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 88 do 8 de maio de 2007).
Corrección de erros.-Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 137 do 16 de xullo de 2007).
Decreto 241/2008, do 2 de outubro, polo que se modifica o Decreto 87/2007, do 12 de abril, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 210 do 29 de outubro de 2008).
Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Resolución do 28 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición de embarcacións no censo da reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 52 do 14 de marzo de 2018).
Resolución do 24 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se aproba o censo provisional de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 104 do 1 de xuño de 2018).
Resolulción do 25 de xuño de 2018 pola que se aproba o censo definitivo de embarcacións autorizadas a faenar na reserva mariña de interese pesqueiro Os Miñarzos (DOG nº 124 do 29 de xuño de 2018).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres