PE401L - Outorgamento das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación para embarcación e da acreditación para a explotación do percebe.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial nun prazo mínimo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria do proceso selectivo.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Solicitude (Anexo III).
  • Para o outorgamento da modalidade de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación:
    • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
    • No suposto de cotitularidade, copia do DNI ou NIE do resto das persoas titulares da embarcación, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.No caso de autorizarse a consulta de datos deberá realizarse de acordo co modelo do anexo IX.
    • Copia do DNI ou NIE da persoa representante, en caso de non ter autorizado á consulta desta información á Consellería do Mar.
    • Documento que acredite a representación coa que actúa a persoa representante, se e o caso.
    • Xustificante do pagamento das taxas, agás no caso que o pagamento se realizase de forma telemática.
    • Documentación acreditativa de cada un dos aspectos que se van a valorar segundo o baremo aprobado.
    • Certificacións profesionais da tripulación, agás no suposto de autorización á consulta destes datos á Consellería do Mar. No caso de autorizarse a consulta de datos deberá realizarse de acordo co modelo do anexo X.
    • Rol de despachos actualizado da embarcación coa dotación da tripulación enrolada nela.
    • Copia do NIF da persoa xurídica solicitante, en caso de non ter autorizado á consulta desta información á Consellería do Mar.
  • Para a obtención da acreditación para a explotación do percebe:
    • Rol de despachos da embarcación coa dotación da tripulación enrolada nela.
    • Libreta de inscrición marítima onde conste o nome das persoas tripulantes embarcadas.
    • Certificado de percebeiro/a da persoa tripulante. Non será preciso presentar esta documentación no suposto de autorización expresa á Consellería do Mar por parte da persoa tripulante para a consulta destes datos deacordo co modelo do anexo X.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número do expediente e o número e código único de rexistro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

SERVIZO DE RECURSOS MARIÑOS (VIGO)

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201Vigo
Teléfono: 986817121Fax: 986817030

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

SERVIZO DE RECURSOS MARIÑOS DE CORUÑA

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR
15006Coruña, A
Teléfono: 981182012Fax: 981182228

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

SERVIZO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701Santiago de Compostela
Teléfono: 881996052Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Información web: http://webpesca.xunta.es.

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE LUGO (CELEIRO)

SERVIZO DE RECURSOS MARIÑOS (CELEIRO)

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863Viveiro
Teléfono: 982555028Fax: 982555007

Versión en formato PDF

A presente orde ten por obxecto regular as habilitacións necesarias para a explotación de recursos específicos e os plans de xestión para estes recursos.
Para os efectos da súa regulamentación, intégranse na categoría de recursos específicos o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anemones e poliquetos, así como calquera outro que determine a consellería competente en materia de marisqueo mediante a aprobación do correspondente plan de xestión.
Será de aplicación á explotación de recursos específicos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de marisqueo.
As modalidades de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación outórganse por un período anual e renóvase por períodos iguais, coincidindo coa aprobación do correspondente plan de xestión.
No caso de empregarse técnicas de mergullo para a extracción de recursos específicos, será necesario que as persoas tripulantes posúan os certificados profesionais correspondentes.
Acreditacións para a explotación de percebe
1. Para poder realizar a actividade extractiva de percebe, as persoas tripulantes dunha embarcación habilitada para a explotación de percebe deberán estar en posesión do certificado de percebeiro/a e dispoñer dunha acreditación vinculada a unha embarcación inscrita nun plan de xestión.
2. A acreditación conterá a información segundo o modelo que figura como anexo V.

Beneficiarios:

Pesoas físicas.

Requisitos:

1. Os requisitos para a obtención da modalidade de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación serán:
a) Ter menos de cinco artes ou modalidades no seu permiso de explotación de embarcación. No caso de ter cinco, deberá xustificarse a renuncia a unha delas unha vez seleccionada á embarcación.
b) Ter menos de 3 TRB ou 2,6 GT no caso da modalidade de percebe e ter menos de 10 TRB ou 10 GT para o resto das modalidades.
c) Dispoñer de medios mecánicos de propulsión.
d) Que as persoas tripulantes estean en posesión dos certificados profesionais correspondentes.
2. Ser armador/a dunha embarcación que teña algunha modalidade de recursos específicos no seu permiso de explotación é incompatible con ser titular dun permiso de explotación a pé para recursos específicos.
As persoas titulares dun permiso de explotación a pé para recursos específicos poderán presentarse ao proceso selectivo para obter as modalidades desde embarcación para este tipo de recursos, pero renunciarán ao dito permiso no momento da obtención dalgunha delas.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 115 do 15 de xuño de 2007).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.