PE401B - Permiso de explotación a pé.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial nun prazo mínimo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria do proceso selectivo.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Solicitude (Anexo II).
  • Para o outorgamento do permiso de explotación para o marisqueo a pe: marisqueo xeral ou recursos específicos.
    • Documentación acreditativa de cada un dos aspectos que se valorarán segundo o baremo aprobado:
      • Informe actualizado do Servizo Público de Emprego xunto co informe actualizado da vida laboral, agás no suposto de autorización á Consellería do Mar, para a consulta destes datos.
      • Certificación actualizada do empadroamento no que conste a antigüidade, agás no suposto de autorización á Consellería do Mar, para a consulta destes datos.
      • Formación.
      • Experiencia profesional.
    • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
    • Xustificante do pagamento das taxas, agás no caso que o pagamento se realizase de forma telemática.
    • Certificación profesional correspondente, no caso de que a persoa solicitante esBvese en posesión dunha delas. Non será necesario en caso de autorización á Consellería do Medio Rural e do Mar para a consulta destes datos.
  • Para o cambio de entidade do permiso de explotación a pe de entidade titular asociativa. Só para permisos de explotación a pe para marisqueo xeral:
    • No suposto de ser vítima de violencia de xenero: Documentación que acredite tal situación por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero.
    • No suposto de ter a cargo unha persoa en situación de dependencia: Informe das condicións de saúde ou informe dos servizos sociais ou resolución de recoñecemento da situación de dependencia. Non será necesario en caso de autorización expresa da persoa dependente á Consellería do Mar para a consulta destes datos segundo o anexo XI.
    • Informe favorable e motivado das entidades de orixe e destino. Será preciso presentalo en calquera dos casos anteriores.
  • Para a renovación do permiso de explotación para o marisqueo a pe: marisqueo xeral ou recursos específicos:
    • Certificado da agrupación sectorial, de estar constituída, e da entidade titular do plan de xestión da porcentaxe dos días dedicados ás actividades de semicultivo e os traballos de control, protección e vixilancia, con expresión das datas dedicadas ás tarefas. Así mesmo, incluirase a información necesaria sobre o desenvolvemento das actividades, que permita calcular se a persoa solicitante cumpre a porcentaxe necesaria para renovar o permiso de explotación. Esta documentación só será necesaria cando ditas actividades computen para a renovación do permiso de explotación, sempre que así estea recollido no plan de xestión aprobado.
    • Certificado da agrupación sectorial, de estar constituída, e da entidade titular do plan de xestión respecto ao cumprimento das prescricións específicas do plan do ano natural anterior. Esta documentación só será necesaria presentala cando o plan de xestión para recursos específicos recolla prescricións de obrigado cumprimento.
    • Informe de vida laboral no que conste o período de alta no rexime especial da Seguridade Social dos/as traballadores/as do mar. Non será necesario en caso de autorización á Consellería do Mar para a consulta destes datos.
    • Documentación que acredite non ser perceptor/a de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, a favor de familiares ou perceptor/a da renda de integración social de Galicia. Non será necesario en caso de autorización á Consellería do Mar para a consulta destes datos.
    • Xustificante do pagamento das taxas, agás no caso que o pagamento se realizase de forma telemática.
  • Para o caso da suspensión da vixencia do do permiso de explotación para o marisqueo a pe: marisqueo xeral ou recursos específicos:
    • Estar ao coidado dun/dunha fillo/a: Documentación que acredite a data de nacemento do/da fillo/filla, no caso de ser por natureza, ou ben por resolución xudicial ou administrativa, nos casos de adopción ou acollemento.
    • Estar ao coidado dun familiar ata o 2º grao de afinidade ou cosanguinidade: Informe das condicións de saúde ou informe dos servizos sociais ou resolución do recoñecemento da situación de dependencia. Non será preciso achegar a resolución de recoñecemento da situación de dependencia ditada pola administración autonómica, en caso de autorización por parte da persoa dependente á Consellería do Mar para a consulta destes datos, segundo o anexo XI.
    • No suposto de ser vítima de violencia de xenero: Documentación que acredite tal situación por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xenero.
    • No caso de incapacidade permanente total ou incapacidade permanente absoluta con carácter revisable: Informe do Instituto Social da Mariña agás no caso de autorización expresa á Consellería do Mar para a consulta destes datos.
    • No suposto de cesamento da actividade: Copia da solicitude ante o Instituto Social da Mariña. Unha vez recoñecida a protección por cese da actividade, achegarase a resolución do Instituto Social da Mariña, agás no caso de autorización á Consellería do Mar para a consulta destes datos.
    • Informe de vida laboral, agás no caso de autorización a Consellería do Mar para a consulta destes datos.
    • Certificado da entidade titular do plan de xestión no que se faga constar que a persoa solicitante está ao corrente das obrigas que poda ter como socia da confraría ou entidade á que está asociada e da agrupación sectorial en que estea integrada, de estar constituída.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número do expediente e o número e código único de rexistro.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DA CORUÑA

SERVIZO DE RECURSOS MARIÑOS DE CORUÑA

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR
15006Coruña, A
Teléfono: 981182012Fax: 981182228

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE VIGO

SERVIZO DE RECURSOS MARIÑOS (VIGO)

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201Vigo
Teléfono: 986817121Fax: 986817030

CONSELLERÍA DO MAR

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO

SERVIZO DE XESTIÓN DOS RECURSOS MARISQUEIROS
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701Santiago de Compostela
Teléfono: 881996052Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Información web: http://webpesca.xunta.es.

CONSELLERÍA DO MAR

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MAR DE LUGO (CELEIRO)

SERVIZO DE RECURSOS MARIÑOS (CELEIRO)

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863Viveiro
Teléfono: 982555028Fax: 982555007

Versión en formato PDF

Regular os permisos de explotación a pé (marisqueo xeral ou recursos específicos).

Beneficiarios:

Persoas físicas.

Requisitos:

Requisitos para a obtención
1. Para obter o permiso de explotación a pé para recursos específicos, a persoa solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar empadroada nun municipio do litoral de Galicia.
b) Estar en posesión da certificación profesional correspondente.
c) Ser maior de 18 anos ou menor emancipada e non superar a idade exixida para ter dereito á pensión de xubilación, na súa modalidade contributiva, conforme o previsto na normativa en materia de seguridade social.
d) Non estar incapacitada para exercer os labores de marisqueo.
e) Non ser perceptora de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptora da renda de integración social de Galicia.
2. A eficacia do permiso de explotación a pé para recursos específicos vén condicionada pola afiliación da persoa titular ao réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
3. Ser titular dun permiso de explotación a pé para recursos específicos é incompatible con ser armador/a dunha embarcación que teña algunha modalidade de recursos específicos no seu permiso de explotación.
Os/as armadores/as dunha embarcación que teñan modalidades de recursos específicos poderán presentarse ao proceso selectivo para obter o permiso de explotación a pé para os ditos recursos, pero renunciarán a elas no momento da obtención do dito permiso.
Requisitos para a renovación.
1. A renovación do permiso de explotación a pé requirirá:
a) Cumprir as prescricións específicas contidas no plan de xestión.
b) Ter realizado actividade suficiente, entendendo como tal aquela que se realiza de modo efectivo durante un mínimo de:
1º. O 70 % dos días que foron efectivos dos autorizados para a extracción dentro do plan de xestión da entidade.
2º. O 95 % dos días efectivos dos autorizados dentro do plan de xestión da entidade para as actividades de semicultivo necesarias para a mellora da produción; así como dos traballos de control, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros que foron autorizados con carácter xeral no marco do plan. Os días empregados nas actividades anteriores computaranse para os efectos de renovación do permiso de explotación, sempre que así estea recollido no plan de xestión aprobado.
2. Para os efectos de calcular as anteditas porcentaxes teranse en conta as seguintes situacións:
a) Descontarase do período efectivo e autorizado o tempo durante o cal a persoa titular permanecese inactiva por causa de forza maior debidamente xustificada, por ter recoñecidos dereitos pola Seguridade Social por ser vítima de violencia de xénero e por atoparse nalgunha das seguintes situacións protexidas pola Seguridade Social: incapacidade temporal, maternidade ou paternidade, por nacemento de fillo/a, adopción ou acollemento, risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural.
No caso dos/as patróns/oas maiores, presidentes/as das agrupacións sectoriais e presidentes/as das federacións de confrarías, considerarase causa xustificada de inactividade o período de tempo empregado nos labores de representación, cando coincida co día de actividade de marisqueo.
b) No caso do percebe, non se computarán como días de actividade efectiva aqueles en que se acredite que traballaron menos do 15 % das persoas con permiso de explotación para percebe a pé.
c) No caso de que unha persoa participe en varios plans de xestión, para renovar o permiso de explotación computarase o total dos días de traballo autorizados e que fosen efectivos para todos os plans en que participe, sen que se poidan contabilizar días de actividade por duplicado.
Requisitos para a suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación
1. Poderá suspenderse temporalmente a vixencia do permiso de explotación nos supostos anteriores, sempre e cando na persoa solicitante se dean os seguintes requisitos:
a) Ter un mínimo dun (1) ano de antigüidade como titular dun permiso de explotación a pé para recursos específicos, no caso dos supostos recollidos no artigo 19.
b) Non ter actividade laboral retribuída, sen prexuízo de percibir unha prestación económica por coidados no ámbito familiar dunha persoa dependente de conformidade coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
c) Estar ao día coas obrigas que poida ter como membro da entidade a que está asociada e/ou da agrupación en que estea integrada.
2. Non se exixirá que transcorra un período mínimo de actividade entre dúas resolucións de suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación.
3. A suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación deberá ser prorrogada anualmente xunto coa solicitude de renovación do permiso de explotación.
4. As persoas que teñan suspendida temporalmente a vixencia do seu permiso de explotación manteranse incluídas nos plans de xestión, o que permitirá que reinicien a actividade, logo de comunicación á xefatura territorial do cesamento da causa que orixinou a suspensión, de ser o caso.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 115 do 15 de xuño de 2007).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2012).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 144 do 28 de xullo de 2011)

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.