MT982A - Autorización de admisión de residuos valoralizables en vertedoiros.
Obxecto
O obxecto desta orde é o establecemento dunha normativa técnica adecuada para as actividades de eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiros, desenvolvendo o disposto no Real decreto 1481/2001, do 27 de decembro, polo que se regula a eliminación de residuos mediante depósito en vertedoiro.
Os vertedoiros clasificaranse nalgunha das categorías seguintes:
a) Vertedoiro para residuos inertes.
b) Vertedoiro para residuos non perigosos: inclúense dentro desta categoría os vertedoiros de residuos municipais e os de construción e demolición.
c) Vertedoiro para residuos perigosos.
Especificamente neste procedemento regulase a autorización a admisión de residuos valorizables en vertedoiro cando por circunstancias conxunturais do mercado non resulte posible a comercialización dos produtos obtidos como consecuencia do proceso de valorización.
Enténdese que estas circunstancias conxunturais do mercado se dan nos casos seguintes:
a) Cando as instalacións de valorización existentes suspendan a súa actividade.
b) Cando a produción sobrevida do residuo valorizable non poida ser absorbida polas plantas de valorización existentes.
c) Cando o prezo da reciclaxe altere substancialmente os custos de xestión existentes.
A autorización determinará:
a) O proceso produtivo que orixina o residuo.
b) Código LER e descrición do residuo.
c) O tempo máximo da autorización. Para determinar ese prazo terase en conta o solicitado polo interesado; en ningún caso o prazo outorgado superará os 12 meses.
d) As condicións de fiscalización e ambientais necesarias.
e) Os vertedoiros que poden recibir o residuo valorizable, no caso de que nas alegacións formuladas polos interesados no trámite de audiencia se propoña a necesidade de estender a autorización a outros interesados.
f) As garantías adicionais necesarias para afianzar as consecuencias da vertedura.
A denegación, de ser o caso, formularase por resolución motivada que será notificada ao interesado.
O órgano administrativo competente en materia de residuos, cando considere que, dándose algunha das circunstancias previstas anteriormente, os residuos non poden ser xestionados en Galicia doutra forma diferente á vertedura, poderá autorizar, nun procedemento iniciado de oficio, a admisión de residuos valorizables en vertedoiro. Na resolución da autorización deberá indicar:
a) As instalacións de vertedura. En caso de que existan varias instalacións que teñan capacidade técnica e ambiental para eliminar o residuo, a autorización outorgarase a todas elas.
b) Código LER e descrición do residuo.
c) As condicións de fiscalización e ambientais necesarias.
d) O período máximo de vixencia da autorización. Para a determinación do dito prazo terase en conta as circunstancias que motivaron a excepción, sen que en ningún caso poida superar os 12 meses.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541703
Fax: 981957375
Órgano responsable
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
Orde do 20 de xullo de 2009 pola que se regula a construción e a xestión dos vertedoiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 168 do 27 de agosto de 2009).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres