MT808A - Axudas para entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola.
Obxecto
O obxecto desta orde é regular a concesión de axudas a entidades colaboradoras que realicen actividades e investimentos para o fomento da riqueza piscícola.
Actividades subvencionables.
- A actividade obxecto de axuda é a vixilancia de tramos de pesca fluvial.
En ningún caso se outorgarán axudas para:
a) Gastos de equipamento e material para a entidade colaboradora.
b) O IVE.
c) Aqueles gastos que figuran no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.
A quen vai dirixido?
As sociedades ou asociacións que teñan o nomeamento de entidade colaboradora, de conformidade co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Este nomeamento deberá estar en vigor tanto no momento de presentar a solicitude de axuda como no momento do pagamento desta.
Obrigacións das beneficiarias
1. A aprobación da subvención implicará o compromiso das solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións previstas na resolución.
2. As beneficiarias deberán conservar, polo menos durante cinco anos, os documentos acreditativos da utilización dos fondos recibidos, segundo o artigo 11.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos
Para que estas axudas poidan outorgarse, deberanse cumprir as seguintes condicións:
a) A vixilancia dos tramos de pesca deberá ser exercida por vixilantes xurados de pesca fluvial, con nomeamento regulado segundo os artigos 29 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e 86 do seu regulamento.
b) Poderán acollerse a estas axudas os contratos en vigor a partir do 1 de outubro do 2014 ata o 30 de setembro do 2015.
c) Será obxecto de axuda a vixilancia que se realice a xornada completa (40 horas semanais), e a subvención reducirase proporcionalmente no caso de xornadas inferiores.
d) Ao comezo ou finalización do contrato, de non alcanzar un mes completo, ratearase a subvención segundo os días de vixilancia efectiva.
En todos os casos se deberán indicar os coutos e os municipios onde se van desenvolver as actividades para as cales se solicita a subvención.
Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Só se poderá optar a estas axudas cando os tramos de pesca xestionados polas sociedades ou asociacións se atopen dentro das zonas rurais establecidas no anexo VI.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Servizo de Caza e Pesca Fluvial
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546094 / 981546093
Fax: 981546102
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Servizo de Conservación da Natureza da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184539
Fax: 881881320
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Servizo de Conservación da Natureza de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393
Fax: 982294539
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
R/ Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386511
Fax: 988386929
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097 / 986805469
Fax: 986805436
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Servizo de Caza e Pesca Fluvial
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 29 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2015).
Orde do 8 de outubro de 2015 pola que se amplía o prazo de xustificación da fin das actividade e do pagamento de conceptos correspondentes establecido na Orde do 29 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 197 do 15 de outubro de 2015).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres