MT807B - Sorteo de permisos en coutos de pesca fluvial (Modalidade individual ou creación dun grupo de participantes).
Obxecto
O obxecto destas normas é adxudicar mediante sorteo os permisos de pesca fluvial en coutos para a tempada de 2019.
En cada servizo provincial de Conservación da Natureza realizaranse dous sorteos:
Sorteo de salmón: incluirá os permisos de coutos de salmón, mesmo os de pesca sen morte en coutos de salmón.
Sorteo de troita: incluirá os permisos de troita, de reo, de pesca intensiva e aqueles de pesca sen morte non incluídos no sorteo anterior.
Calendario.
Inicio do período de presentación de solicitudes: ao día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas.
Límite de presentación de solicitudes: 20 de novembro de 2018, ás 14.00 horas.
Publicación das listaxes provisionais de persoas excluídas e admitidas: 27 novembro de 2018.
Publicación das listaxes definitivas de persoas excluídas e admitidas: 12 de decembro de 2018.
Data de sorteo: 20 de decembro de 2018, ás 12.00 horas.
Os resultados dos sorteos, as listaxes de participantes coa orde resultante, a data e a hora de escolla de cada participante e demais datos e normas aplicables publicaranse na páxina web https://pescafluvial.xunta.gal. O acceso á aplicación requirirá o NIF e máis o número da licenza de pesca fluvial.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Pescadores en coutos de pesca fluvial.
Requisitos
Para participar nos sorteos é preciso ser titular dunha licenza de pesca fluvial en vigor no momento de presentar a solicitude. Para o cumprimento deste requisito terán a mesma validez as licenzas autonómicas e interautonómicas de pesca fluvial.
A participación no sorteo, individual ou en grupo, requirirá o pagamento da taxa establecida no anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, modificado por Resolución da Axencia Tributaria de Galicia do 20 de decembro de 2017, co código 30.14.12 e denominación "Participación en sorteos de distribución de permisos de pesca fluvial". Con esta finalidade, a toda solicitude de participación xuntaráselle a acreditación do pagamento nunha das entidades financeiras colaboradoras da Axencia Tributaria de Galicia ou mediante as modalidades de pagamento de taxas e prezos da páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (Oficina Virtual Tributaria, http://www.atriga.gal).
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Servizo de Conservación da Natureza da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182299
Fax: 881881320
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Servizo de Conservación da Natureza de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294514 / 982294538
Fax: 982294539
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
R/ Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386511
Fax: 988386929
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097
Fax: 986805436
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 15 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se fixan as normas dos sorteos e da venda de permisos de pesca en coutos para a tempada 2019 (DOG nº 207 do 30 de outubro de 2018).
Trámites relacionados
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres