MT804B - Axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia.
Obxecto
O obxecto desta orde é regular a concesión de axudas ás persoas ou entidades propietarias de árbores e formacións senlleiras para a súa conservación, protección e mellora.
Actividades subvencionables.
1. As actividades que poden ser obxecto de axuda, en relación coas árbores e formacións senlleiras incluídas nos anexos I e II do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, e que estean validamente inscritas no Catálogo galego de árbores senlleiras, consonte os preceptos establecidos no capítulo II do devandito decreto, con anterioridade á entrada en vigor desta orde, son as seguintes:
a) Realización de podas e actuacións de formación e control da copa.
b) Realización de estudos.
c) Aplicación de tratamentos fitosanitarios.
d) Accións encamiñadas á conservación e mellora do contorno.
e) Elaboración de materiais divulgativos.
f) Sinalización.
g) Creación, mantemento e conservación de accesos relacionados co réxime de uso público.
2. En ningún caso se outorgarán axudas para:
a) O IVE.
b) Aqueles gastos que figuran no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.
c) Aquelas actuacións ou actividades que poñan ou poidan poñer en perigo os valores que xustificaron a especial protección das árbores ou formacións senlleiras e a súa inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.
3. Para que estas axudas poidan outorgarse, deberanse cumprir as seguintes condicións:
3.1. Respecto da realización de podas e actuacións de formación e control da copa:
a) Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa realización de podas e actuacións de formación e control da copa que se consideren precisas para a conservación e mellora dos elementos catalogados.
b) As características das podas e actuacións de formación e control da copa deberán ser validados polo servizo provincial de Conservación da Natureza, previamente ao seu desenvolvemento.
3.2. Respecto da realización de estudos:
a) Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa realización de estudos fitosanitarios, biomecánicos e calquera outro que se considere preciso para a conservación e mellora dos elementos catalogados.
3.3. Respecto da aplicación de tratamentos fitosanitarios:
a) Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa adquisición e aplicación de produtos fitosanitarios, e posterior xestión dos residuos con xestores autorizados.
b) As características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que requirirá da aprobación do servizo provincial de Conservación da Natureza previamente á súa execución.
3.4. Respecto do desenvolvemento de accións encamiñadas á conservación e mellora do contorno:
a) Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa conservación e mellora das inmediacións dos elementos catalogados incluíndo, entre outros, descompactación ou fertilización do terreo, retirada ou modificación de elementos prexudiciais para os elementos catalogados por cuestións sanitarias ou estéticas, ou plantación de novos exemplares (só no caso de formacións senlleiras).
b) As características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que requirirá da aprobación do servizo provincial de Conservación da Natureza previamente á súa execución.
3.5. Respecto da elaboración de materiais divulgativos:
a) Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa difusión da información da condición de árbores e formacións senlleiras incluíndo, entre outros, deseño e impresión dos materiais.
b) O formato, o contido e demais características dos materiais divulgativos deberán ser validados polo servizo provincial de Conservación da Natureza, previamente á edición dos materiais.
3.6. Respecto da sinalización:
a) Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa información á beira dos elementos catalogados da súa condición de árbores e formacións senlleiras incluíndo, entre outros, sinais, soportes e gastos de colocación.
b) O formato, a situación e demais características dos sinais deberán ser validados polo servizo provincial de Conservación da Natureza, previamente á execución dos traballos.
3.7. Respecto dos accesos:
a) Serán subvencionables a creación, o mantemento e a conservación de accesos aos elementos catalogados.
b) As características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que requirirá da aprobación do servizo provincial de Conservación da Natureza previamente á súa execución.
4. En ningún caso se poderán ter iniciado as actividades antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. É condición indispensable que, con anterioridade ao comezo dos traballos, o servizo provincial de Conservación da Natureza expida ou valide unha certificación de non inicio dos traballos, que será realizada de oficio a partir do momento da recepción da solicitude da axuda.
5. En todos os casos, deberanse indicar os elementos catalogados onde se van desenvolver as actividades para as que se solicita a subvención.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
As persoas físicas ou xurídicas, incluíndo os concellos, propietarias das árbores incluídas no anexo I ou formacións incluídas no anexo II do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, e sempre e cando estas árbores e/ou formacións estean incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras con anterioridade á entrada en vigor da presente orde.
Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias.
1. A aprobación da subvención implicará o compromiso das persoas ou entidades solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións previstas na resolución.
2. As persoas ou entidades beneficiarias deberán conservar, polo menos durante cinco anos, os documentos acreditativos da utilización dos fondos recibidos, segundo o artigo 11.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Requisitos
- Só se admitirá unha única solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cando unha mesma persoa ou entidade solicitante sexa propietaria de máis dunha árbore e/ou formación senlleira, deberá presentar unha única solicitude que abranguerá todas as árbores e/ou formacións para as que se solicita a axuda.
- En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou que foran sancionadas por infraccións ao Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras.
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
San Lázaro,s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981543978
Fax: 981957106
Email: dxcn@xunta.es
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Servizo de Conservación da Natureza da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184539
Fax: 881881320
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Servizo de Conservación da Natureza de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393
Fax: 982294539
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
R/ Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386511
Fax: 988386929
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097 / 986805469
Fax: 986805436
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 9 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia, e se convocan para o ano 2015(DOG nº 70 do 15 de abril de 2015).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres