MT804A - Inclusión no catálogo de árbores senlleiras.
Obxecto
Aprobar o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras, regular o procedemento para a inclusión destas árbores e formacións singulares no dito catálogo, así como establecer o réxime xurídico básico para as árbores e formacións que se inclúen nel.
Terán a consideración de senlleiras as árbores e as formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecentes de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección.
O procedemento de catalogación ou descatalogación poderá ser iniciado de oficio pola consellería competente en materia de conservación da natureza ou por solicitude de persoa interesada.
A iniciación do procedemento de catalogación dun exemplar ou formación singular só levará unida a aplicación inmediata e provisional das medidas de protección establecidas neste decreto cando así o acorde a Dirección Xeral de Conservación da Natureza por proposta da xefatura territorial correspondente, mediante resolución motivada, logo de ponderación dos valores ambientais protexibles da árbore ou da formación obxecto da solicitude.
No suposto de procedementos iniciados de oficio, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza adoptará mediante resolución motivada e cun carácter inmediato as medidas de protección que foren necesarias».
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Poderán instar o inicio do correspondente procedemento as persoas propietarias das árbores ou formacións, outras administracións públicas, centros de investigación ou asociacións e entidades privadas ou públicas que teñan entre os fins estatutarios a protección da natureza, mediante a presentación do modelo de solicitude de inclusión que figura no anexo I.
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Servizo de Conservación da Natureza da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184539
Fax: 881881320
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Servizo de Conservación da Natureza de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393
Fax: 982294539
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Ourense
Servizo de Conservación da Natureza de Ourense
R/ Paseo, 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386569
Fax: 988386420
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097 / 986805469
Fax: 986805436
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Subdirección Xeral de Espazos Naturais
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras (DOG núm. 74 do 17 de abril de 2007).
Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras (DOG núm. 25 do 6 de febreiro de 2015).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres