MT701B - Realización de obras na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.
Obxecto
1. A execución das obras de reparación, mellora, consolidación e modernización previstas no número 2 da disposición transitoria cuarta e no artigo 13 bis da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no número 2 do artigo 4 deste decreto, requirirá da presentación previa dunha declaración responsable.
2. A declaración responsable deberá ser presentada con anterioridade á solicitude do título habilitante municipal de natureza urbanística e, en todo caso, no prazo de 1 mes antes do inicio das obras.
Actuacións suxeitas a declaración responsable
1. Nas obras e instalacións que lexitimamente ocupan a servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre con anterioridade á entrada en vigor da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e que resulten contrarias ao establecido na dita lei, poderán realizarse, logo da declaración responsable, obras de reparación, mellora, consolidación e modernización, sempre que non impliquen aumento de volume, altura nin superficie das construcións existentes, nos termos previstos na disposición transitoria cuarta da dita lei e na súa normativa de desenvolvemento.
2. O réxime sinalado no número 1 deste artigo será tamén de aplicación no suposto de obras e instalacións que, como consecuencia da modificación, por calquera causa, da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, pasen a estar emprazadas nela, de conformidade co sinalado no artigo 44.5 do Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Persoas físicas ou xurídicas.
A onde acudir
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de A Coruña
Servizo de Urbanismo da Coruña
Edificio Servizos Múltiples - Rúa Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184858
Fax: 981182255
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo
Servizo de Urbanismo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, 28
27002 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294394
Fax: 982294422
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Pontevedra
Servizo de Urbanismo de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda, 43, 1º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805648
Fax: 986805661
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
Decreto 97/2019, do 18 de xullo, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre (DOG nº 151 do 9 de agosto de 2019).
Ámbito Estatal
Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (BOE nº 181 do 29 de xullo de 1988).
Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE nº 285, de 27 de novembro de 1992).
Lei 53/2002, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social (BOE nº 313, do 31 de decembro de 2002).
Real Decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (BOE nº 89, do 13 de abril de 2013).
Corrección de erros do Real Decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (BOE nº 125, do 25 de maio de 2013).
Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas (BOE nº 129, do 30 de maio de 2013).
Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Costas (BOE nº 247, do 11 de outubro de 2014).
Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres