MT311B - Subvencións aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, información, cobramento e localización nos seus vehículos

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, de transparencia na información e facilidade no cobramento, e de localización da frota nos seus vehículos.

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2014.

En concreto, consideraranse gastos subvencionables os seguintes:
a) Sistema GPS debidamente instalado no taxi, o cal debe permitir que, ante unha situación de emerxencia en que perigue a integridade física do taxista, este poida activar un sinal que se reciba no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia. Debe tratarse, por tanto, de equipamentos que estean homologados no dito centro.

b) Taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS que debe estar homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
c) Sistema de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

- Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes para o efecto.

- Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións indicadas no punto anterior deberán axustarse ás seguintes regras:
a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións de que sexa titular o solicitante.


- Non poderán ser beneficiarios desta convocatoria de axudas aqueles que o fosen, respecto da mesma autorización de transportes e para o mesmo sistema, con base nas convocatorias feitas por Orde do 21 de decembro de 2010 (DOG do 31 de decembro), Orde do 7 de xuño de 2012 (DOG do 13 de xuño) e Orde do 30 de xullo de 2013 (DOG do 13 de agosto).

Os beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases asumen as obrigas recollidas con carácter xeral na normativa de subvencións, e, especificamente, as seguintes:
a) Obriga de reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.
b) Obriga de permitir que a Dirección Xeral de Mobilidade realice as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como de facer o seguimento e control das axudas concedidas.
c) Obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.
d) Obriga de que os equipamentos subvencionados que se instalen estean homologados consonte a normativa que os regule e reúnan os requisitos técnicos precisos para cumprir coas finalidades desta orde, nos termos do artigo 1.3 destas bases.
e) Obriga de manter os equipamentos obxecto de subvención instalados e operativos en todo momento durante toda a súa vida útil. Ademais, e en todo caso, durante un prazo mínimo de dous anos deberán estar colocados no vehículo adscrito á autorización administrativa de transporte VT-N, mesmo no suposto de substitución ulterior do material móbil en que inicialmente se instalasen.
f) Obriga de facer constar en todo tipo de publicidade e información que se dea en relación cos equipamentos instalados a condición de subvencionados pola Xunta de Galicia. Para tal fin, e concretamente, establécese a obriga dos beneficiarios de inserir e manter permanentemente a indicación de que o vehículo está dotado co sistema subvencionado de que se trate e a colaboración para a súa instalación da Xunta de Galicia. A devandita indicación deberá situarse nun lugar visible para o usuario na totalidade dos vehículos dotados cos equipamentos subvencionados. Para cumprir con esta obriga, os solicitantes poden consultar os requisitos da imaxe corporativa da Xunta de Galicia no Manual de identidade corporativa, dispoñible na páxina http://www.xunta.es/inicio-identidade-corporativa/.

Ler máis Ler menos

Requisitos

- Os solicitantes poden pedir a axuda de xeito individual para o obxecto subvencionable previsto na letra a) do artigo 1.3 desta orde (sistema GPS homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia).

- Para que se considere subvencionable a instalación de taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas (artigo 1.3.b) deberá solicitarse simultaneamente a axuda pola colocación do sistema GPS (artigo 1.3.a), ou ben achegar documentación que xustifique que este aparello xa estaba instalado no vehículo con anterioridade.

- Só será subvencionable a instalación dun sistema de control de flotas con elementos de xestión, localización e control por satélite (artigo 1.3.c)) se simultaneamente se pide a axuda para a colocación dos sistemas previstos nas letras a e b do artigo 1.3. Porén, tamén se poderá outorgar a axuda por este motivo se se acredita ter instalados eses dous sistemas no vehículo con anterioridade.


Na solicitude de axuda incorporarase unha declaración responsable referente aos seguintes aspectos:
a) Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse ás axudas reguladas nestas bases, así como das obrigas e compromisos que nelas se establecen.
b) Autenticidade dos datos facilitados e da documentación presentada.
c) Non ter sido beneficiario das axudas convocadas por Orde do 21 de decembro de 2010 (DOG do 31 de decembro), Orde do 7 de xuño de 2012 (DOG do 13 de xuño) e Orde do 30 de xullo de 2013 (DOG do 13 de agosto), respecto da mesma autorización de transportes e para o mesmo sistema.
d) Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta Administración considere oportunas, e realice tanto mediante os seus propios medios como mediante a colaboración de servizos externos.
e) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Compromiso de non beneficiarse nin se ter beneficiado doutras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, que, illada ou conxuntamente coa outorgada por esta Administración, superen o custo da actividade subvencionada.
g) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
h) Veracidade dos datos que se consignan na solicitude relativos á conta bancaria na que se efectuará o pagamento das axudas, así como de que o solicitante é o titular.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881995053 / 981544585

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.es

http://www.cmati.xunta.es/mobilidade

Órgano responsable

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 19 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, información, cobramento e localización nos seus vehículos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 47 do 10 de marzo de 2014).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.