MR651A - Axudas para o control selectivo de combustible en montes veciñais en man común e Sofor.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común (en diante, MVMC), as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas establecidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva.

Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as Sofor na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

- Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible (código de procedemento MR651A).

Actividades subvencionables.

1. A prevención engloba todas aquelas accións encamiñadas a eliminar ou reducir os riscos que poden ser causa da ocorrencia de incendios forestais e da súa propagación.

2. As actuacións subvencionables nesta liña consistirán no control selectivo do combustible en áreas de devasas, faixas auxiliares de pista, rexenerado forestal natural así como na roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais, coa finalidade de reducir a carga de combustible presente no monte e crear zonas con descontinuidade horizontal e vertical, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros, en caso de se produciren. Estes traballos realizaranse sempre dentro do ámbito territorial do monte ou montes para os cales o beneficiario solicite a subvención.

3. Os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito conteñen as accións necesarias para a defensa contra incendios forestais e, alén das accións de prevención e outras medidas previstas en materia de emerxencias, inclúen a previsión e a programación integrada das intervencións das diferentes entidades implicadas no operativo contra incendios forestais.

4. Todas as iniciativas particulares de prevención e defensa deben estar articuladas e encadradas nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito, por tanto, as actividades subvencionables incluídas nesta liña deben estar sempre de acordo co previsto no devandito plan de prevención.

5. Dentro desta liña subvencionaranse as seguintes accións:

a) Áreas de devasas:

1º. Consistirá na roza mecanizada do mato a feito. Non se inclúen nesta actuación as rozas en rexenerado forestal natural nin en montes cunha fracción de cabida cuberta arborizada igual ou superior ao 20 %. Son traballos que se encamiñan especificamente a romper a continuidade horizontal e vertical do combustible forestal cunha largura tal que en condicións normais deteña o lume e sirva de apoio aos medios terrestres para que nos labores de extinción realicen o ataque directo ou indirecto desde estas áreas, creando zonas estratéxicas co fin de dificultar o inicio e a propagación do lume e facilitar a defensa dos montes contra os incendios forestais.

2º. Estas faixas terán un largo mínimo de 16 metros e a altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

3º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das áreas de devasas.

b) Faixas auxiliares de pista:

1º. Consistirá na eliminación nas marxes de vías e camiños forestais do estrato arbustivo e subarbustivo, ata os 2,50 metros en cada marxe, incluíndo a roza de cunetas e noiros sempre que sexa tecnicamente viable. Tamén se poderá incluír a plataforma do camiño, se for necesario, conforme o artigo 33.

2º. A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

3º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro das faixas auxiliares de pista.

c) Roza en rexenerado forestal natural:

1º. Consistirá na roza mecanizada por faixas do mato con arboredo, co obxecto de defender a masa forestal, diminuír a densidade de pés e facela viable. Esta actuación estímase nuns 2/3 da superficie do rexenerado.

2º. A masa forestal procederá da rexeneración natural e terá un diámetro medio que non superará os 6 cm e unha densidade superior aos 5.000 pés/ha.

3º. A altura do mato despois da roza non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

4º. No seguinte artigo se descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da roza en rexenerado forestal natural. Os prezos refírense a hectáreas de actuación.

d) Roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais.

1º. Consistirá nunha roza superficial de penetración, o rareo e a posterior eliminación dos restos acordoados en masas forestais coas características recollidas no punto c) anterior e nas cales en anos anteriores se tivesen realizado as actuacións recollidas nese punto. A roza superficial de penetración e o rareo aplicaranse nas entrefaixas, estímase que nun terzo da superficie, mentres que no resto da superficie, aproximadamente dous terzos, se eliminarán os restos mediante trituración

2º. A densidade final será de entre 1.000 e 2.000 pés/ha.

3º. A altura do mato despois da trituración non deberá superar, en xeral, os 10 cm.

4º. No seguinte artigo descríbense as actuacións que se poderán incluír dentro da roza e rareo nas entrefaixas de masas forestais. Os prezos refírense a hectáreas de actuación.

6. As actuacións poderanse desenvolver de xeito manual, con rozadoras ou apeiros manuais similares, se for necesario, mantendo sempre os importes e porcentaxes máximos de subvención previstos no artigo 33.

7. A superficie mínima que se pode solicitar para todas as devanditas actuacións será de 5 ha e a máxima de 30 ha, para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 1.000 ha clasificadas como MVMC e de 40 ha como máximo, para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 1.000 ha e as Sofor. Estes máximos poderán incrementarse ata 50 ha no primeiro caso, sempre que polo menos se soliciten 10 ha para roza mecanizada en rexenerado forestal natural e ata 60 ha, para o segundo caso, sempre que, polo menos, se soliciten 20 ha para roza mecanizada en rexenerado forestal natural.

8. A superficie mínima viable de execución para o conxunto de todas as actuacións, tras a inspección sinalada no artigo 16 deberá chegar cando menos ás 5 hectáreas. Se non for así, implicará a revogación no caso de que xa estivese concedida.

9. Non serán subvencionables os gastos anteriores á solicitude de axuda ou á acta de non inicio, se esta é anterior a aquela.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e as Sofor da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia, poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.

2. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades e as Sofor sempre que non incorran en ningunha das circunstancias mencionadas no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no número 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

4. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, ou sexa, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme o disposto na Orde do 18 de abril do 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.

5. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.

6. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.

7. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

Obrigas dos beneficiarios.

1. Son obrigas do beneficiario:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o gozo da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Segundo o Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, establécese no artigo 71 que o beneficiario se compromete a proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades.

d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

Deberase levar un sistema de contabilidade específica Feader ou ben un código contable axeitado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal e como exixe o artigo 66.1 c) do Regulamento (UE) 1305/2013.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 de subvencións de Galicia.

j) De acordo co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, cumprir co disposto no punto 2 da parte 1 do anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1305/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), en relación coa información e publicidade. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 €, deberase colocar unha placa explicativa, e cando o custo supere os 500.000 € deberase colocar un panel publicitario. En ambos os casos figurará a descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema da Feader «Europa inviste no rural».

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. A superficie forestal mínima por expediente en comunidades de montes veciñais en man común será de cen hectáreas (100 ha).

2. Para acadaren a superficie, as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC) poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC estean nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:

a) Localización nun mesmo concello.

b) Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.

3. Nas Sofor e, excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estea localizada nalgún concello incluído en espazo declarado como zona de especial protección dos valores naturais, segundo o recollido no Decreto 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados espazos como zonas de especial protección dos valores naturais (DOG nº 69, do 12 de abril) ou nalgún dos incluídos na zona de especial protección para as aves da Limia segundo o Decreto 411/2009, do 12 de novembro (DOG nº 230, do 24 de novembro), a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 50 ha.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 6º

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981184535

Fax: 981184652

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294540

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Ourense

Avda. da Habana, 79-1º

32003 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386089

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Pontevedra

R/ Benito Corbal, 47

36071 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 986805327

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Anuncio do 24 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, polo que se publica a resolución das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 133 do 15 de xullo de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.