MR617E - Comunicación anual de datos ao rexistro de empresas do sector forestal de Galicia creado na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Obxecto
O artigo 102 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia crea o Rexistro de Empresas do Sector Forestal, no que se inscribirán as cooperativas, as empresas e as industrias forestais, tanto as que realizan traballos forestais nos montes galegos como as industrias forestais con sede social na Comunidade Autónoma, incluíndo nestas as de serra, chapa, taboleiros, pasta, papel, biomasa forestal, pellets, cortiza, cogomelos, plantas aromáticas, pequenos froitos, castaña e as que fagan aproveitamento doutros recursos forestais. Devandito artigo expón que regulamentariamente se determinará a organización, o contido e o funcionamento do rexistro ao que fai referencia este artigo, así como as condicións que deban cumprir as empresas e as industrias para poder ser inscritas e a coordinación con outros rexistros de carácter estatístico ou industrial.
O artigo 103 da devandita norma establece que as cooperativas, as empresas de servizos, as de aproveitamentos dos diferentes recursos forestais, as industrias de primeira transformación forestal e as ganderías que sexan titulares de aproveitamentos de terreos forestais fornecerán anualmente á consellería competente en materia de montes, a efectos estatísticos, a información relativa á súa actividade, en particular a relacionada co consumo de produtos forestais e coa produción, transformación e comercialización dos produtos forestais e o emprego.
En adición, cabe destacar o Regulamento comunitario 995/2010 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de outubro, sobre as obrigacións dos axentes que comercialicen madeira ou produtos de madeira no mercado comunitario.
Os obxectivos do devandito regulamento son, por unha banda, os de prohibir a comercialización no mercado comunitario de madeira de orixe ilegal e por outro esixir ao axente que comercializa madeira e os seus produtos derivados por vez primeira no mercado común que desenvolva un sistema de dilixencia debida que asegure a orixe legal da madeira. Para iso os axentes deben ou ben desenvolver un sistema de dilixencia debida ou ben acudir ao sistema de dilixencia debida que definan as entidades de supervisión.
A este respecto, o artigo 104 da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, establece que os operadores inscritos no devandito Rexistro de Empresas do Sector Forestal entenderase que dispoñen dun sistema de debida dilixencia para a avaliación e a minimización de risco de entrada nos mercados de madeira e de produtos de madeira procedentes de tallas ilegais. A tal fin, a Administración forestal manterá un sistema de supervisión baseado no control e no seguimento da orixe dos aproveitamentos madeireiros que se realicen en Galicia mediante a información fornecida polas comunicacións, notificacións e autorizacións dos aproveitamentos madeireiros e leñosos e mediante o Rexistro de Empresas do Sector Forestal; a Administración forestal poderá realizar os controis oficiais pertinentes ás empresas de aproveitamento e comercialización da madeira e dos produtos da madeira, avaliando os riscos e propoñendo accións correctivas cando sexa necesario.
De conformidade co establecido no artigo 55.2 do Decreto 50/2014, o cumprimento do deber de comunicación anual dos datos constitúe un requisito previo imprescindible para que as cooperativas, empresas e industrias forestais poidan acollerse aos beneficios derivados dos programas de modernización e promoción, así como axudas, subvencións, préstamos e avais que poidan establecer ou tramitar os departamentos da Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos, axencias públicas autonómicas, entidades públicas empresariais, consorcios autonómicos, fundacións do sector público autonómico e sociedades mercantís públicas autonómicas.
Entre outros fins, a comunicación anual de datos permite elaborar a estatística forestal, útil para o bo desempeño das competencias da Administración forestal e para ofrecer información detallada á cidadanía e, en particular, ao sector empresarial.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Sector madeireiro.
Requisitos
Esta comunicación empregarase para:
1. Inscribir as cooperativas, as empresas e as industrias forestais, tanto as que realizan traballos forestais nos montes galegos como as industrias forestais con sede social na Comunidade Autónoma.
2. Efectuar a comunicación anual de datos estatísticos coa información relativa á súa actividade, en particular a relacionada co consumo de produtos forestais e coa produción, transformación e comercialización dos produtos forestais e o emprego.
3. Para os axentes que comercialicen madeira e produtos de madeira na Unión Europea, acollerse ao sistema de dilixencia debida da Administración forestal de Galicia, sistema de supervisión baseado no control e no seguimento da orixe dos aproveitamentos madeireiros que se realicen en Galicia.
4. Poder acollerse aos beneficios derivados dos programas de modernización e promoción, así como axudas, subvencións, préstamos e avais que poidan establecer ou tramitar os departamentos da Xunta de Galicia, os seus organismos autónomos, axencias públicas autonómicas, entidades públicas empresariais, consorcios autonómicos, fundacións do sector público autonómico e sociedades mercantís públicas autonómicas.
Ler máis Ler menos
A onde acudir
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Servizo de Propiedade Forestal
San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546077
Órgano responsable
Servizo de Propiedade Forestal
Normativa
Ámbito Autonómico
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014).
Corrección de erros. Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).
Ámbito Estatal
Lei 43/2003, de 21 de novembro, de Montes (BOE nº 280 de 22 de novembro de 2003).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres