MR604G - Comunicación de acoutamento para aproveitamentos micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

O Decreto 50/2014, do 10 de abril, entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia: o 27 de maio de 2014.

Versión en formato PDF

  • Comunicación de acoutamento para aproveitamentos micolóxicos que non conten con instrumento de ordenación ou xestión aprobado, consonte o modelo establecido no anexo X (MR604G) do Decreto 50/2014, do 10 de abril.
  • Acreditación da representación mediante escrito de delegación expresa, contrato mercantil ou calquera outro medio de proba válido en dereito no caso das persoas físicas ou xurídicas que, en lugar da súa persoa titular, realicen a xestión ou o aproveitamento dos montes ou terreos forestais.
  • A tramitación das solicitudes de autorizacións require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante, sexa persoa física, ou a da persoa representante no caso de persoas xurídicas. Polo tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice o órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
  • Para os montes veciñais en man común, acordo previo da asemblea xeral da comunidade propietaria, ben por medio da copia da acta da asemblea ben por medio de certificación expedida polo/a secretario/a da comunidade.
  • Plano de localización da superficie obxecto de acoutamento (obrigatorio só no caso de non relacionar as referencias catastrais afectadas), e a superficie acoutada dentro de cada referencia catastral.
  • As solicitudes de comunicación deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). Para a presentación das ditas solicitudes de comunicación por vía electrónica, será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
    Alternativamente, tamen se poderán presentar as comunicacións en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
    As comunicacións das persoas interesadas acompañarán os documentos e as informacións determinadas no Decreto 50/2014, agás que os documentos esixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da administración actuante; neste caso a persoa solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia nos que foron presentados ou, se e o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento ao que correspondan.
    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
    No caso de que algún dos documentos, que vai presentar a persoa solicitante de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa in¬teresada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E PRODUCIÓN FORESTAL

SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS FORESTAIS


Versión en formato PDF

A ordenación e regulación do aproveitamento micolóxico, mediante a recollida de cogomelos ou fungos, nos montes e terreos forestais de xestión privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia. Estes aproveitamentos realizaranse dentro dos límites que permitan os intereses de conservación e mellora do monte de acordo co disposto no Decreto 50/2014, do 10 de abril, e de xeito que se garanta a súa persistencia e capacidade de renovación.
O aproveitamento micolóxico en montes ou terreos forestais de xestión privada situa¬dos na Comunidade Autónoma de Galicia deberá estar regulado no correspondente ins¬trumento de ordenación ou de xestión, validamente aprobado pola Administración forestal, no cal, de ser o caso, se sinalará, como mínimo, a superficie que será obxecto de restrición ao acceso mediante o acoutamento, e nel incluiranse as obrigas establecidas no Decreto 50/2014 respecto ás condicións de efectuar o aproveitamento, polo que o incumprimento destas condicións implicará que se incumpre co disposto no instrumento de ordenación ou de xestión.
En caso de non contar con instrumento de ordenación ou de xestión aprobado, a persoa propietaria do monte ou terreo forestal poderá manifestar a decisión de prohibir a entrada de persoas sen a súa autorización para a recollida de cogomelos con independencia da modalidade de aproveitamento, na totalidade ou nunha parte do seu monte mediante o acoutamento.
Para este fin deberá remitir comunicación desta decisión á xefatura territorial da con¬sellería competente en materia de montes onde se sitúe o terreo consonte o modelo esta¬blecido no anexo X (MR604G). Nesta comunicación faranse constar, ademais dos datos identificativos da persoa propietaria, a superficie obxecto de acoutamento, referencias catastrais afectadas ou xuntar plano do aproveitamento, e o período de validez desta comunicación.
Período de validez da comunicación de acoutamento:
Poderá ser por tempo determinado ou ben indefinidamente mentres a persoa propietaria do monte ou terreo forestal non se manifeste en contra ou ben concorran circunstancias sobre o terreo que obriguen a modificar a dita restrición. Este prazo indicarase na comunicación de acoutamento para aproveitamentos micolóxicos consonte o modelo establecido no anexo X (MR604G) do Decreto 50/2014, do 10 de abril.
Dito prazo, contará a partir do día seguinte en que a comunicación da persoa interesada teña entrada no rexistro da xefatura territorial da Xunta de Galicia que corresponda, sen prexuízo das obrigas de sinalizar o perímetro sometido a restrición de acceso consonte o artigo 47 do Decreto 52/2014.
* Onde acudir:
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
SECRETARÍA XERAL DO MEDIO RURAL E MONTES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE RECURSOS FORESTAIS
Avda. San Lázaro, s/n
15703 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfonos: 981546112 / 981546128 Fax: 981546101
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE MONTES
R/ Vicente Ferrer, 2
15008
A CORUÑA
Teléfono: 981184575 Fax: 981184672
DISTRITO FORESTAL I-FERROL
Praza Camilo José Cela, s/n
15403 FERROL
Teléfono: 981337341 Fax: 981337346
DISTRITO FORESTAL II-BERGANTIÑOS-AS MARIÑAS CORUÑESAS
O Carregal, s/n
15300 BETANZOS
Teléfono: 981775870 Fax: 981774389
Tras da Igrexa, s/n
15680 CARBALLO
Teléfono: 981755190 Fax: 981755190
DISTRITO FORESTAL III-SANTIAGO-MESETA INTERIOR
Rúa Nova, 41-2º
15680 ORDES
Teléfono: 981688470 Fax: 981681798
Avda. de Santiago, 24
15810 ARZÚA
Teléfono: 981500868 Fax: 981500868
DISTRITO FORESTAL IV-BARBANZA
Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15
15200 NOIA
Teléfono: 981824079 Fax: 981824079
DISTRITO FORESTAL V-FISTERRA
Codeseiras, 11
15129 VIMIANZO
Teléfono: 981707470 Fax: 981716041
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE MONTES
Ronda da Muralla, 70
27071
LUGO
Teléfono: 982294531 Fax: 982294874
DISTRITO FORESTAL VI-A MARIÑA LUCENSE
Avda. Ramón Canosa, s/n
27850 LODEIRO-VIVEIRO
Teléfono: 982561018 Fax: 982561018
Rúa Pardo de Cela, 22
27740 MONDOÑEDO
Teléfono: 982507409 Fax: 982507409
DISTRITO FORESTAL VII-A FONSAGRADA-OS ANCARES
Rúa Ano Vello, s/n, entrechán
27640 BECERREÁ
Teléfono: 982360713 Fax: 982369029
Lugar Os Chaos, s/n
27100 A FONSAGRADA
Teléfono: 982340474 Fax: 982340474
DISTRITO FORESTAL VIII-TERRA DE LEMOS
Estrada Castro Caldelas, s/n
27400 MONFORTE DE LEMOS
Teléfono: 982889119 Fax: 982889125
Rúa do Rego, 3
27600 CHANTADA
Teléfono: 982440124 Fax: 982454108
DISTRITO FORESTAL IX-LUGO-SARRIA
Rúa Benigno Rivera, 62, baixo (Polígono do Ceao)
27003 LUGO
Teléfono: 982209527 Fax: 982207137
Rúa Vázquez Queipo, 25
27600 CHANTADA
Teléfono: 982533313 Fax: 982533313
DISTRITO FORESTAL X-A TERRA CHÁ
Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n
27800 VILALBA
Teléfono: 982523440 Fax: 982523441
Praza do Concello, s/n
27420 MEIRA
Teléfono: 982330534 Fax: 982330534
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE MONTES
Avda. da Habana, 79-3º
32004
OURENSE
Teléfono: 988386695 Fax: 988386697
DISTRITO FORESTAL XI-RIBEIRO-ARENTEIRO
Estrada O Carballiño-Cea (OU-204), km 4
O CARBALLIÑO
Teléfono: 988274436 Fax: 988530213
DISTRITO FORESTAL XII-MIÑO-ARNOIA
Avda. da Habana, 79-5º
32004 OURENSE
Teléfono: 988237896 Fax: 988269105
Rúa Fonte dos Canos, 6
32700 MACEDA
Teléfono: 988237896 Fax: 988463365
DISTRITO FORESTAL XIII-VALDEORRAS-TRIVES
Casa Grande de Viloira
32300 O BARCO DE VALDEORRAS
Teléfono: 988325144 Fax: 988326495
Avda. Ourense, 36
32760 CASTRO CALDELAS
Teléfono: 988203523 Fax: 988203523
DISTRITO FORESTAL XIV-VERÍN-VIANA
Rúa Rosalía de Castro, 63-1º
32600 VERÍN
Teléfono: 988411451 Fax: 988590407
Rúa Beato Aparicio, s/n
32540 A GUDIÑA
Teléfono: 988594010 Fax: 988594008
DISTRITO FORESTAL XV-A LIMIA
Rúa Prolongación Irmáns Martínez, 4-6
32840 BANDE
Teléfono: 988444419 Fax: 988444489
Rúa Vicente Risco, 9-1º
32630 XINZO DE LIMIA
Teléfono: 988462488 Fax: 988462488
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE MONTES
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003
PONTEVEDRA
Teléfono: 986805411 Fax: 986805478
DISTRITO FORESTAL XVI-DEZA-TABEIRÓS
Polígono 2000 (Edificio Expodeza), 2ª
36500 LALÍN
Teléfono: 986794494 Fax: 986794495
DISTRITO FORESTAL XVII-O CONDADO-A PARADANTA
Rúa Paseo Matutino, 35-1º A/B
36860 PONTEAREAS
Teléfono: 986644120 Fax: 986644030
DISTRITO FORESTAL XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO
Rúa Riveira, s/n ? Edif. Multiusos de Torneiros
36400 O PORRIÑO
Teléfono: 986344620 Fax: 986335455
Paseo A Xunqueira, 15-1ºB
36800 REDONDELA
Teléfono: 986402723 Fax: 986402723
DISTRITO FORESTAL XIX-CALDAS-O SALNÉS
Centro de Apoio Cabanas, s/n
36143 SALCEDO
Teléfono: 986868538 Fax: 986868594
Praza Ravella, 13-5º
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono: 986505778 Fax: 986505778

Beneficiarios:

Persoas propietarias de montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia que desexen acoutar e sinalizar as súas propiedades para unha maior viabilidade e mellor aproveitamento micolóxico.

Requisitos:

Os aproveitamentos micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia clasifícanse nos seguintes grupos:
a)Aproveitamentos para consumo propio: aqueles de marcado carácter consuetudinario e esporádico que presentan unha finalidade doméstica, isto é, non económica ou comercial. Enténdese por modalidade de aproveitamento para consumo propio a recolla de cogomelos de calquera especie permitida ata un máximo de 2 quilogra¬mos por persoa e día e sempre que sexan silvestres e non produtos de plantación ou de micorrización.
b) Aproveitamentos comerciais: aqueles a través dos cales a per¬soa propietaria ou xestora do monte ou terreo forestal pretenda obter un rendemento eco¬nómico ou lucrativo ao seu favor. En todo caso, este tipo de aproveitamento require de autorización da persoa propietaria, entendéndose que existe aproveitamento comercial cando a recolla de cogomelos de calquera especie exceda a cantidade de 2 quilogramos de peso por persoa e día ou non sexan silvestres.
c) Aproveitamentos con fins científicos ou didácticos: aqueles aproveitamentos que presentan un obxecto eminentemente científico-taxonómico, de identificación, de colección, educativo ou similar que deberá quedar acreditado suficientemente con anterioridade á execución do aproveitamento. En todo caso, este tipo de aproveitamento pode ser compatible con outros tipos de aproveitamentos definidos.Este aproveita-mento estará limitado a 5 unidades representativas enteiras por especie.
En caso de montes ou terreos forestais de xestión privada en que o aproveitamento micolóxico teña a consideración de comercial ou cando en calquera modalidade se estea a facer o dito aproveitamento dentro dunha superficie acoutada, requirirase autorización expresa emitida polas persoas propietarias sen intervención algunha da Administración no outorgamento de dita autorización.
Para as comunidades titulares de montes veciñais en man común será necesaria, para a dita autorización, a constancia do acordo da asemblea xeral conforme os seus estatutos e a normativa vixente na materia.
As persoas que dispoñan da citada autorización deberán levala consigo no momento de realizar o aproveitamento. Nesta deberá constar, como mínimo, a súa vixencia, o nome do monte ou terreo forestal, as referencias catastrais afectadas ou o plano coa superficie de aproveitamento autorizada, os datos identificativos da persoa a que se concede o permiso e os datos identificativos e a sinatura da persoa que outorga o devandito permiso.
En caso de aproveitamentos exercidos por un grupo de persoas organizado, o permiso explícito anteriormente mencionado poderá concederse para o grupo completo e para todo o período de tempo que dure a actividade.
Co obxecto de que os posibles recolledores/as recoñezan o monte ou terreo forestal afectado pola restrición en materia de aproveitamentos micolóxicos, as persoas propietarias destes predios deberán coutar e sinalizar o perímetro sometido a restrición de acceso. Con esta finalidade, empregaranse sinais claros e facilmente visibles coa seguinte inscrición en letras maiúsculas «Aproveitamento micolóxico restrinxido. Prohibida a recolla de cogomelos sen autorización da persoa propietaria ou xestora».
Aqueles terreos acoutados para o aproveitamento micolóxico deberán ser cada ano obxecto efectivo de dito aproveitamento e o dito aproveitamento deberá facerse consonte o establecido no instrumento de ordenación ou de xestión, se existir.
Deberanse ter en conta as condicións específicas e prácticas prohibidas establecidas nos artigos 42 e 43 do Decreto 50/2014.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 87 do 8 de maio de 2014).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Corección de erros. Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 149 do 7 de agosto de 2014).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.