MR553B - Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de postautorización á reintrodución.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 14/01/2017 - 30/11/2017.

Desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2017, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • Solicitud según el Anexo III.
  • Se e o caso, copias dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos (persoa xurídica e entidade sen personalidade xurídica).
  • No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.
  • Documentos das pólizas de seguros gandeiros que se posúan e, se e o caso, xustificante dos importes recibidos polo baleiro sanitario.
  • Os documentos relacionados serán obxecto de consulta electrónica automatizada. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar os devanditos documentos:
    • DNI ou NIE da persoa solicitante.
    • NIF da persoa xurídica ou entidade sen personalidade xurídica solicitante.
    • DNI ou NIE da persoa representante.
    • Certificación de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.
    • Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
    • Certificación de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
    (https://sede.xunta.gal).
    A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes dunha persoa xurídica.
    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria será presentada por vía electrónica por aquelas persoas obrigadas a isto. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
  • A documentación complementaria, e só para o caso daquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, tamen poderá presentarse por vía electrónica ou en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE LUGO

SERVIZO DE GANDARÍA DE LUGO

RONDA DA MURALLA,70
27071Lugo
Teléfono: 982294487Fax: 982294425

SERVIZO DE DOTACIÓN DE MEDIOS

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771Santiago de Compostela
Teléfono: 981545733Fax: 981545735

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE OURENSE

SERVIZO DE GANDARÍA DE OURENSE

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071Ourense
Teléfono: 988386515Fax: 988386524

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE GANDARÍA DE PONTEVEDRA

R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071Pontevedra
Teléfono: 886206569Fax: 886206590

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DA CORUÑA

SERVIZO DE GANDARÍA DE A CORUÑA

R/ VICENTE FERRER, 2
15071Coruña, A
Teléfono: 981184565Fax: 981184653

Versión en formato PDF

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2017:
1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, e gando ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.
2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais en consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Beneficiarios:

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.
2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
3. As persoas solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas, deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
4. No cumprimento do artigo 1.6.b) apartado ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, as pemes beneficiarias do presente réxime de axudas non terán a consideración de empresas en crise, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por mor dos danos ou perdas causadas polas enfermidades animais recollidas na lista da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) ou nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 652/2014 do Parlamento Europeo e do Consello.
5. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades:
a) Que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
b) Que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarara unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.

Requisitos:

1. Para os efectos de ter dereito ás axudas reguladas nesta orde, as persoas titulares implicadas e as explotacións gandeiras afectadas:
a) Cumprirán e seranlles de aplicación os contidos da normativa en vigor, citada a seguir, que afecten directamente o correcto desenvolvemento dos programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais: sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal, e a propia dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.
b) Terán a obriga de cumprir o contido do artigo 17 do Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais e, por tanto, non se atoparán incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 17.2 do citado Real decreto 2611/1996.
c) As explotacións afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto, figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), establecido polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), regulado no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, da Consellería do Medio Rural.
2. Para as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, ademais, comprobarase:
a) Que sexa efectivo o baleiro sanitario da explotación, co sacrificio obrigatorio da totalidade dos seus animais.
b) Que se cumpra o prazo de tempo para o período de baleiro (ou período de corentena) da explotación, sinalado pola autoridade sanitaria competente, ata que esta autorice a repoboación na explotación ou leve a cabo a súa desinmobilización.
3. Para as axudas á reposición de gando, ademais, comprobarase que se cumpren os seguintes requisitos:
a) En todos os casos, ter sacrificado obrigatoriamente aqueles animais de especies susceptibles de padeceren a enfermidade e que foron diagnosticados positivos ou sospeitosos.
b) Ter efectuado previamente, antes da reposición dos animais, a limpeza e desinfección da explotación de acordo coa lexislación vixente e as instrucións da autoridade competente.
c) Cumprir a normativa establecida na Orde do 4 de abril de 1997 pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.
d) Canto aos animais adquiridos polos cales se solicita axuda, os da especie bovina procederán dunha unidade veterinaria local con prevalencia de tuberculose inferior ao 1 % e libre de brucelose, ou de países libres ou oficialmente indemnes de tuberculose e brucelose, e de explotacións con cualificación sanitaria T3 e B4 e libres de encefalopatías esponxiformes transmisibles; e os das especies ovina e cabrúa deberán proceder de unidades veterinarias locais libres de brucelose, ou de países libres ou oficialmente indemnes de brucelose, e de explotacións con cualificación sanitaria M4 e tamén libres de EET.
e) Unicamente se subvencionará a reposición efectuada con animais para manter na explotación un nivel de produción similar ao existente con anterioridade ao sacrificio.
4. Os servizos de gandaría provinciais da Consellería do Medio Rural, como órganos competentes para a tramitación dos procedementos de concesión das axudas reguladas nesta orde, comprobarán o cumprimento dos requisitos descritos nos tres puntos anteriores.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 9 do 13 de xaneiro de 2017).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.