MR501A - Inscrición no Rexistro de Explotacións Avícolas non comerciais.
Obxecto
Rexistrar as explotacións gandeiras segundo a normativa en vigor.
A necesidade de rexistrar as explotacións gandeiras, como instrumento da política en materia de sanidade animal e de ordenación sectorial gandeira, está recollida na lexislación nacional e comunitaria tanto de carácter horizontal como sectorial.
Así as normativas que puxeron en marcha os sistemas actualmente vixentes de trazabilidade gandeira como son SIMOGAN (Sistema Nacional de Identificación dos Movementos dos Bovinos) e SIMOPORC (Sistema Nacional de Identificación dos Movementos do Porcino) esixen o rexistro de todas as explotacións onde se atopen situados animais pertencentes ás devanditas especies. Tamén para a avicultura de posta e a apicultura existen, dende hai algún tempo, rexistros públicos de explotacións.
O Real Decreto 479/2004, de 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro xeral de explotacións gandeiras (REGA) asume eses 4 rexistros xa existentes e engade á lista das especies que deben posuír un rexistro de explotacións ao ovino, o cabrún, os équidos, todas as aves de curral (incluíndo galiñas, pavos, pintadas, parrulos, gansas, paspallás, pombas, faisáns, perdices e aves corredoras), a cunicultura (coellos e lebres), as especies peleteiras (visón, raposo vermello, londra e chinchilla), as especies cinexéticas de caza maior (corzos, cervos, gamos e xabarís), así como outras especies minoritarias (ras, miñocas, caracois, etc.)
Este Real Decreto responde, no que se refire ás especies de interese gandeiro, ao apartado 1 do artigo 38 da Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal, que establece que todas as explotacións de animais deben estar rexistradas na comunidade autónoma en que radiquen e os seus datos básicos serán incluídos nun rexistro nacional. No artigo 3 do Real Decreto 479/2004 establécense a estrutura e contidos básicos do REGA.
Polo tanto, actualmente, calquera explotación activa onde se críen as especies mencionadas debe de estar dada de alta en REGA. Para iso o titular debe facilitar á autoridade competente da comunidade autónoma onde radica a explotación os datos básicos establecidos polo Real Decreto 479/2004. A autoridade competente inscribirá entón no seu rexistro á explotación e asignaralle un código de identificación de acordo coa estrutura establecida no artigo 5 do Real Decreto. Posteriormente comunicará o devandito código xunto co resto de datos da explotación á Dirección General de Ganadería aos efectos da súa inclusión en REGA.
Ler máis Ler menos
A quen vai dirixido?
Se vostede é titular dunha explotación gandeira deberá rexistrala e lle será entregado un libro de explotación no que deberán figurar tódolos animais da mesma.
A onde acudir
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Sanidade Animal
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544782
Fax: 981545735
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Consellería do Medio Rural
Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Ler máis Ler menos
Órgano responsable
Servizo de Sanidade Animal
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 22 de abril de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
Ámbito Estatal
Lei 8/2003, de 24 de abril, de sanidade animal (BOE nº 99 do 25 de abril de 2003).
Orde APA/2442/2006, do 27 de xullo, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria (BOE nº 179 do 28 de xullo de 2006).
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres