MR445B - Axudas para agricultores membros de agrupacións de defensa fitosanitaria.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2015 das axudas para agricultores membros de agrupacións de defensa fitosanitaria.

A quen vai dirixido?

Poderán acollerse a esta axuda os/as agricultores/as que desenvolvan a súa actividade nos sectores de produción de horta, froiteira e/ou vide, que estean inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias, segundo o Decreto 253/2008, do 30 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, e que pertenzan a unha ADF, sexa ou non entidade colaboradora, e empreguen os seus servizos para o desenvolvemento dun programa de defensa fitosanitaria.

Requisitos

- Acreditarán a súa actividade agraria mediante o seu correspondente código de explotación agraria (CEA) e/ou código de explotación vitícola (CODEV).

- Se un/unha agricultor/a pertencese a varias agrupacións só poderá obter subvención pola súa pertenza a unha delas.

- Deberá cumprirse cos requisitos establecidos no Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352/9, do 24 de decembro), que no seu artigo 1. Ámbito de aplicación, número 1, determina que se aplicará ás axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas, coa excepción:

a) Das axudas cuxo importe se fixe sobre a base do prezo ou a cantidade dos produtos comercializados.
b) Das axudas a actividades relacionadas coa exportación a terceiros países ou Estados membros, en concreto as axudas directamente vinculadas ás cantidades exportadas, ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes relacionados coa actividade exportadora.
c) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal

Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños

15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881977443

Fax: 881997442

Órgano responsable

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 21 de maio de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para agricultores membros de agrupacións de defensa fitosanitaria e se convocan para o ano 2015 (DOG nº 100 do 29 de maio de 2015).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.