MR443A - Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2019 e convocalas para o mesmo ano, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

Entidades aseguradoras autorizadas.

1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Empresa e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

Liñas de seguros subvencionables e contía das axudas.

1. Para o ano 2019 a subvención da Consellería do Medio Rural para todas as liñas de contratación establecidas nos anexos I e II que se xuntan a esta orde, incluídas as modalidades de renovables, unha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo se indica nos ditos anexos.

Para as pólizas contratadas por entidades asociativas de agricultores e gandeiros, coas características admitidas pola Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, establécese unha subvención adicional do 4 % nas liñas agrícolas e gandeiras (anexo I).

2. A concorrencia das axudas das administracións públicas non superará as porcentaxes máximas establecidas nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario para atender posibles perdas causadas por desastres naturais, acontecementos de carácter excepcional, fenómenos meteorolóxicos adversos asimilables a desastres naturais, enfermidades animais, pragas vexetais e retirada e destrución de gando morto. Para asegurar o cumprimento desta normativa, as subvencións terán os seguintes límites:

a) A subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder os límites xenéricos seguintes:

1º. Para as liñas de seguros agrícolas establécese un límite do 65 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.

2º. Para as liñas de seguros de explotacións gandeiras e acuícolas establécese un límite do 65 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.

b) No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder o límite xenérico do 80 % do recibo de prima, sen ter en conta as recargas por contratación.

3. Para o cálculo do importe definitivo de subvención, ás cantidades que resulten de aplicar as porcentaxes do número 1 e os límites impostos no número 2 deste artigo, restaráselles a cantidade de 15 euros. Non se concederá ningunha subvención a aquelas solicitudes en que este cálculo resulte igual ou inferior a esta cantidade.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Os tomadores dos seguros e, de ser o caso, os asegurados beneficiarios achegarán unha lista resumo das pólizas subscritas, así como toda aquela documentación relacionada coa contratación do seguro, sempre que así lles sexa exixida expresamente pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias. Así mesmo, aqueles terán a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

2. Na formalización do seguro, os beneficiarios das axudas farán constar as axudas solicitadas ou concedidas polas distintas administracións públicas competentes para a mesma finalidade.

3. O incumprimento das obrigas sinaladas nos dous puntos anteriores poderá supor a perda total ou parcial da axuda, así como a obriga de restituír as cantidades percibidas, sen prexuízo doutras responsabilidades en que puideren incorrer os beneficiarios ou perceptores.

4. Os asegurados, polo feito de contrataren a póliza do seguro agrario, autorizan a Consellería do Medio Rural, para que, en caso necesario, e co obxecto de verificar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta orde, poida solicitar a cesión de información a outras administracións, por medios informáticos ou telemáticos, sobre a circunstancia de estaren ou non ao día nas súas obrigas tributarias, así como calquera outra información que permita certificar o cumprimento dos requisitos exixidos para a obtención das subvencións reguladas nesta orde.

5. A formalización da póliza constitúe unha autorización para poder obter de Agroseguro a información sobre os sinistros acontecidos nas explotacións aseguradas e outros datos relevantes sobre a xestión da póliza, segundo se fai constar no documento de aseguramento que se asina para a súa formalización.

6. Nos seguros de gando, no caso de cesar a actividade para a cal se subscribise o seguro antes de rematar o prazo de garantías, é obrigatorio comunicar á compañía aseguradora a fin da actividade co fin de que, se é o caso, a Consellería do Medio Rural poida recuperar a parte de subvención non empregada.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Empresa e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras de los Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados, de conformidade co previsto na Lei 87/1978, do 28 de decembro, de seguros agrarios combinados, e demais normativa de desenvolvemento.

2. A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros. Non obstante, soamente aqueles tomadores que se inscriban no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) poderán percibir as subvencións públicas adicionais que por contratación colectiva se establezan.

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981184684

Fax: 981184474

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra

R/FERNÁNDEZ LADREDA 43-2º

36003 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 886206543

Fax: 886206588

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6 BAIXO

32003 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386687

Fax: 988386482

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal

Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños

15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 881977443

Fax: 881997442

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982889249

Fax: 982294808

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

Servizo de Sanidade e Produción Vexetal

Normativa

Ámbito Autonómico

Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación de seguros agrarios (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 1996).

Ligazón á normativa

Orde do 26 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Galicia Parabéns e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 17 do 24 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Ámbito Estatal

Resolución do 19 de decembro de 2016, da Subsecretaría, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 16 de decembro de 2016, polo que se aproba o trixésimo oitavo Plan de Seguros Agrarios Combinados (BOE nº 310 do 24 de decembro de 2016).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.