MR404A - Axudas á incorporación de persoas mozas á actividade agraria.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas e convocar para o ano 2019 a seguinte liña de axuda incluída no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:

Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.

- Submedida 6.1. Creación de empresas para as persoas agricultores mozas (procedemento MR404A).

A quen vai dirixido?

Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe/a da dita explotación.

Requisitos

Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada persoa beneficiaria segundo o tipo de axuda que solicite, todos deben:

1. Cumprir a condición de persoa agricultora activa no momento da solicitude. No caso de persoas agricultoras mozas, esta condición deberase cumprir dentro dos 18 meses seguintes á concesión da axuda.

Este requisito non será aplicable as persoas beneficiarias da submedida 6.3.

2. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader.

3. Con carácter xeral, e de conformidade co establecido nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

b) Solicitar a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou ter sido inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

c) Ter dado lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

e) Non estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.

g) Non estar ao día no pagamento de obrigacións por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

As persoas que desexen acceder ás axudas á incorporación de persoas agricultoras mozas á actividade agraria (procedemento MR404A) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter entre 18 e 40 anos de idade, ambos incluídos.

b) Cumprir a condición de persoa agricultora profesional coa execución do plan empresarial.

c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a concesión da axuda.

d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando finalice o seu plan empresarial, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.

e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.

f) Presentar un plan empresarial de acordo co anexo V.

g) Exercer o control efectivo da explotación.

h) Non ser titular dunha explotación agraria, excepto que:

a. Sendo titular dunha explotación agraria cuxa marxe neta non supera o 20 % da renda de referencia, pase a ser titular dunha explotación prioritaria.

b. Sendo titular dunha explotación agraria cuns niveis de dedicación de tempo de traballo e de renda unitaria de traballo inferior aos mínimos establecidos para os titulares de explotacións prioritarias, alcance esta consideración en calidade de agricultor a título principal.

i) Non ter declarado rendementos económicos por actividades agrarias en estimación obxectiva ou directa. Exclúense desta consideración os rendementos económicos declarados polo persoa moza que proveñan da recollida e venda esporádica de produtos silvestres ou castañas de souto tradicional, así como a venda de madeira.

j) A data de establecemento pode ser de ata 24 meses antes da solicitude da axuda, pero, en ningún caso, procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.

Así mesmo, deberán:

a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.

b) Comprometerse a ter contratado, e a manter durante todo o período de compromisos, un seguro agrario pertencente ao Plan de seguros agrarios combinados do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, excepto a liña Seguro de retirada e destrución de animais mortos na explotación.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias

Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546396 / 981546275

Fax: 981546892

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008 Coruña, A (Coruña, A)

Teléfono: 981184554 / 981182256

Fax: 981184474

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071 Lugo (Lugo)

Teléfono: 982294465 / 982294526

Fax: 982294808

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense

R/Florentino López Cuevillas, 4-6 baixo

32003 Ourense (Ourense)

Teléfono: 988386531

Fax: 988386482

Consellería do Medio Rural

Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra

R/ Fernández Ladrera, 43-2º

36003 Pontevedra (Pontevedra)

Teléfono: 886206199 / 986805422

Fax: 886206588

Ler máis Ler menos

Órgano responsable

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014_2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 94 do 20 de maio de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 16 de maio de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 94 do 20 de maio de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.