MR362B - Axudas colectivas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 28/05/2015 - 27/06/2015.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • No caso de axudas correspondentes a programas de calidade xestionados por consellos reguladores que teñan asinado o convenio a que se refire o punto 2 do artigo 6 da orde do 11 de xuño de 2013 (DOG nº 116, do 19 de xuño de 2013), as solicitudes presentaranse de maneira colectiva, de acordo co modelo que figura no anexo II-A (Solicitude de axuda a produtores tramitada polos consellos reguladores que teñan formalizado convenio de colaboración) desta orde, actuando os ditos consellos, ademais de como entidades colaboradoras, como representantes dos beneficiarios. Xunto coa solicitude achegarán unha relación numerada de produtores solicitantes da axuda, de acordo co modelo do anexo II-B e certificado de que todos os produtores teñen as súas explotacións inscritas no correspondente programa de calidade e están sometidos aos controis pertinentes.
  • Para acreditar a vontade dos beneficiarios de solicitar a axuda, a entidade colaboradora deberá dispor das correspondentes solicitudes individuais cubertas polos beneficiarios, conforme ao modelo que figura no Anexo II-C (?Autorización ao consello regulador para tramitar as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada?) e cumprir o establecido no artigo 32.3º da lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o Documento Nacional de Identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA DE PONTEVEDRA

Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º
36003Pontevedra
Teléfono: 986805460Fax: 986805485

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA

Avenida do Camiño francés, nº 10
15703Santiago de Compostela
Teléfono: 981540055Fax: 981540018

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE LUGO

SERVIZO DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA DE LUGO

Ronda da Muralla, 70
27071Lugo
Teléfono: 982294517Fax: 982294452

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DA CORUÑA

SERVIZO DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA DA CORUÑA

Vicente Ferrer, nº 2
15008Coruña, A
Teléfono: 981184530Fax: 981184651

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE OURENSE

SERVIZO DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA DE OURENSE

R/ Florentino López Cuevillas, 4 - 6
32003Ourense
Teléfono: 988386547Fax: 988386566

Versión en formato PDF

Esta orden tiene por obxecto, convocar para o exercicio orzamentario 2015, en réxime de concorrencia competitiva polo sistema de rateo, as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, sendo as súas bases reguladoras as contidas na Orde do 11 de xuño de 2013, publicadas no DOG nº 116 do 19 de xuño.
A finalidade desta liña de axudas é fomentar a participación dos agricultores e gandeiros nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada mediante a contribución ao financiamento dos custos fixos que esta participación ocasiona.
Serán subvencionables, excluídos impostos recuperables, os gastos derivados da inscrición e as cotas de participación nun programa de calidade diferenciada dos alimentos do sector agroalimentario galego, incluíndo, se é o caso, os gastos de rexistro, control ou inspección e certificación necesarios para comprobar o cumprimento das especificacións do programa. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.
Para a convocatoria de 2015, serán atendibles os gastos imputados á campaña anual que comprende o período que vai do 1 de xuño de 2014 ata o 31 de maio 2015.

Beneficiarios:

Os produtores que participen nalgún dos programas de calidade diferenciada dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2 da Orde do 11 de xuño de 2013, recollidos no PDR de Galicia 2007-2013.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan estas axudas para o ano 2013 (DOG nº 116 do 19 de xuño de 2013).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 18 de maio de 2015 pola que se convocan para o ano 2015 as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013 (DOG nº 98 do 27 de maio de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.