MR361A - Axudas aos investimentos na elaboración e comercialización de produtos vitícolas, financiados polo FEAGA.

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 22/12/2015 - 21/01/2016.

Un mes contado a partir do dia seguinte ao de publicación desta orde no DOG.Para a construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, o solicitante terá un prazo adicional de 2 meses para presentar a preceptiva licenza de obras.

Prazo de resolución: Seis meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo V desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:
    - Memoria: anexo VI debidamente cuberto.
    - Proxecto de investimento: co contido mínimo indicado no anexo VII.
    - Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo IX debidamente cuberto.
    - Documentación adicional:
    • a) Documentos acreditativos da personalidade do solicitante. Para iso, no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución onde se recollan os estatutos ou regras fundacionais e debidamente inscritos no rexistro público que corresponda segundo o tipo de personalidade xurídica de que se trate. Así mesmo, deberanse presentar as modificacións posteriores dos documentos indicados, así como a copia do NIF no caso de que non se autorice a consellería para a súa verificación. No caso de persoas físicas esta acreditación realizarase mediante a fotocopia cotexada do DNI, ben que só será necesario presentalo se o beneficiario non outorga expresamente autorización á Consellería, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e á Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    • b) No caso de empresas xa existentes, balance e contas de resultados dos tres últimos anos se son sociedades, e no caso de persoas físicas declaración da renda dos últimos tres anos no caso de que se denegue expresamente a autorización para para a súa verificación. Se a empresa ten ou forma parte dun grupo empresarial, debe presentarse tamen o balance e contas consolidadas do último ano do grupo.
    • c) Todas as ofertas solicitadas relativas aos investimentos que se vaian realizar e incluídas no anexo IX desta orde.
    • d) No caso de investimentos que inclúan a construción de novas superficies cubertas, xustificación documental da dispoñibilidade do terreo e licenza de obras.
    • e) No caso de que o solicitante sexa unha cooperativa, certificado do secretario indicando:
      • O nº de socios.
      • Se houbo ou non un proceso de fusión nos dous últimos anos.
      • Se está acollida á Orde APA/180/2008, do 22 de xaneiro, ou se e unha entidade asociativa prioritaria recoñecida de acordo co Real decreto 550/2014.
    • f) No caso de que o solicitante sexa un produtor vitivinícola con produción en 2015 acollida a unha figura de calidade recoñecida ou a produción ecolóxica, certificado da devandita figura de calidade sobre a produción acollida ese ano.
    • g) Se as instalacións do solicitante dispoñen de certificación de aseguramento da calidade (BRC,IFS,ISO) ou ambiental, copia desta.
    • h) Se o solicitante dispón de contratos homologados pola Lei 2/2000 con viticultores para a totalidade da uva procesada, excluída a propia, fotocopia dos contratos e relación destes sinalando as cantidades contratadas.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 do xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable de procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA DE PONTEVEDRA

Avenida Fernández Ladreda, nº 43 - 2º
36003Pontevedra
Teléfono: 986805460Fax: 986805485

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS ALIMENTARIAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA

SERVIZO DE INDUSTRIALIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
Avenida do Camiño Francés, 10
15703Santiago de Compostela
Teléfono: 981540025

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE LUGO

SERVIZO DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA DE LUGO

Ronda da Muralla, 70
27071Lugo
Teléfono: 982294517Fax: 982294452

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DE OURENSE

SERVIZO DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA DE OURENSE

R/ Florentino López Cuevillas, 4 - 6
32003Ourense
Teléfono: 988386547Fax: 988386566

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL DA CORUÑA

SERVIZO DE INDUSTRIAS E CALIDADE AGROALIMENTARIA DA CORUÑA

Vicente Ferrer, nº 2
15008Coruña, A
Teléfono: 981184530Fax: 981184651

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no Real decreto 1079/2014, do 19 de decembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2014-2018 ao sector vitivinícola, así como realizar a convocatoria para o ano 2016.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios da medida de investimentos as empresas que realicen actividades de transformación ou comercialización de produtos vitivinícolas ou ben ambas as dúas actividades simultaneamente. Entenderase por produtos vitivinícolas os mencionados na parte II do anexo VII do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, e que se producisen no territorio español.

Requisitos:

A empresa deberá ter empezado o desenvolvemento das devanditas actividades con anterioridade á data de presentación da solicitude de axuda ou comezala coa execución do proxecto de investimento motivo da solicitude de axuda.
Non obstante, cando se trate de solicitantes cuxa actividade sexa, ou pretenda ser, unicamente a comercialización de produtos vitivinícolas, deberán satisfacer, segundo corresponda, os seguintes requisitos:
a) Se se trata dunha empresa xa en actividade, polo menos un 80 % da súa facturación do último exercicio pechado deberá proceder da comercialización de produtos vitivinícolas.
b) Se se trata dunha empresa cuxa actividade se iniciase coa execución do proxecto de investimento motivo da solicitude de axuda, deberá comprometerse a que polo menos o 80 % da súa facturación anual durante o período de durabilidade dos investimentos proceda da comercialización dos produtos vitivinícolas.
En todo caso, o beneficiario da axuda deberá ser o responsable final do financiamento do proxecto, de tal forma que o gasto do investimento deberá soportarse na súa contabilidade.
Outros requisitos.
1. A empresa solicitante deberá demostrar viabilidade económica. Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme a elas considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que ocorre cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade en que polo menos algúns socios teñan unha responsabilidade limitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecera por las perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa se encontre inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.
d) Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:
1º. A ratio débeda/capital da empresa fose superior a 7,5, e
2º. A ratio de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se consideran empresas en crise agás que cumpran a condición establecida na alínea c) do parágrafo anterior.
En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.
Tampouco poderán ser beneficiarias de axudas as empresas que se atopen en proceso de ter solicitado a declaración de concurso voluntario, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, atoparse declaradas en concurso, agás que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitos á intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que concluíra o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
2. Non se concederán axudas a aqueles solicitantes que non acrediten estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da comunidade autónoma (Consellería de Facenda).
Para eses efectos, a presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e neste caso debe presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.
Tampouco se concederán axudas a aqueles solicitantes que non estean ao día nas súas obrigas por reintegro de subvencións.
3. Os beneficiarios deberán manter o investimento segundo o previsto no artigo 50.5 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro. Así mesmo, a durabilidade será exixible aos adquirentes, nos supostos de transmisión da actividade produtiva e das infraestruturas ligadas a ela obxecto da axuda e deberase acreditar de modo fidedigno ante a autoridade competente que esta circunstancia é coñecida e aceptada polos adquirentes. En caso contrario, calquera suposto de reintegro sería exixible sobre o beneficiario orixinal da axuda.
4. Non se concederán axudas a solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias que dean lugar á prohibición para obter a condición de beneficiario sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e, en particular, aos solicitantes condenados mediante sentenza firme ou sancionados mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións públicas.
5. Os proxectos de investimento estarán claramente definidos especificando as actuacións/operacións e detallando os conceptos de gasto que compoñen cada operación e os custos estimados de cada unha delas, respectando a moderación de custos tal e como establece o artigo 77 do Regulamento (CE) nº 555/2008 e, no caso de investimentos en comercialización que se vaian realizar noutros países da UE diferentes a España deberase indicar a súa localización exacta.
En todo caso, conterán, como mínimo, a información detallada recollida no anexo VII desta orde.
Os proxectos de investimento poderán realizarse nos exercicios Feaga 2017 e 2018 e poderán ser anuais ou plurianuais. O prazo máximo de xustificación en cada exercicio Feaga será o 29 de abril dese exercicio.
Os proxectos presentados deberán ter viabilidade técnica e económica.
6. Os gastos susceptibles de auxilio presentados cunha solicitude de axuda deberán cumprir os seguintes criterios de moderación de custos:
a) Con carácter xeral, o solicitante de axuda deberá presentar como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou subministren, circunstancia que debe xustificarse nunha memoria específica.
Non se considerarán subvencionables os conceptos incluídos na solicitude de axuda dos cales non se acredite o cumprimento deste requisito.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase seguindo criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
b) Con independencia do anterior, os gastos afectados polo disposto no anexo II non poderán superar as contías máximas admisibles alí consideradas, de maneira que, se nun proxecto de investimento se superan tales máximos, o exceso será considerado gasto non subvencionable.
7. Non se concederán axudas a investimentos en construción de novas superficies cubertas ou ampliación das existentes, nin os seus investimentos relacionados, se non se acredita coa solicitude e nos prazos establecidos a dispoñibilidade do terreo e da licenza de obras correspondente que lle permita iniciar as obras.
8. Os investimentos non poderán comezar antes da presentación da solicitude de axuda, agás que os gastos sinalados no anexo III, 5, a) e b), que poderán ser tidos en consideración a partir dos doce meses previos á data de solicitude.
O inicio das operacións do proxecto de investimento previamente á resolución non implica ningún compromiso por parte da Administración sobre a concesión da axuda.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 9 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas aos investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o ano 2016 (DOG nº 242 do 21 de decembro de 2015).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.