MR204A - Axudas para a programación de accións formativas.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para a levar adiante actividades de formación continua profesional orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeireira na Comunidade Autónoma de Galicia, e convocalas para o ano 2019.

O código do procedemento regulado nesta resolución e que facilitará a identificación da sede electrónica da Xunta é o MR204A.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta resolución realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva.

Gastos subvencionables .

Só serán subvencionables os custos reais, efectivamente realizados, pagados e xustificados mediante facturas ou documentos contables de valor probatorio e que respondan á natureza da actividade subvencionada.

1. As axudas previstas nesta resolución destinaranse a cubrir os gastos, efectuados posteriormente á presentación da solicitude da axuda, que estean directamente relacionados coa realización das accións formativas propostas, e poderán aplicarse aos conceptos que a continuación se detallan, e sempre que non se superen as contías máximas establecidas no artigo 5:

a) Gastos de profesorado: incluirá a impartición das ensinanzas das distintas accións formativas, tanto das horas teóricas como das horas prácticas presenciais: máximo 60 €/hora presencial e máximo 1 €/hora semipresencial e alumno.

O cálculo de gastos de profesorado realizarase sobre o número de horas mínimo exixido na normativa reguladora correspondente.

No caso de subcontratación de docentes, en ningún caso se poderá exceder o 50 % do importe de cada acción formativa xustificada.

b) Material didáctico (incluído material de prácticas): 0,50 € por alumno e hora de actividade formativa, ata un máximo dun 25 % do importe total dos gastos subvencionables do curso.

O cálculo de gastos de material didáctico realizarase sobre o número de horas mínimo exixido na normativa reguladora correspondente e un máximo de 30 alumnos.

c) No suposto de que a acción formativa comporte a organización de visitas, sempre e cando sexan autorizadas segundo o artigo 5.5, a maiores financiarase o 100 % dos gastos de desprazamento nun medio de transporte colectivo, debidamente xustificada a oportunidade e necesidade do uso dese transporte concreto.

2. A formación será totalmente gratuíta para todo o alumnado das accións formativas derivadas desta resolución.

Gastos non subvencionables .

Non será subvencionable ningún gasto correspondente a actuacións ou actividades anteriores á data de presentación da solicitude, nin os derivados dos requisitos que teñen que cumprir os solicitantes para poder concorrer a esta convocatoria.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

1. Poderán ser beneficiarias das axudas as entidades colaboradoras privadas inscritas no Rexistro Administrativo de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural, que deberán cumprir co establecido na Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se ditan normas relativas á inscrición no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural para realizar actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria, e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificados e diplomas oficiais por parte da Administración pública, así como no Rexistro de Entidades de Formación en Materia de Benestar Animal, reguladas polo Decreto 60/2007, do 22 de marzo, e demais normas que se desenvolvesen ao abeiro da súa normativa.

2. Non poderán ser beneficiarias das axudas as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, non poderán ser beneficiarias das axudas as entidades que:

a) Se beneficiasen dunha axuda anterior declarada incompatible por unha decisión da Comisión, ata que esa entidade reembolse o ingresado ilegalmente cos correspondentes xuros de recuperación.

b) As empresas en crise definidas no punto 35.15 das directrices da Unión Europea aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícolas e forestais nas zonas rurais do período 2014 a 2020.

Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas que resulten do capítulo III do título preliminar do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

1. Facer constar en todos os documentos e publicidade das actividades formativas o anagrama da Xunta de Galicia, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), o emblema da UE e unha referencia á axuda do Feader. Así mesmo, no desenvolvemento da dita actividade, infórmaselles aos participantes que está financiada pola Consellería de Medio Rural, polo MAPA e polo Feader.

Nos locais de impartición das accións formativas deberán figurar, sempre en lugar visible, a publicidade da actividade e o cartel do cofinanciamento (anexo VII), que permanecerán expostos ao longo da realización da dita actividade e deberán presentar en formato electrónico algunha proba documental da súa exposición.

En todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader, presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando se poida establecer un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

Os carteis, paneis ou placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e dos elementos descritos anteriormente. Esta información ocupará como mínimo o 25 % do cartel, da placa ou da páxina web.

2. Comunicarlle á Agacal calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar o desenvolvemento da actividade.

3. Realizar o reintegro das cantidades percibidas coa subvención, xunto cos xuros de demora calculados en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non se poderá fixar en máis de 60 días entre a data de reembolso ou dedución.

4. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas co fondo Feader, os beneficiarios deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento (UE) 809/2014.

5. Conforme o disposto no artigo 66.1.c) do Regulamento (UE) 1305/2013, os beneficiarios da axuda deberán levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á acción de formación subvencionada.

6. Someterse ás actuacións de supervisión e control que en calquera momento poidan acordar os servizos competentes da Agacal, tanto no relativo ao desenvolvemento da actividade como á súa xestión e tramitación administrativa.

7. O Regulamento (UE)1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello establece no artigo 71 o compromiso por parte dos beneficiarios de axudas, no marco das medidas de desenvolvemento rural, de proporcionarlle á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades.

8. Cubrir, antes do inicio do curso, unha ficha de cada alumno, segundo o modelo que se xunta como anexo VIII.

9. Formalizar a documentación solicitada no anexo IX: comunicación previa ao inicio do curso.

Ler máis Ler menos

Requisitos

1. As entidades, empresarios individuais ou autónomos solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscrita/o nos rexistros administrativos correspondentes segundo o tipo de formación solicitada e indicados no artigo 2.1 desta resolución.

b) Realizar a actividade obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.

c) Cumprir coas súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

d) Dispor dunha póliza de seguros de responsabilidade civil referente ás instalacións onde se realizarán as actividades e da póliza do seguro de accidentes e responsabilidade civil que cubra a totalidade do persoal docente e do alumnado.

e) No caso de persoa xurídica solicitante, posuír personalidade xurídica propia e suficiente capacidade de obrar. No caso de persoa física ou xurídica solicitante, non estar inhabilitada para a obtención da subvención pública ou para contratar co Estado, coas comunidades autónomas ou con outros entes públicos.

f) Non incorrer nalgunha das circunstancias relacionadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Cualificacións mínimas do persoal docente.

a) Titulación universitaria de grao superior ou medio en materias agrarias e afíns.

b) O persoal docente de prácticas poderá contar coa titulación de formación profesional dos ciclos medio e superior da familia profesional agraria ou asimilados.

c) Poderán ser docentes de accións de formación práctica os titulares de explotacións agrarias, titulares forestais ou da empresa agroalimentaria e forestal que acrediten una experiencia no sector mínima de 5 anos.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Dirección da AGACAL

Área de Formación, Innovación e Investigación

Departamento de Formación

Avda. do Camiño Francés, 10

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981546679

Fax: 981546651

Órgano responsable

Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL)

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 37 do 21 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 7 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2019 (DOG nº 37 do 21 de febreiro de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.