BS324B - Mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa):

Actualizado el 18 de diciembre de 2019
Ver en la web de la administración

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Iniciar presentación electrónica na sede:entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude

Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 09/04/2016 - 09/05/2016.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

Versión en formato PDF

  • As solicitudes das entidades sen ánimo de lucro deberán acompañarse de:
    • a) Solicitude de modelo oficial que figura no anexo I-B.
    • b) Copia do NIF da entidade, só no caso de denegar expresamente a súa verificación.
    • c) Copia do DNI/NIE da persoa representante da entidade, só no caso de que non dea o seu consentimento expreso para que se comprobe telematicamente o seu DNI/NIE, segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos e a Orde do 7 de xullo de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que o desenvolve.
    • d) Documentación acreditativa da súa lexitimación como representante da entidade, mediante a certificación do secretario ou secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta en que se recolla a composición do órgano de dirección no momento da presentación da solicitude.
    • e) Anexo II co proxecto de mobilidade.
    • f) De ser o caso, anexo IV debidamente asinado.
    • g) Documentación que acredite que ten sede permanente ou o domicilio social en Galicia.
    • h) No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade, na que consten os nomes das persoas designados para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación das función que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constarán tamen a súa titulación e experiencia, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o que realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamen polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.
  • A documentación complementaria será a indicada no anexo-A para cada procedemento. Esta documentación poderá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • No prazo de presentación de solicitudes, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día e inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Instrucións

Versión en formato PDF

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROGRAMAS PARA A XUVENTUDE

SERVIZO DE PROGRAMAS E MOBILIDADE XUVENIL
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981541688 / 981544645Fax: 981545843
Email: galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es
Información web: http://xuventude.xunta.es / http://garantiaxuvenil.xunta.es/

Versión en formato PDF

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido a mozos e mozas para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.
A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

Beneficiarios:

Entidades sin ánimo de lucro con sede permanente o domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades en el campo de la juventud.
Obrigas xerais dos/as beneficiarios/as.
1. As persoas/entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral a axudas e subvencións públicas, deberán:
a) Realizar as mobilidades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.
b) Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.
c) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE e ás que poidan corresponder, á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.
d) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa europea de garantía xuvenil, de conformidade co establecido no artigo 23 desta orde.
2. As obrigas específicas segundo o tipo de beneficiarios/as das axudas establécense no anexo-A desta orde de convocatoria para cada procedemento.
Obligacións dos/as beneficiarios/as das axudas a entidades sen ánimo de lucro.
a) A elección da entidade beneficiaria, unha das seguintes alternativas:
- Buscar unha ou varias entidades de acollida que participarán como socias das entidades beneficiarias para xestionar as mobilidades no país de destino que lles corresponda, comprometéndose a atopar empresas ou entidades públicas ou privadas suficientes para acoller a todos/as os/as participantes
- Buscar directamente empresas/entidades públicas ou privadas para a realización das prácticas.
b) Dispoñer dos seguros médicos e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nas mobilidades durante o período de duración das prácticas.
c) Difundir a convocatoria de mobilidade transnacional xuvenil publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais), ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.
d) Manter o contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico, durante todo o período de execución do proxecto de mobilidade subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización para os efectos do previsto no capítulo V do título I.
e) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás que sexan convocadas, durante o período de execución do proxecto subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.
f) Devolver cubertos os cuestionarios que lles sexan solicitados relativos aos indicadores de execución e de resultados, coa totalidade dos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 18.1, 27.b) e mais no apartado seguinte.
g) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico: galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es :
1º. No momento da adxudicación das axudas ás persoas participantes, deberán enviar:
- A relación das persoas seleccionadas para realizar as mobilidades, co fin de que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verifique que efectivamente están inscritos no Rexistro Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpren os requisitos exixidos.
- A declaración responsable prevista no artigo 28.2 e o cuestionario de indicadores de execución de cada participante. Advertirase ás entidades da necesidade de enviar a integridade dos datos solicitados e da consecuencia de non facelo, que será a perda do dereito á axuda.
- Os cuestionarios de indicadores de execución das persoas participantes.
2º. Ata 3 días antes de iniciar as prácticas formativas non remuneradas enviarán:
- Unha relación das persoas participantes nas actividades de mobilidade para as cales se pide a axuda, indicando a data de inicio e remate das prácticas.
- Unha copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que dea cobertura á mocidade que realizará as mobilidades así como a copia do seguros médicos que subscriba ou no seu defecto certificación de que todas as persoas participantes posúen a tarxeta sanitaria europea.
- Unha certificación da persoa representante da entidade na que conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación e experiencia e o número de horas ou a xornada adicada ao proxecto, no caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para a realización das mobilidades.
h) Satisfacer, ao seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.
i) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as modificacións substanciais do proxecto obxecto de subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos no momento en que se produzan. As ditas modificacións responderán a causas excepcionais debidamente xustificadas. Non se admitirán modificacións dos países de acollida das prácticas cando supoñan un aumento das contías das axudas concedidas.
j) Obriga de planificar, organizar e xestionar as mobilidades, no que se refire á viaxe ao país de destino o transporte local, o aloxamento e a manutención das persoas participantes durante as prácticas formativas.

Requisitos:

As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir as distintas convocatorias e os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán cumprir os requisitos exixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil.
1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
2.Ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. Non obstante poderán ter ata menos de 30 anos sempre que a taxa de, desemprego do colectivo da mocidade de 25 a 29 anos se sitúe por baixo do 20%, segundo a Enquisa de Poboación Activa correspondente ao último trimestre do ano.
O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do SNGX.
3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014, deberán cumprir os seguintes:
a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas movilidades.
Serán excluídas as persoas e entidades solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas/entidades que non se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Versión en formato PDF

AUTONÓMICA

Orde do 23 de marzo de 2016 pola que establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (DOG nº 67 do 8 de abril de 2016).

Ligazón á normativa

AUTONÓMICA

Orde do 24 de agosto de 2016 pola que se modifica a Orde do 23 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. (DOG nº 164 do 31 de agosto de 2016).

Ligazón á normativa

Versión en formato PDF


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.