IN853A - Axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.

As unidades mixtas concíbense como un instrumento favorecedor da cooperación entre os organismos de investigación de Galicia e o tecido empresarial para desenvolver de forma conxunta e coordinada actividades de investigación, innovación e desenvolvemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2018 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Consideraranse organismos de investigación:

– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.

– As universidades do Sistema universitario galego.

– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

– Os centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía.

– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.

– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento das actuacións da unidade mixta de investigación para as que foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i.

Obrigas dos beneficiarios.

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento no cal se establecen as condicións de axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases de convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) Cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular, o regulamento (UE) nº 1303/2013 e ao regulamento (UE) nº 1301/2013, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 75 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Comunicar á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Desenvolver as actividades da unidade mixta na Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Situar as dependencias da unidade mixta en Galicia, fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan.

j) Presentar o acordo de constitución da unidade mixta de investigación, no prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión.

k) Destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, isto debe ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

l) Mantemento dos investimentos en infraestruturas ou investimentos produtivos durante un prazo mínimo de cinco anos desde o pagamento final ao beneficiario en cumprimento do disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do 17 de decembro de 2013.

m) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas á autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

n) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web da unidade mixta ou optativamente nas páxinas web de cada un dos integrantes da unidade e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os membros da unidade mixta, os obxectivos e os principais avances da unidade mixta de investigación, que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación» así como cofinanciado con cargo aos Fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

o) Realizar un evento de difusión ao comezo das actividades da unidade mixta para explicar os seus obxectivos e outro á súa finalización para expoñer os resultados no suxeitos a confidencialidade. En ambos os eventos se poñerá de manifesto o apoio do Feder e da Axencia Galega de Innovación ás actuacións da unidade mixta.

p) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e atendendo ao sinalado no capítulo II do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2016, o beneficiario deberá, durante a realización da operación e mantemento do investimento:

1. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando, en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao fondo que dá apoio á operación e ao lema «Unha maneira de facer Europa».

2. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición na páxina web da unidade mixta ou optativamente no sitio da internet da unidade mixta nas páxinas web de cada un dos integrantes da unidade, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

3. Colocar, nun lugar ben visible para o público como, por exemplo, á entrada das dependencias da unidade mixta, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa indicarán o nome e o obxectivo principal da operación, e elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

4. No caso de persoal de nova contratación para a unidade mixta, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3), ao nome da unidade mixta de investigación e a presente convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades da unidade mixta, o beneficiario (todos os integrantes da unidade mixta) deberá comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo específico 1.2.3) e incluirá unha mención expresa ao nome da unidade mixta, a presente convocatoria e a porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades da unidade mixta.

q) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e conservar a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de dous anos por tratarse de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 de euros, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. O órgano concedente informará o beneficiario da data de inicio a que se refire este obriga.

r) Informar do nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a actuación 1.2.3.2, que lles sexan de aplicación (para a actuación 70: Investimento privado en paralelo ao apoio público en proxectos de innovación ou I+D; para a actuación 69: investigadores-año participando en proxectos cofinanciados), ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos.

s) No caso de proxectos seleccionados, por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos no artigo 24.k) desta resolución.

t) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Requisitos das unidades mixtas de investigación.

Para os efectos desta convocatoria enténdese por unidade mixta de investigación a colaboración entre un organismo de investigación e unha empresa para o desenvolvemento de liñas de I+D+i de forma coordinada e conxunta e en que se cumpran os seguintes requisitos:

1. Entidades participantes.

A unidade mixta de investigación estará constituída por un único organismo de investigación dos sinalados no artigo 3 desta resolución e unha única empresa.

Excepcionalmente, poderá formar parte da unidade mixta unha segunda empresa cando exista unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades participantes nela. Neste caso, as dúas empresas participantes na unidade mixta deberán pertencer ao mesmo grupo empresarial no sentido do disposto no artigo 42 do Real decreto do 22 de agosto de 1885 polo que se publica o Código de comercio.

O organismo de investigación actuará como representante da unidade mixta de investigación ante a Axencia Galega de Innovación, como solicitante da axuda e como único interlocutor con ela.

2. Áreas de investigación.

As áreas de investigación das unidades mixtas estarán en consonancia cos retos estratéxicos e prioridades contidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) que se detallan no anexo I.

Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.

3. Constitución e duración das unidades mixtas.

– As unidades mixtas de nova creación acreditaranse mediante acordo escrito de constitución asinado entre as partes. A data deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no Diario Oficial de Galicia da correspondente resolución de concesión. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio da súa actividade.

– De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo da actividade. Prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade nos cales a empresa incorrería de todos os xeitos nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica. A data de inicio das actividades presentadas non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data do seu comezo.

4. Localización.

As dependencias da unidade mixta deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan e localizadas en Galicia.

5. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.

a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá de ser de 2.000.000 de euros para un marco temporal de 3 anos, dividido entre os integrantes da unidade mixta.

b) É requisito que a participación da/das empresa/as teña un importe mínimo de 1.000.000 de € e un valor medio mínimo do 40 % do orzamento total da unidade mixta.

c) A participación do organismo de investigación debe de ter un valor medio mínimo do 10 % do orzamento total da unidade mixta. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Axencia Galega de Innovación tal e como se especifica no artigo 3 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba de Gain.

d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten como mínimo os límites sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os que se concedeu a subvención.

Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 29 (gradación dos incumprimentos, reintegros e sancións).

e) A participación da empresa nas actividades da unidade mixta poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computarán para os efectos da achega do organismo de investigación.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

ÁREA DE XESTIÓN

Praza de Europa nº 10A-6º

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541096 / 881999633

Fax: 981957380

Email: xestion.gain@xunta.gal

http://gain.xunta.gal

Órgano responsable

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Normativa

Ámbito Autonómico

Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2018).

Ligazón á normativa

Extracto da Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 127 do 4 de xullo de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 3 de outubro de 2018 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 196 do 15 de outubro de 2018)

Ligazón á normativa

Resolución do 15 de outubro de 2018 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 26 da Resolución do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 201 do 22 de outubro de 2018).

Ligazón á normativa

Resolución do 12 de novembro de 2018 pola que se adxudican as axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 31 de maio de 2018 (DOG nº 220 do 19 de novembro de 2018).

Ligazón á normativa

Ler máis Ler menos


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.