IN643C - Inscrición/modificación/baixa na sección 2ª (distribuidores ou gasocentros) do rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos.
Obxecto
Esta orde será de aplicación ás instalacións en que se desenvolva a actividade da distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos situadas no ámbito de Galicia e que se inclúan no seguinte epígrafe:
- Instalacións de subministración a instalacións fixas para o seu consumo na propia instalación.
A quen vai dirixido?
Persoa física ou entidade xurídica encargada da súa explotación.
Requisitos
A inscrición neste rexistro será condición necesaria para a posta en funcionamento das instalacións, sen prexuízo doutras inscricións e/ou autorizacións que sexan necesarias de acordo coa lexislación vixente.
Os titulares das instalacións serán responsables do seu mantemento en correcto estado de funcionamento, así como de que cumpren os requisitos técnicos e de seguridade que as afecten, sen prexuízo da lexislación de protección do ambiente aplicable.
Os titulares das instalacións obxecto de inscrición terán a obriga de comunicar cantas modificacións se produzan nos datos achegados con posterioridade á súa inscrición, no prazo dun mes desde que se produzan, sendo responsables da veracidade dos mesmos datos.
No caso en que os titulares das instalacións que fosen obxecto de inscrición neste rexistro teñan decidido dalas de baixa, estarán obrigados a deixar fóra de servizo toda a instalación, incluíndo os tanques de almacenamento de produtos petrolíferos líquidos, segundo os procedementos recollidos na lexislación de aplicación, e a comunicalo ao rexistro no prazo dun mes mediante a correspondente solicitude de baixa.
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS
Servizo de Ordenación e Coordinación
Edificio Administrativo San Caetano, s/n bloque 5, 4ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957185
Fax: 981545515
Órgano responsable
Servizo de Ordenación e Coordinación
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).
Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia (DOG nº 60 do 30 de marzo de 2015).
Orde do 24 de maio de 2006, polo que se crea e se regula o rexistro de instalacións de distribución polo miúdo de productos petrolíferos líquidos (DOG nº 114 do 15 de xuño de 2006).
Decreto 45/2015, do 26 de marzo, polo que se regula o procedemento integrado para a implantación de instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos, a súa posta en funcionamento e se determinan os órganos competentes para o exercicio da potestade sancionadora en materia de hidrocarburos (DOG nº 68 do 13 de abril de 2015).
Ámbito Estatal
Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 241 do 8 de outubro de 1998).
Ler máis Ler menos
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
Ronda de Fingoi, 170 , Lugo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
Rúa da Fonte, 3 , Castroverde
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas
Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela
Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres