IN630A - Acreditación como laboratorio para vehículos históricos.
Forma presentación
Presencial
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.
Datos da solicitude
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
- Solicitude
- Estar vinculados a Centros Oficiais de Ensinanza da Comunidade Autónoma de Galicia, nos que se impartan materias relacionadas coa tecnica do automóbil
- Non ter ningún tipo de participación, nin estar participado por entidades que están relacionados coa industria do automóbil
- A entidade ou organismo, os seus directivos e o persoal, encargado das operacións de verificación e control non poderán intervir directamente, nin como representante, intermediario ou axente, no proxecto, construcción, comercialización, suministro, instalación ou mantemento dos automóbiles que está autorizado a verificar como Laboratorio Oficial Acreditado
- Ter cuberta a responsabilidade civil que poidera derivarse da súa actuación mediante a oportuna póliza de seguros, por unha contía mínima de 10.000.000 de ptas., con cláusula de actualización anual segundo o índice de prezos ó consumo do Instituto Nacional de Estatística
- Como responsable tecnico do Laboratorio deberá existir un tecnico titulado de grao superior ou medio e persoal auxiliar suficiente para o normal desenvolvemento da actividade
- do 90% de vehículos censados polos clubes de vehículos históricos de Galicia
- dos vehículos fabricados no ámbito da CE dende 1970
- No prazo de dous anos obterá información tecnica acerca dos vehículos fabricados en España dende o inicio do automóvil, e no prazo de 4 anos da producción mundial dende o inicio do automóvil
- Dispor dun productor de actuación que defina con precisión a metodoloxía a seguir para a inspección dos vehículos e a tabla de tarifas a aplicar, aprobado pola Dirección Xeral de Industria
- Contar coas instalacións, equipos e elementos suficientes para efectuar as inspeccións dos vehículos
- Dispor dos medios informáticos que permitan unha xestión eficaz da base de datos propia e conexión vía modem e fax a outras bases de datos
Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica
Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.es
SERVIZO DE ORDENACIÓN ENERXÉTICA
Edif. Administrativo San Caetano, s/n
15781Santiago de Compostela
Teléfono: 981544388Fax: 981957192
Si vostede quere acreditar un laboratorio da súa propiedade, como laboratorio de vehículos históricos deberá presentar unha solicitude con documentación que se sinala, ante a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.
A actuación dos laboratorios acreditativos para vehículos históricos terá por obxeto inspecciona-los vehículos que se pretendan catalogar como históricos e emitir dictame acerca da autenticidade do vehículo, características técnicas, exencións e condicións técnicas que o vehículo debe cumprir nas inspeccións periódicas, frecuencia das mesmas e posibles limitacións á circulación.
A acreditación como laboratorio para vehículos históricos terá unha validez de dous anos, podéndose prorrogar por iguais prazos sempre que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos.
AUTONÓMICA
Orde do 17 de xuño de 1996 pola que se establecen requisitos para a acreditación de laboratorios oficiais de vehículos históricos e a catalogación dos ditos vehículos (DOG nº 131 do 4 de xullo de 1996)
Oficinas de la administración
Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Sarria
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Carballo
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal de Castroverde
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia
De 9 h a 14 h, de luns a venres
Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Oficina Agraria Comarcal da Cañiza
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres