IN619A - Axuda para o soterramento de infraestruturas eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Regular e convocar axudas para o soterramento e/ou recuamento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Os proxectos subvencionables ao abeiro desta convocatoria deberán desenvolverse ao longo do ano 2013.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

As axudas concedidas con cargo á presente orde destinaranse a financiar os gastos derivados do soterramento e/ou recuamento de infraestruturas eléctricas de alta e baixa tensión xa existentes, considerándose gastos subvencionables os relativos tanto á obra eléctrica como á obra civil.

O cumprimento do fin para o cal foi concedida a axuda considerarase acadado cando a actuación obxecto da subvención estea totalmente rematada, entendendo por isto a realización tanto da obra civil como das instalacións eléctricas.


Período de gasto subvencionable admitido: consideraranse subvencionables todos os gastos imputados desde o 1 de xaneiro de 2013.

En ningún caso serán gastos subvencionables os custos salariais propios nin os gastos derivados de pagamento de permisos de paso ou expropiacións, nin tampouco os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Poderase considerar subvencionable o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

As actuacións que se realicen ao abeiro da presente orde encádranse dentro do eixo 4 (transporte e enerxía), tema prioritario 33 (electricidade), actuación 5 (soterramentos, recuamentos e outras adecuacións de liñas), do programa operativo de Galicia Feder 2007-2013.

Ler máis Ler menos

A quen vai dirixido?

Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O beneficiario da subvención queda obrigado a:

a. Executar o proxecto que fundamente a concesión da subvención.

b. Xustificar ante o órgano concedente a realización da actividade, así como o cumprimento dos requisitos e condicións que determina na concesión e o goce da subvención. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c. As infraestruturas subvencionadas deberán permanecer destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención por un período non inferior a cinco anos tal como recolle o artigo 31.4.a. da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e o artigo 29.4.a da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora legalmente establecido desde o momento do pagamento da subvención, segundo o establecido no artigo 21.3 da presente orde.


d. Someterse ás actuacións de comprobacións que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación explícita de execución de obra ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o que achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

f. Os beneficiarios da axuda deberán facer referencia, na súa publicidade ou na información que xeren en relación aos proxectos subvencionados, ao cofinanciamento dos seus activos con fondos europeos Feder, cumprindo as medidas en materia de información e publicidade establecidas nas disposicións comunitarias de aplicación e, en especial no Plan de comunicación Feder Galicia 2007-2013 e na Guía de publicidade e información das intervencións cofinanciadas polos fondos estruturais 2007-2013, a cal pode consultarse na páxina web http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/guia-intervencions-cofinanciadas-fe.

En concreto, durante a execución das obras subvencionadas deberá estar visible un cartel informativo de acordo co disposto no artigo 15.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Durante a execución dos proxectos cun custo total (en contribución pública total) superior a 500.000 ?, o beneficiario colocará un cartel informativo no propio enclave da obra, de acordo co artigo 8.3 do Regulamento (CE) nº 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, que debe permanecer instalado durante todo o período de execución do proxecto. Unha vez finalizado, o cartel substituirase por unha placa explicativa permanente, nun prazo máximo de 6 meses.

Recoméndase que se o custo total non supera os 500.000 ? se coloque un cartel informativo no propio enclave da obra, de acordo co sinalado no parágrafo anterior, especialmente se se superan os 100.000 ?.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, que poderán presentar solicitudes individualmente ou de forma conxunta baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar), para os efectos do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

So se admitirá unha solicitude de axuda por concello ou agrupación de concellos e unha única actuación por solicitude, sen que se acepte o agrupamento de varios proxectos diferentes nunha mesma solicitude.

Non se admitirán aquelas solicitudes conxuntas en que non se acredite a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes en cada entidade local.


Para tales efectos, entenderase que para que unha actuación de soterramento e/ou recuamento de infraestruturas eléctricas se considere unha actuación conxunta debe tratarse dunha infraestrutura que fisicamente teña continuidade e que afecte varios termos municipais.

Non poderán obter a condición de beneficiario as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS ENERXÉTICAS

Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5

15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981545573

Fax: 981545515

Órgano responsable

SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS ENERXÉTICAS

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 97 do 23 de maio de 2013).

Ligazón á normativa

Orde do 8 de outubro de 2013 pola que se amplía o prazo de presentación da documentación xustificativa establecido na Orde do 13 de maio de 2013 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o soterramento de infraestruturas eléctricas que transcorran por un ou varios termos municipais na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 199 do 17 de outubro de 2013).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.