IN607A - Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do sistema galego de I+D+i - GRC.

Actualizado el 3 de agosto de 2020
Ver en la web de la administración

Obxecto

Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

A quen vai dirixido?

Poderán ser beneficiarias das axudas das modalidades A as entidades sinaladas a continuación e destinaranas aos seus grupos de investigación, recoñecidos como tales polas distintas entidades, e ao persoal investigador que proceda, que cumpran na data de publicación desta convocatoria os requisitos establecidos no anexo I - Modalidade A.

a) As universidades do SUG.

b) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

c) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur). No caso dos Institutos de Investigación Sanitaria IDIS e INIBIC e dos centros do ámbito do SERGAS que xestionen as súas actividades de investigación mediante as citadas fundacións, poderán solicitar as axudas da presente convocatoria a través destas entidades.

d) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

Ler máis Ler menos

Requisitos

Ser un grupo de investigación recoñecido pola entidade solicitante que cumpra os criterios seguintes:

a) Ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos 5 investigadores/as. Cada investigador/a unicamente poderá formar parte da composición dun grupo no ámbito desta convocatoria.

b) Cumprir como mínimo un dos seguintes requisitos:

b.1.Ter polo menos 3 proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000 euros cada un, ou ter polo menos 1 proxecto competitivo activo, cun importe superior a 75.000 euros, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2018.

b.2.Ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 150.000 euros (ou superior a 80.000 euros cando se trate de grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas), no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de decembro de 2018.

b.3 Para as solicitudes do SUG: Ter sido beneficiario das axudas a Grupos de referencia competitiva do Programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG na convocatoria do ano 2015.

b.4 Para as solicitudes alleas ao SUG: Ter sido beneficiario ou ter participado no desenvolvemento de proxectos financiados no programa FEDER-INTERCONECTA, CONECTA- PEME ou noutras actividades financiadas pola Gain entre os anos 2015 e 2018.

c) Cumprir polo menos dous dos seguintes criterios de produción científica no período do 1 de xaneiro de 2016 ao 31 de decembro de 2018:

c.1 Artigos en publicacións incluídas en SCOPUS ou Web of Science: polo menos 10 publicacións. No caso dos grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas consideraranse artigos en publicacións ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX.

c.2 Libros publicados: polo menos 3 (só para grupos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que sexa autor/a individual ou coautor/a entre un máximo de 3 autores/as).

c.3 Teses dirixidas/codirixidas e lidas: polo menos 3 teses para os grupos do SUG e polo menos 2 para o resto de entidades alleas ao SUG.

c.4 Patentes en explotación nas que a entidade solicitante sexa titular: polo menos 1 patente (ou 4 rexistros de propiedade intelectual de software ou 4 rexistros de variedades vexetais).

c.5 Acordos de explotación ou empresas (EBTs) xerados a partir de resultados obtidos polo grupo: polo menos 1 acordo ou EBT. Poderán ser empresas creadas antes do 1 de xaneiro de 2016, sempre que teñan actividade probada desde esa data ata o momento da solicitude.

c.6 Participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos de programa marco da UE: polo menos 1 liderado de proxecto.

Ler máis Ler menos

A onde acudir

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

ÁREA DE XESTIÓN

Praza de Europa nº 10A-6º

15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)

Teléfono: 981541096

Fax: 981957380

Email: xestion.gain@xunta.gal

http://gain.xunta.gal

Órgano responsable

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Normativa

Ámbito Autonómico

Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Extracto da Orde do 31 de decembro de 2018, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2019).

Ligazón á normativa

Resolución do 14 de xuño de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se conceden as axudas da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019 (DOG nº 123 do 1 de xullo de 2019).

Ligazón á normativa


Oficinas de la administración

Rexistro do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Rúa Valle Inclán, s/n , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Sarria

Rúa Vázquez Queipo, 25 , Sarria

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Centro de Seguridade e Saúde Laboral (Instituto Galego de Seguidade e Saúde Laboral, ISSGA) de Lugo

Ronda de Fingoi, 170 , Lugo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Carballo

Edificio Forúm de Carballo - Praza dos bombeiros , s/n - 1º Andar , Carballo

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Territorial do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Paseo Cervantes, 7 - 1º , Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal de Castroverde

Rúa da Fonte, 3 , Castroverde

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) Pontevedra

Rúa Víctor Said Armesto, 1, 1º, Pontevedra

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro de Augas de Galicia (servizos centrais)

Praza Camilo Díaz Valiño, 7-9 - San Caetano , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia

Avenida de Galicia, nº 5, Parque Tecnolóxico de Galicia, 32901 , San Cibrao das Viñas

Horario: De 9 h a 14 h, de luns a venres

Rexistro do Servizo Provincial Axencia da Legalidade Urbanística (APLU) A Coruña

Avenida Alférez Provisional, 5 - 3º , A Coruña

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Oficina Agraria Comarcal da Cañiza

Rúa Progreso 51, 2º , A Cañiza

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Rexistro do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)

Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños , Santiago de Compostela

Horario: De 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres

Cinco Días
Expansión
EFE Emprende
CuatroCasas Telefonica

Empresa participante en Cuatrecasas ACELERA en colaboración con Telefónica Open Future.